Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1999 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de reforma, ampliación, urbanización e axardinado na escola infantil Os Cativos (Palavea).

1. Entidade adxudicadora: concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación. b) Número de expediente: O99/8.

2. Obxecto de contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de reforma, ampliación, urbanización e axardinado na escola infantil Os Cativos (Palavea).

Prazo de concesión: seis meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 52.619.063 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 1.052.381 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Domicilio: Pza. de Mª Pita, 1.2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19. e) Fax: 981 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: grupo C, subgrupos 2, 4 e 6, categoría c; grupo J, subgrupos 2 e 4, catagoría b.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: vinteseis días naturales contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo este quedará automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido (Proposicións económica e Documentación administrativa) e o siguiente lema: «Proposición que presenta... para optar a poxa para execución das obras comprendidas no proxecto de reforma, ampliación, urbanización e axardinado na escola infantil Os Cativos (Palavea) (Referencia O99/8)».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 23 de marzo de 1999.

O alcalde

P.D.

Rubricado