Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PRESIDENCIA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1999 pola que se lle concede a Medalla de Galicia na súa categoría de prata á Comunidade Benedictina do mosteiro de New Norcia (Australia Occidental).

Examinado o expediente relativo á concesión da Medalla de Galicia na súa categoría de prata, e tendo en conta os méritos contraídos pola Comunidade Benedictina do mosteiro da Santísima Trinidade de New Norcia (Australia Occidental), desde o momento da súa fundación polo ilustre sacerdote galego frei Rosendo Salvado e por frei José Serra, os dous procedentes de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, Galicia (España), ata os nosos días, en virtude das competencias que me confire o Decreto 1/1991 do 11 de xaneiro,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Galicia na súa categoría de prata á Comunidade Benedictina do mosteiro de New Norcia (Australia Occidental).

Manuel Fraga Iribarne

Presidente