Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 1999 pola que se anuncia concurso, con procedemento aberto, para a contratación do servicio de limpeza da Casa das Ciencias (palacete e biblioteca), Domus e Casa dos Peixes.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministrción e Compras. b) Número de expediente: L99/1.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza. b) Lugar de execución: Casa das Ciencias (palacete e biblioteca), Domus e Casa dos Peixes. c) Prazo de execución: un ano que se prorrogorá tacitamente en sucesivas anualidades por un máximo de seis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación. 32.400.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará esta automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta (concurso): anual.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Oferta económica, Documentación administrativa e Documentación técnica) e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a contratación do servicio de limpeza da Casa das Ciencias (palacete e biblioteca), Domus e Casa dos Peixes.»

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 15 de marzo de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado