Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de marzo de 1999 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, con domicilio en Padrón.

Supostos de feito

1. José Luis Sánchez-Agustino López na súa calidade de fundador, en escrito de dezaseis de marzo

de 1999, formulou solicitude de clasificación para efectos da sua inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Padrón, o día 10 de marzo de 1999, ante o notario Francisco León Gómez, co número cincocentos corenta e un do seu protocolo por José María Bello Maneiro, Victoriano Trenco Romay, Jesús Villamor Calvo, Antonio Castroagudín Valladares, Rosa Oubiña Solla, Francisco Charlín Pérez, Alberto García García, Ramón Rego Mieites, Ramona Castaño López, José Antonio Galiñanes Mascato, Manuel Dieste Mos, José Luis Rodríguez Lorenzo, Lucinda Diz Besada, Ramón Rodríguez García, Jorge Domínguez Rosal, José Fernando Vila Brión, Pedro Piñeiro Hermida, Ángel Luis Lorenzo Pereira, José L. Sánchez-Agustino López, interveñen en representación dos concellos de Valga, Pontecesures, Padrón, Teo, Cambados, Vilanova de Arousa, Catoira, A Pobra do Caramiñal, O Grove, Ribeira, Sanxenxo, A Illa de Arousa, Boiro, Meaño, Dodro, Rianxo e Vilagarcía de Arousa, Ángel Luis Lorenzo Pereira, por razón do seu cargo de comandante militar de mariña de

Vilagarcía de Arousa e José L. Sánchez-Agustino López en nome propio como fundador da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos o obxecto da fundación é a promoción e desenvolvemento cultural, turístico e económico de tódolos concelllos que se integran na senda apostólica recoñecida pola tradición e a historia como parte substancial dos Camiños de Santiago, por tratarse da conmemoración e actualización da senda mariñeira da traslación do Señor Santiago, desde Jaffa en Palestina a Iria Flavia, hoxe actual vila de Padrón.

4. O padroado da fundación estará constituído polos alcaldes presidentes dos concellos que interveñen, o comandante de mariña de Vilagarcía de Arousa e José L. Sánchez-Agustino López.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Ruta Xacobea do mar de Arousa e Ulla, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura, Comunicación Sociale Turismo.

Fundamentos de dereito

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de

autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/92, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 22 de marzo de 1999.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla e adscribila á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 1999.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública