Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 07 de abril de 1999 Páx. 3.835

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 73/1999, do 11 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en xardinería.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 1714/1996, do 12 de xullo, establece o título de técnico en xardinería e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector

productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidosdo centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de marzo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en xardinería, regulado polo Real decreto 1714/1996, do 12 de xullo, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no punto 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se espe

cifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por ter superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: xardinería.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Realiza-las operacións de implantación, conservación e mellora de xardíns exteriores e de interior, así como a comercialización de material vexetal e de xardinería, en condicións de seguridade e hixiene e conservando o medio natural.

* Manexar e manter en uso a maquinaria e útiles necesarios.

* Organizar e xestionar unha pequena empresa de xardinería.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Interpretar correctamente a información e os termos da linguaxe propia das operacións de xardinería, partindo do coñecemento previo dos espacios obxecto da actuación.

* Interpreta-las ordes que lle chegan e poder introducir pequenas correccións que melloren a aplicación das ditas ordes.

* Manexar e prepara-lo material, equipos e ferramentas propias da xardinería realizando tamén as operacións de mantemento do uso e as pequenas reparacións.

* Cultivar e manter no tempo o xardín, controlando os procesos naturais, e aplicar correctamente as técnicas e información propias das operacións de xardinería.

* Reproducir, multiplicar e cultivar diferentes especies vexetais interpretando e desenvolvendo correctamente as técnicas adecuadas do proceso.

* Realizar pequenas instalacións de viveiros e invernadoiros, aplicando tecnoloxía e información propias da xardinería.

* Ter unha visión global e integrada das operacións de producción e relaciona-las diferentes fases, tendo en conta os obxectivos propostos e comprendendo a función das diversas instalacións e equipos para acada-los ditos obxectivos.

* Informa-los clientes sobre a utilización e necesidades do material vexetal e das condicións axeitadas para o seu desenvolvemento e mantemento.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Decidir con rapidez as medidas que se deben tomar ante unha avaría nas instalacións, maquinaria e equipos, ou ante circunstancias meteorolóxicas ou medioambientais adversas.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Transmitir ordes concretas ó persoal ó seu cargo, precisas, rápidas e adecuadas, para as operacións de implantación e a conservación dos xardíns.

* Levar a cabo a xestión de pequenas empresas de xardinería e/ou florería.

* Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e en especial en operacións que esixan un elevado grao de coordinación entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instruccións claras con rapidez e informando e solicitando axuda ós membros que proceda do equipo, cando se produzan continxencias na operación.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros de igual ou inferior nivel de cualificación.

* Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas ou procedementos definidos dentro do ámbito da súa competencia, consultando as ditas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio.

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas relacionadas coa súa profesión.

* Executar un conxunto de accións de contido politécnico e/ou polifuncional de forma autónoma no marco das técnicas propias da súa profesión, segundo métodos establecidos.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ó seu, requiriránselle nos campos ocupacionais que lle competen, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Organización e vixilancia do traballo realizado polo persoal baixo a súa responsabilidade.

* Control de asistencia. Aplicación dos métodos de medida e control ás unidades de execución ó seu cargo.

* Formalización dos partes de producción/execución.

* Detección de desviacións cualitativas e/ou cuantitativas nas actividades que realiza e nos parámetros sobre os que pode actuar.

* Situacións ou elementos que afecten á seguridade ou ás condicións medioambientais no ámbito da súa competencia.

* Toma de mostras para o control do medio natural e sinalización do espacio obxecto de actuación.

* Elección e supervisión dos materiais vexetais recollidos no proxecto de xardinería.

* Preparación, vixilancia e mantemento das instalacións e maquinaria.

* Toma de mostras para a contaxe e control de pragas e aplicacións de tratamentos contra elas.

* Realización de traballos de xardinería de interiores e florería, así como na elección dos materiais.

* Xestión e administración dunha pequena empresa de xardinería.

2.4. Unidades de competencia.

1. Organizar e xestionar unha explotación familiar agraria.

2. Realiza-las tarefas de execución e implantación de xardíns.

3. Realiza-las tarefas de conservación e mellora de xardíns.

4. Realiza-las tarefas/operacións de reproducción, propagación e producción de plantas en viveiro.

5. Realiza-las operacións de control fitosanitario preservando o medio ambiente e a sanidade dos alimentos.

6. Preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

7. Executa-las tarefas previstas nun proxecto de xardinería de interiores así como as de florería.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestionar unha explotación familiar agraria.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Valora-la posibilidade de implantación ou incorporación dunha explotación en función da súa actividade e dos obxectivos de producción.* Selecciónase a forma xurídica de acceso á explotación tendo en conta as características das actividades que se van desenvolver.

* Realízase a análise previa á implantación valorando:

-O réxime de tenza da terra (herdanza, compra, arrendamento, parcería).
-A estructura organizativa axeitada ós obxectivos de producción da explotación.
-A localización física e o ámbito de comercialización (zona, distancia, canles de distribución).
-Os plans de incorporación para agricultores novos establecidos polas diferentes administracións públicas.
-O estudio técnico-económico tendo en conta:
-A viabilidade da explotación (marxe bruta e marxe neta).
-As necesidades de financiamento para a forma máis rendible.
-A rendibilidade dos investimentos.
-A posibilidade de subvencións e/ou axudas das administracións públicas.
* Determínanse adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, da man de obra fixa, eventual e contratada temporal, así como a súa experiencia segundo as funcións e actividades da explotación.
* Establécense as necesidades de edificacións, instalacións, equipos e apeiros, tendo en conta as súas características técnicas e as tarefas/operacións que se van realizar.

RealizaciónsCriterios de realización

1.2.Organiza-lo plan xeral de actividades da explotación en función dos seus obxectivos e dos medios de producción dispoñibles.* Tense en conta e interprétase a documentación relativa ó sector e, en concreto, sobre a explotación familiar agraria.

* Na programación xeral establécese:

-A rotación de cultivos na explotación.
-As especies e variedades que se van cultivar e/ou explotar.
-A man de obra necesaria para cumpri-los obxectivos da explotación.
-Os recursos materiais necesarios.
-As canles de comercialización dos productos.
-O programa de xestión técnico-económica da explotación.
* Prevese a axuda técnica que se vai recibir.
* Cóbrense e envíanse ós órganos de xestión técnica os documentos previamente establecidos.
* As orientacións técnicas emitidas polo órgano de xestión téñense presentes para a nova planificación.
* Téñense en conta as directrices sobre política agraria e as esixencias do mercado.

1.3.Xestionar, organizar e cubri-la documentación necesaria para a constitución ou incorporación a unha explotación.* Establécese un sistema de organización da información do sector adecuado que proporcione a actualización sobre a situación técnico-económica da explotación.
* Identifícase e tramítase a documentación necesaria para a constitución ou incorporación á explotación (escrituras, rexistros, impostos) de acordo cos requisitos legais.
* Realízase a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade agraria de acordo coa lexislación vixente.

1.4.Realiza-la promoción e comercialización dos productos da explotación, atendendo ás súas esixencias e optimizando os recursos dispoñibles.* Na promoción e comercialización dos productos tense en conta a capacidade productiva e os clientes potenciais (cooperativas, utilización na mesma ou outras explotacións).
* Selecciónanse e tipifícanse os productos para mellora-la calidade da oferta.
* Selecciónase o tipo de promoción que optimiza a relación entre o incremento das vendas e o seu custo.
* Establécense relacións coas asociacións e/ou cooperativas de productores para a distribución dos productos ó mercado.

1.5.Xestionar e organiza-la adquisición e o almacenamento de materiais, productos, útiles e repostos propios da explotación.* Prevense coa antelación suficiente as necesidades de material, productos, utensilios e repostos, de maneira que estean dispoñibles en cantidade e calidade no momento da súa utilización.
* Efectúase o pedido correspondente comprobando na súa recepción que o material recibido se axusta en cantidade e calidade ó solicitado.
* Compróbase que as embalaxes e os envases que protexen os productos estean en bo estado, sen deterioracións que poidan condiciona-la súa calidade.
* A descarga lévase a cabo no lugar e modo axeitados, de forma que as mercadorías e materiais non sufran alteracións.
* As operacións de manipulación e transporte realízanse cos medios adecuados, de forma que non se deterioren os productos e aplicando as normas de seguridade e hixiene.

RealizaciónsCriterios de realización

* A distribución dos medios de producción propios da explotación e dos productos adquiridos realízase atendendo ás súas características e seguindo os criterios establecidos para alcanzar un óptimo aproveitamento do almacenamento dispoñible.
* Verifícase que os medios de producción propios da explotación están na localización asignada e nas condicións que require cada un deles.

1.6.Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas na adquisición de medios e venda de productos da explotación.* Na negociación cos provedores téñense en conta:

-Os prezos de mercado.

-Os prazos e condicións de entrega.

-A calidade dos productos.

-As condicións de pagamento.
-As medios de transporte, se procede.
-Os descontos en función do volume de pedido.
-O servicio posvenda do provedor.
* Nas condicións de comercialización dos productos da explotación téñense en conta:
-As marxes de beneficio.
-O prezo de custo.
-O tipo de cliente.
-O volume de venda.
-As condicións de cobramento e descontos.
-Os prazos de entrega.
-Os medios de transporte, se procede.
-A manipulación dos productos para almacenar ou envasar.
-A garantía e calidade.
* Desenvólvense e mantéñense boas relacións cos clientes.

1.7.Realizar en tempo e forma as accións derivadas das obrigas legais e das actividades productivas da explotación.* Establécese un plan de anotacións contables (contabilidade simple) tendo en conta as actividades que hai que desenvolver.
* A formalización dos documentos establecidos e a esixida pola normativa vixente realízase de forma periódica e cumprindo os prazos.
* Cúmprese o calendario fiscal correspondente á actividade productiva desenvolvida.
* Realízanse en tempo e forma as obrigas legais sobre:
-Altas e baixas laborais.
-Nóminas.
-Seguros sociais.
-Tipos de contratos.

1.8.Aplica-las normas de hixiene e seguridade persoal e no traballo e cumpri-las normas de protección do medio natural.* Compróbase que se cumpren as normas de hixiene establecidas en:

-Os locais e instalacións.

-A manipulación dos productos.

-O manexo de maquinaria, utensilios e apeiros.
-A aplicación de productos fitosanitarios e desinfección de locais e instalacións.
-O equipo persoal de traballo.
* Durante a estancia na instalación, cúmprense as medidas de protección e precaución que indica a normativa vixente.
* O equipo de protección persoal e os medios dispoñibles para previr ou controla-los riscos, requiridos nalgunhas tarefas/operacións e no manexo de maquinaria, utilízanse correctamente.
* As tarefas realizadas no traballo execútanse de acordo coas normas de seguridade específicas.
* Verifícase o cumprimento das normas establecidas sobre a protección do medio natural.
* Os materiais e productos de refugallo colócanse nos lugares asignados ó respecto, reciclándoos, tratándoos ou eliminándoos segundo a normativa vixente.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Trámites administrativos e de xestión para a organización e mantemento dunha explotación agraria, ben realizados de maneira directa ou a través da utilización de servicios de persoas ou empresas especializadas. Documentación de carácter xeral: arquivos de clientes, provedores e concesionarios, información sobre evolución de prezos e mercados agropecuarios, fichas de almacén, plan de compras. Documentación de carácter administrativo: permisos e autorizacións en xeral e de circulación e inscrición de maquinaria, solicitudes de axudas e subvencións, formularios administrativos. Documentación contable: libros de contabilidade, facturas, albarás, notas de pedido e entrega, letras de cambio, cheques, inventarios e balances, formularios contables. Escrituras. Impostos de actividades económicas. Réxime de tenza da terra. Documentación fiscal e de persoal: declaracións fiscais, nóminas, retencións, IVE. Contratos: de persoal, de arrendamento, de parcería, de compravenda, de seguros, de

colleitas, formularios laborais. Fichas técnicas de cultivos con especificación de: fertilizantes, sementes, produccións e técnicas de producción recomendadas. Relación de equipos dispoñibles. Equipos de protección de instalacións. Almacéns, silos. Programas de reproducción de gando. Regulamentación sobre seguridade e hixiene no traballo.

-Productos ou resultados do traballo:

Xestión técnica e administrativa dunha explotación agropecuaria: declaracións e documentación fiscal, contabilidade. Análise de grupo de xestión de explotacións. Declaracións periódicas en materia fiscal e/ou administrativa para acceder a determinadas axudas e subvencións.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos contables: Plan Xeral de Contabilidade. Procedementos de xestión técnica. Análise de grupos de xestión de explotacións.

Métodos de valoración de tempos e actividades. Procedementos de control, organización e administración de almacéns. Procedementos de promoción e comercialización de productos.

-Información utilizada e/ou xerada:

Información sobre prezos e mercados. Obrigas administrativas e fiscais, de persoal sobre salarios, seguridade e hixiene, contratos.

Revistas e outras publicacións especializadas. Textos legais. Ibertex e paquetes informáticos de nivel básico. Normativa de seguridade e hixiene no traballo.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Titulares de explotacións agropecuarias a título principal (ATP) ou non. Autónomos. Xefes de explotación. Provedores e clientes. Xestorías. Comunidades de bens. Cooperativas de cultivo. Sociedades Agrarias de Transformación (SAT). Agrupacións de comercialización. Mercos. Conserveiras. Casas comerciais de sementes, fertilizantes, pesticidas e productos sanitarios.

2.5.2. Unidade de competencia 2: realiza-las tarefas de execución e implantación de xardíns.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Reformula-lo proxecto de xardinería sobre o terreo, interpretando correctamente as instruccións de traballo previstas no plan xeral.* Efectúanse as medicións nos planos obxecto do proxecto obtendo un plan de obra.

* Realízanse as medidas do plano sobre o terreo, efectuando as anotacións previstas.

* Avalíanse as características do terreo expresadas no proxecto para a execución do plan de obra.
* Ordénase secuencialmente a reformulación do proxecto para cada unha das fases definidas nel.
* Confecciónase un plano final do estado actual do xardín con todos e cada un dos seus elementos, indicando as modificacións realizadas, se é o caso, en relación co plano orixinal.

2.2.Prepara-lo terreo para a execución do proxecto utilizando a maquinaria e os medios adecuados.* Rózase o terreo eliminando tódolos elementos indesexables no xardín.
* Efectúanse os movementos e as nivelacións de terras de acordo coas medicións e instruccións definidas no proxecto.
* Selecciónase e emprégase correctamente a maquinaria adecuada e específica para a execución do proxecto.
* Sitúanse sobre o terreo as sinalizacións necesarias para a distribución das diferentes plantacións.
* Compróbase que o terreo cumpre as condicións necesarias e suficientes para unha boa implantación.

2.3.Realiza-las infraestructuras básicas e implanta-las instalacións de rega en función do xardín que se vai establecer.* Realízase a drenaxe da rede de camiños, a iluminación e estanques de forma axustada ó proxecto e coas cualidades definidas nas súas normas.
* Realízanse as instalacións de rega e compróbase que se axustan ó proxecto en canto á calidade, tipos, trazados, equipo da toma de auga, necesidades de humidade, calidade e volume da auga, instalacións, posta a punto e funcionamento dos equipos.
* Compróbase que o funcionamento da rede de rega e a drenaxe correspondente se atope dentro dos límites previstos no proxecto.
* Compróbase que o sistema de rega facilite a auga necesaria para todo o material vexetal do xardín.
* Tómanse as mostras dos distintos elementos de construcción de infraestructuras para a comprobación de calidades.
* Cúmprese a normativa vixente en materia de seguridade e hixiene respecto ós diferentes elementos de infraestructura e equipamentos.
* Compróbase que a terminación se axusta ás unidades de obra definidas no proxecto.

2.4.Realiza-las tarefas de plantación, sementeira e transplante de todo o material vexetal que conforma o xardín.* Realízanse as correccións de terras oportunas referidas á proporción de substratos, fertilizantes e turbas requiridos.
* Lábrase o terreo de maneira adecuada, incluíndo operacións de renda, cavas, refinado, última nivelación e pasada do angazo.
* Identifícase o material vexetal previsto e compróbase que se axusta en canto a vigor, desenvolvemento, sanidade, forma e presentación, tanto en raíz núa coma en terrón, ó requirido no proxecto.
* Os buratos (en tamaño e profundidade), o marco e a distribución da plantación realízanse seguindo os procedementos establecidos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Realízanse as tarefas de plantación en canto a profundidade, compactación do terreo para un bo enraizamento, fixación da planta, fertilización e mestura de terras e titorado, aplicando as técnicas específicas en cada caso e seguindo as instruccións de traballo.
* As figuras, aliñacións e masas de distintos materiais vexetais realízanse de acordo co replanteo e empréganse plantas uniformes.
* Na sementeira de praderías e céspedes empréganse as sementes adecuadas, na proporción requirida. As tarefas de refino, recebo, última nivelación e mestura de cubresemente, son as adecuadas e establecidas no proxecto.
* As praderías réganse coa cantidade de auga requirida para unha boa nacencia e rúlanse no momento adecuado.
* Realízase o primeiro corte da pradería no momento adecuado e á altura de corte requirida para un perfecto enraizamento e uniformado.
* Selecciónase a planta de flor anual ou bianual de maneira adecuada, en canto a uniformidade, tamaño, vigor, cor e desenvolvemento, e plántanse no marco adecuado segundo a especie.
* Compróbase que a planta que se vai transplantar vén debidamente repicada, enraizada ou entorroada, de acordo coas unidades de obra definidas no proxecto.
* No caso de grandes árbores, emprégase a tecnoloxía e os criterios establecidos en canto a maquinaria, transporte, poda, fixación, substratos e rega e compróbase que a planta está libre de enfermidades e pragas, realizándose o tratamento adecuado nas feridas de pólas e raíces.

2.5.Implanta-lo mobiliario e equipamento en condicións de seguridade e hixiene.* Instálase o material comprobando previamente que cumpre as normas de seguridade e hixiene vixentes.
* Instálanse equipamento de obra civil (pontes, fontes, bancos) e mobiliario seguindo as especificacións do proxecto, comprobándose que o seu funcionamento é correcto e cumpre as normas de seguridade vixentes.

2.6.Realiza-las operacións de conservación primaria adecuadas para que o xardín quede concluído na súa instalación* Cúmprense estrictamente os pregos de condicións técnicas específicas do proxecto.

* Mantense o xardín en canto a coidados culturais e regas, para que todos e cada un dos elementos vivos se atopen en perfecto estado de vexetación.

* Avalíase correctamente o número de marras e realízase a súa reposición.
* Compróbase que se cumpren as condicións requiridas no proxecto para poder ofrece-las garantías previstas en tódolos elementos do xardín, tanto vexetais coma non vexetais.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Anciños, tesoiras, picos pas, motoaixadas, motocultores, tractores de rodas de potencia inferior a 40 C.V., rozadoras. Equipos de fertilización mineral, repartidores de estrume, furadoras, rendadoras.

Guantes, tesoiras de poda, tesoiras de forza, márcolas, sementadoras, rolos, gradas, transplantadoras (manuais e automáticas), cortadoras de céspede, escarificadores, aireadoras.

Formóns, martelos, material de trepa, motoserras, machetas. Motobombas, diverso material de rega, mangas, camións cuba. Varredoiras, brochas, guantes. Equipos de soldadura, alicates, tenaces. Equipos de fotografía, material de debuxo e planimetría, equipo informático. Catálogos e manuais de especies vexetais e de maquinaria. Regras de medida. Fertilizantes líquidos e sólidos, turbas, areas, terras vexetais, sementes e material vexetal tal como plantas de flor de tempada, esgallos de céspedes e praderías, bulbos, árbores e arbustos a raíz núa e en terrón, testos e contedores de diversos tipos, bandexas, «mastics».

-Productos e/ou resultados do traballo:

Xardín novo implantado. Praderías, árbores, arbustos, plantas de flor e doutros tipos en perfecto estado de formación, desenvolvemento, floración e estado sanitario. Infraestructuras do xardín: equipos e mobiliario.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procesos de nivelación do terreo. Procesos de preparación e mellora de terras (procesos de arado, gradeado, escardado, refinado e fertilización). Métodos e procesos de plantación e transplante de plantas de flor, arbustos, árbores, bulbos, escasos de praderías. Métodos e procesos de sementeira, fundamentalmente de praderías. Métodos de poda e cirurxía arbórea. Métodos de rega e automatización do proceso. Sistemas de fertilización en rega. Sistemas de drenaxe.

-Información utilizada e/ou xerada:

Proxecto de xardinería: medicións, planos, orzamentos. Información sobre análise de terras, augas, fertilizantes. Inventario de especies que recolla o seu desenvolvemento e estado fitosanitario. Catálogos de sementes, de especies vexetais, de fertilizantes. Bibliografía botánica xeral e específica sobre as especies que se van cultivar. Revistas especializadas de xardinería. Catálogos de utilización e mantemento da maquinaria que se utilice. Catálogos sobre uso e mantemento dos sistemas de rega.

Catálogos de material de infraestructura. Normas de seguridade e hixiene e de lexislación específica en materia de xardinería.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Persoal baixo a súa responsabilidade en grandes empresas de xardinería e en empresas e/ou servicios públicos de xardinería. Urbanizacións e pequenas empresas especializadas en procesos concretos de xardinería (pequenas empresas de poda ou de rega). Traballadores autónomos.

2.5.3. Unidade de competencia 3: realizar tarefas de conservación e mellora de xardíns.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Realiza-las tarefas de conservación do xardín, aplicando as técnicas máis avanzadas de cultivo e de mantemento de especies vexetais.* Realízase unha programación das actuacións ou tarefas que se van realizar no xardín, seguindo o plan xeral establecido.

* Realízanse correctamente os traballos básicos de toma de datos para un inventario do xardín, seguindo as instruccións de traballo establecidas no plan xeral.

* Os coidados culturais referidos a cava, renda, sacha, fertilización e estercado realízanse en profundidade, número e estacionalidade, de acordo co medio onde se atopa o xardín.
* As tarefas de poda de arbustos, tanto de flor coma rubideiros, sebes e topiaria e doutros tipos, realízanse de maneira correcta e no momento adecuado, de acordo coas características propias de cada especie vexetal.
* Realízase, na época máis axeitada, a poda de árbores aplicando as técnicas específicas establecidas para a formación e mantemento.
* Realízase a plantación do vexetal de flor anual coas especies previstas e na secuencia e maneira adecuadas.
* Detéctase e identifícase a presencia de pragas, enfermidades e outros danos que afecten ó material vexetal, realizando o informe con rapidez.
* As regas realízanse no tempo e secuencia adecuados e compróbase que as características das augas son as adecuadas.
* Os céspedes e praderías reciben o coidado idóneo en canto a aireación, recebado, resementeira, corte, rega número de actuacións e épocas en que se realizan.
* Os elementos non vexetais do xardín son conservados e reparados en canto a pinturas, roturas e reposición seguindo as instruccións de traballo.
* Lévanse a cabo as reposicións de marras de elementos vexetais, árbores, arbustos e resto de material vexetal segundo as características idóneas para o xardín obxecto de actuación e seguindo o plan establecido.

3.2.Realiza-las melloras necesarias no tempo para a conservación do xardín nun estado óptimo segundo o planificado.* Estímanse adecuadamente as necesidades de novas plantacións e de restauración, tanto de sebes como de árbores e arbustos, segundo o plan definido.
* Elabórase un programa de realización de novas plantacións de acordo co proxecto do xardín.
* Realízase a poda e restauracións especiais de árbores e arbustos, fundamentalmente en canto a poda e cirurxía arbórea, formacións de copa e restauración de raíces, segundo os procedementos establecidos.
* Avalíase a necesidade de restauración de infraestructuras e mobiliario urbano segundo o plan xeral establecido.

3.3.Realiza-las tarefas de restauración de xardíns dos que a conservación no tempo quedou interrompida.Realízase un inventario do xardín e elabóranse os planos do seu estado actual seguindo as instruccións de traballo.
* Determínanse a problemática existente na parte vexetal, a infraestructura e o mobiliario (rega, iluminación, xogos infantís se os hai e resto de obra civil).

RealizaciónsCriterios de realización

* Lévanse a cabo as tarefas contidas no proxecto de restauración.
* A restauración realízase de acordo cos medios e características definidas no proxecto.
* Execútanse as tarefas de implantación e conservación especificadas no proxecto de restauración.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Anciños, tesoiras, picos pas, motoaixadas, motocultores, tractores de rodas de potencia inferior a 40 C.V., rozadoras. Equipos de fertilización mineral, repartidores de estrume, furadoras, rendadoras.

Guantes, tesoiras de poda, tesoiras de forza, marcolas, sementeiras, rolos, gradas, transplantadoras (manuais e automáticas), cortadoras de céspede, escarificadores, aireadoras.

Formóns, martelos, material de trepa, motoserras, machadas. Motobombas, diverso material de rega, mangas, camións cuba. Varredoras, brochas, guantes. Equipos de soldadura, alicates, tenaces. Equipos de fotografía, material de debuxo e planimetría, equipo informático. Catálogos e manuais de especies vexetais e de maquinaria. Regras de medida. Fertilizantes líquidos e sólidos, turbas, areas, terras vexetais, sementes e material vexetal tal como plantas de flor de tempada, escasos de céspedes e praderías, bulbos, árbores e arbustos a raíz núa e en terrón, testos e contedor de diversos tipos, bandexas e mástiques.

-Productos ou resultados do traballo:

Xardín mellorado e/ou renovado. Xardín restaurado.

Praderías, árbores, arbustos, plantas de flor e doutros tipos en perfecto estado de formación, desenvolvemento, floración e estado sanitario. Infraestructuras do xardín: equipos e mobiliario.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procesos de nivelación do terreo. Procesos de preparación e mellora de terras (procesos de arado, gradeado, sacha, refinado e fertilización). Métodos e procesos de plantación e transplante de plantas de flor, arbustos, árbores, bulbos, esgallos de praderías. Métodos e procesos de sementeira, fundamentalmente de praderías. Métodos de poda e cirurxía arbórea. Procesos de mantemento de praderías: aireación, recebado, rulado, resementeira, segas, fertilización. Procesos de limpeza e mantemento de infraestructuras. Métodos de rega e automatización do proceso. Sistemas de fertilización en rega. Sistemas de drenaxe. Procesos de coidado de plantas.

-Información utilizada e/ou xerada:

Proxecto de xardinería: medicións, planos, orzamentos. Información sobre análise de terras, augas, fertilizantes. Inventario de especies que recolla o seu desenvolvemento e estado fitosanitario. Catálogos de sementes, de especies vexetais, de fertilizantes. Bibliografía botánica xeral e específica sobre as especies para cultivar.

Revistas especializadas de xardinería. Catálogos de utilización e mantemento da maquinaria que se van utilizar. Catálogos sobre uso e mantemento dos sistemas de rega.

Catálogos de material de infraestructura. Normas de seguridade e hixiene e de lexislación específica en materia de xardinería.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Persoal baixo a súa responsabilidade en grandes empresas de xardinería e en empresas e/ou servicios públicos de xardinería. Urbanizacións e pequenas empresas especializadas en procesos concretos de xardinería (pequenas empresas de poda e de rega). Traballadores autónomos.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realiza-las tarefas/operacións de reproducción, propagación e producción de plantas en viveiro.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Colleitar, manipular, almacenar e adquirir, se é o caso, sementes e material vexetal para a súa reproducción e propagación vexetativa.* Efectúanse e/ou contrólanse as normas establecidas para a provisión de sementes en cantidade e calidade suficiente, colleitándoas no medio físico ou adquiríndoas en establecementos ou organismos oficiais autorizados.
* Procédese correctamente á extracción, manipulación e almacenamento das sementes segundo as súas características específicas.
* Obtense o material vexetal seguindo as técnicas establecidas, tanto para o material escollido coma para as especies requiridas, almacenándoo adecuadamente.
* O material de reproducción e propagación (sementes, material de reproducción «in vitro», gromos para enxerto) reúne as condicións adecuadas e cumpre as normas establecidas.
* Extráense os meristemos correctamente segundo o procedemento preestablecido para inicia-lo proceso de micropropagación «in vitro» dos distintos cultivos.
* Compróbase que a adaptación do esplante ó medio de cultivo, temperatura e fotoperíodo na sala de cultivo é a correcta.
* A preparación, desinfección da semente, se é o caso, e a sementeira realízanse coa densidade adecuada e tendo en conta a especie que se vai cultivar.

4.2.Realiza-las tarefas de preparación do solo e/ou os substratos específicos aplicando e supervisando, se é o caso, as correccións oportunas, a súa desinfección e fertilización e utilizando as maquinarias e apeiros necesarios en función do cultivo.* Realízanse correctamente as emendas necesarias para adecua-lo solo destinado á sementeira ou á implantación vexetal.

* Realízanse as operacións de desinfección do solo e dos substratos de cultivo seguindo o procedemento preestablecido.

* Efectúase o proceso de fertilización seguindo o método adecuado e usando as fórmulas, doses e tipos de fertilizante recomendado en función da análise do solo.
* Utilízanse, dosifícanse e líganse os compoñentes idóneos para a fabricación de distintos substratos de sementeira específicos para os diferentes tipos de cultivos.
* Selecciónase e utilízase o apeiro adecuado segundo as tarefas de preparación do solo que se deben realizar (alzado, renda, areado, achega de substrato).

RealizaciónsCriterios de realización

* Prepárase adecuadamente o terreo (alombado, plano, en eiras, en terrazas), tendo en conta o cultivo que se vai desenvolver.
* Prepáranse correctamente os distintos medios de cultivo destinados á micropropagación «in vitro» aplicando as técnicas máis avanzadas.
* Esterilízanse correctamente os tarros que conteñen os medios nutritivos dos distintos cultivos en producción, seguindo o procedemento establecido.
* Compróbase que a xelificación é correcta.
* Compróbase que non existen contaminacións por fungos e/ou bacterias na almacenaxe durante o prazo de espera.

4.3.Realiza-la implantación do cultivo elixido aplicando as técnicas de reproducción e propagación adecuadas e específicas para cada especie.* Realízanse as multiplicacións necesarias na sala estéril para inicia-lo programa de producción en número e data establecidos para cada cultivo micropropagado.
* Compróbase que se manteñen as temperaturas e os fotoperíodos adecuados nas salas de cultivo.
* Compróbase que non existen contaminacións nos tarros cos esplantes dos distintos cultivos nos procesos de multiplicación, elongación e radiación.
* Realízanse os tratamentos adecuados e específicos de presementeira de sementes, tendo en conta a especie que se vai sementar.
* Aplícanse as técnicas de sementeira adecuadas a cada especie utilizando o tipo de envase ou contedor idóneo, tapando e protexendo as sementes contra os seus inimigos naturais e a radiación solar.
* Selecciónanse as varas e esgallos, en cada caso, para a propagación das especies elixidas.
* Compróbase que o marco de plantación ou sementeira é o adecuado e fixado previamente.
* Avalíase correctamente o número de marras nos cultivos.
* Realízanse os tratamentos fitosanitarios e hormonais adecuados para cultivo de esgallos e varas.
* Selecciónase o soporte de implantación adecuado para o varado tendo en conta a especie que se vai propagar.
* Aplícanse correctamente as técnicas de enxertos específicos para cada especie e variedade, seguindo o procedemento establecido.
* Selecciónanse e trátanse axeitadamente os patróns, pés e o material vexetativo doante de pugas ou xemas.
* Sobre os pés de plantas seleccionadas no campo aplícanse correctamente as técnicas de enxertado en viveiro, segundo o procedemento establecido para cada variedade.

4.4.Realiza-las tarefas culturais e de protección dos cultivos, utilizando as técnicas máis avanzadas.* Realízanse as limpezas adecuadas, con regularidade e cos productos necesarios para mante-la asepsia total nas distintas dependencias do laboratorio de micropropagación.
* Realízanse as operacións de repicado e transplante específicas, así como as podas de formación segundo o cultivo que se vai desenvolver.
* Instálanse os titores adecuados (redes, mallas, arames) para o cultivo que se vai desenvolver.
* Compróbase, por análise foliar, que as achegas de nutrientes son as adecuadas para as diferentes especies de cultivos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Compróbase periodicamente o estado sanitario das plantas, para aplicar, se é o caso, o tratamento preventivo fitosanitario correctamente (funxicidas, insecticidas).
* Utilízanse adecuadamente os métodos de loita biolóxica e os productos fitosanitarios de baixa toxicidade.
* Compróbase que o solo estea libre de malas herbas e en caso contrario elíxense e utilízanse adecuadamente os herbicidas pre e postemerxentes segundo o cultivo que se vai desenvolver.
* Compróbase que as condicións de temperatura e humidade de cultivo forzado e do substrato en cultivo de cama quente son as establecidas para cada especie de cultivo.

4.5.Preparar e utiliza-los equipos, as ferramentas e os materiais específicos da reproducción e propagación vexetal.* Selecciónanse, prepáranse e manéxanse os equipos e as ferramentas específicas conforme os requirimentos da operación que se vai realizar.
* Os equipos e o material específico revísanse e regúlanse segundo as actividades que se van realizar e compróbase que, despois de usalos, están en condicións para a súa próxima utilización.
* Os traballos realizados coas máquinas, os equipos e as ferramentas específicos execútanse de acordo coas normas de seguridade específicas para cada un deles.

4.6.Instalar e utilizar eficazmente o sistema de rega elixido tendo en conta os cultivos que se van implantar.* As regas ós cultivos realízanse tendo en conta o estado do terreo, a época, frecuencia e duración e as necesidades específicas.
* Utilízase a dotación de auga por m adecuada ó cultivo que hai que regar, de acordo co sistema de rega elixido.
* Compróbase que a auga de rega cumpre coas condicións de salubridade adecuadas tendo en conta o cultivo de que se trate.
* Elíxense os sistemas de fertirrigación de acordo cos cultivos establecidos.
* Compróbase que tódolos elementos do sistema de rega funcionan correctamente e, se é o caso, arránxanse ou substitúense os elementos avariados ou desgastados.

4.7.Colleitar, transportar e almacena-los productos cultivados, segundo a época máis conveniente e a demanda do mercado.* Realízase a colleita segundo o desenvolvemento do cultivo e de acordo coas perspectivas de comercialización do producto.
* Selecciónanse e úsanse axeitadamente as ferramentas, a maquinaria e os envases utilizados na colleita e no almacenamento do producto.
* Durante a colleita evítanse os malos tratos ó producto para que non afecten á súa calidade.
* Transpórtase o producto co medio adecuado e específico para cada un deles, de maneira que non se deteriore durante o seu traslado.
* Os almacéns de conservación reúnen as condicións hixiénicas de acordo coa lexislación vixente e os requisitos imprescindibles sobre acceso, carga e descarga.
* Prevese a utilización de cámaras frigoríficas para a conservación dos productos que necesitan refrixeración ata a súa venda.

4.8.Realiza-la instalación e o mantemento de invernadoiros sinxelos, túneles e acolchados, utilizando os materiais adecuados e seguindo as instruccións do fabricante.* Elíxese o tipo de invernadoiro que se vai instalar e a súa localización tendo en conta os ventos de maior intensidade que se dan na zona e o cultivo que se vai implantar.

RealizaciónsCriterios de realización

* Téñense en conta a estructura, os elementos auxiliares e a natureza dos materiais empregados para:
-Evita-la formación de bolsas de auga na cuberta durante a época de chuvias.
-Conseguir un sistema de aireación adecuado.
-Unha luminosidade correcta.
-Un control da temperatura efectivo durante tódolos ciclos do proceso de cultivo.
* Interprétanse correctamente os planos de construcción do invernadoiro.
* Utilízanse a cuberta, a estructura e os materiais adecuados ó cultivo e ó sistema de protección.
* Téñense en conta as dimensións do invernadoiro en función da mecanización dos cultivos.
* Substitúense os elementos avariados ou desgastados do invernadoiro polos materiais adecuados.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Maquinaria, apeiros e ferramentas propios do traballo en viveiros: tractores, motocultores, planadoras e sementadoras, arrincadeiras, aparcadoiros e gradas, motoaixadas, navallas de enxertar, tesoiras de poda de diversos tipos, equipos pneumáticos de poda, serrón, esparto, cintas de plástico, «mastic», cubreenxertos, rafia. Fertilizadoras. Mesturadoras de substratos. Sementeiras de terrón. Mallas antipulgón e mallas de sombreado. Equipos e mesas de propagación: de enraizamento, de sementeira. Testos e bandexas. Contedor. «Drenes» e equipos de drenaxe. Equipos e medios para a multiplicación «in vitro»: vitrinas, máscara, termostatos, autoclaves, medidores de Ph. Agarizadores. Cabinas de fluxo laminar. Instalacións cubertas para o cultivo: invernadoiros, túneles de aclimatación e endurecemento, microinvernadoiros de propagación. Acolchados. Materiais de soporte estructural para invernadoiros. Equipos de rega: sistemas de bombeo e de distribución. Diferentes sistemas de rega: aspersión,

goteo, nebulización, canaliña ou regos, inundación ou a manta. Equipos de fertirrigación (normais e informatizados). Protectores e titores: rodrigóns, redes, arames. Plásticos, tirantes, cremalleiras, policarbonatos, arames, aperturas cenitais. Equipos de colleita. Equipos de limpeza e clasificación de productos colleitados. Almacéns. Instalacións de secado e ventilación. Instalacións de frío, medidores de humidade e temperatura.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Sementes. Material vexetativo: esgallos, varas, gromos de enxerto, embrións, portaenxertos. Elementos para composición dos substratos: fonolita, vermiculita, cortiza de piñeiro, humus, turba, area de río. Productos fitosanitarios e fitotóxicos. Productos hormonais. Fertilizantes sólidos, líquidos e de liberación lenta. Xeles.

Plantas de distintas especies destinadas a repoboación, producción de plantas de flor para flor cortada, producción de plantas ornamentais de interior e exterior, producción de plantas para reproducción en invernadoiros, producción de plantas hortícolas para

a agricultura intensiva e extensiva. Colleitas apañadas e preparadas para a súa conservación.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procesos de reproducción e propagación dependendo das especies que se van cultivar e as súas características. Métodos de cultivo, de rega, fertilización, control da temperatura. Procedementos de cultivo adecuados á especie que se vai propagar. Métodos de tratamento das especies obxecto de cultivo. Procedementos de coidado e mantemento dos cultivos.

-Información utilizada e/ou xerada:

Métodos de cultivo das especies para reproducir. Tratamento das sementes: colleita, extracción, manipulación. Reproducción vexetativa. Solos, substratos e fertilizantes: tipos. Detección de enfermidades e pragas. Tratamentos adecuados. Prazos de seguridade. Malherboloxía aplicada ós cultivos. Analítica foliar, de solos e de augas de rega. Sistemas de rega. Fisioloxía das plantas para cultivar. Variedades. Sementes (tipos). Pés e material vexetativo. Catálogos e relación de asociacións de productores, nacionais e internacionais.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Cultivadores e agricultores. Autónomos. Cooperativas de producción e Sociedades Agrarias de Transformación (SAT). Comunidades de bens. Empresas de cultivos intensivos e extensivos de flor cortada, de repoboación forestal e de florería. «Garden Centers». Viveiros forestais. Empresas públicas e privadas de xardinería. Empresas de horticultura e fructicultura.

2.5.5. Unidade de competencia 5: realiza-las operacións de control fitosanitario, preservando o ambiente e a sanidade dos alimentos.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Controla-los ciclos biolóxicos das pragas e das especies útiles, situando os puntos de control nos cultivos das distintas parcelas.* Realízase o replanteo sobre o terreo conforme os planos das parcelas onde se indican os puntos de control establecidos.
* Colócanse as picarañas de sinalización para situa-los puntos de control nas distintas parcelas de cultivos previamente establecidas.
* Practícanse os recontos ou contaxes de límites de pragas e fauna útil en cada punto de control.
* As contaxes e tomas de mostras realízanse no momento e co instrumental adecuado, seguindo o ciclo biolóxico de cada praga, parásito ou predador.
* Revísase e actualízase a información técnica necesaria para clasifica-la fauna útil autóctona e a procedente de biofábricas.

5.2.Controlar e rexistra-la situación fitosanitaria dos distintos cultivos e/ou do gando organizando as medidas de detección e identificación de pragas, enfermidades ou danos que lles afectan.* Os itinerarios de vixilancia e a captura de adultos realízanse no momento adecuado.

* Realízase «in situ» a contaxe das pragas e avalíase o seu nivel de ataque reflectindo os datos nas fichas de campo correspondente.

* Cúbrense as fichas/deseño de campo para os diferentes cultivos segundo o programa establecido previamente.
* Tómanse as mostras segundo os procedementos establecidos e prepáranse e envíanse ó laboratorio ou estación fitopatolóxica correspondente.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os sistemas de control e detección de pragas e enfermidades aplícanse correctamente

5.3.Controlar e realizar, se é o caso, a loita integrada contra as pragas, utilizando os productos e as doses adecuadas e a maquinaria idónea.* Revísase e actualízase a información técnica e económica relacionadas coas técnicas de aplicación e cos productos fitosanitarios que se rexistran oficialmente, para mellora-los procedementos.
* A solta de fauna útil efectúase no momento oportuno e na cantidade adecuada para cada cultivo.
* Os tratamentos recomendados efectúanse cos productos indicados e a súa aplicación realízase tomando as medidas adecuadas para non dana-la fauna útil.
* Compróbase que a preparación do producto e a dose para empregar se corresponde coa recomendación prescrita.
* Os equipos e a maquinaria de aplicación selecciónanse, regúlanse e manéxanse de maneira que se consigan os resultados esperados do seu traballo.
* Prográmase un calendario de tratamentos en función do ano agrícola e dos cultivos que se van tratar.

5.4.Aplica-las medidas de protección e seguridade que deben ser adoptadas nos tratamentos contra pragas e enfermidades.* Compróbase que os dispositivos de seguridade nas máquinas e equipos de tratamento funcionan e se utilizan correctamente durante o tratamento.
* Utilízanse correctamente os equipos persoais requiridos para cada tipo de tratamento e producto que hai que empregar.
* A manipulación de productos sanitarios lévase a cabo tomando as medidas de protección prescritas para cada tipo de productos.
* Cúmprese en todo momento a normativa de seguridade e hixiene no traballo utilizando as roupas de protección persoal que o tipo de producto e tratamento recomenda.
* En caso de accidentes, aplícanse as técnicas sanitarias básicas e os primeiros auxilios con rapidez.
* Respéctanse os prazos de seguridade establecidos, antes do seu aproveitamento, para cada tipo de producto fitosanitario segundo o indicado na regulamentación vixente.

5.5.Controlar e realizar, se é o caso, a aplicación de praguicidas de uso ambiental e alimentario utilizando os productos e as doses preestablecidas.* Utilízanse as formulacións praguicidas en función das características das pragas que se teñen que combater, de maneira que se minimicen os efectos sobre o ambiente.
* Realízanse as desratizacións tanto de modo activo coma pasivo tendo en conta as poboacións de roedores que hai que tratar.
* Realízanse os tratamentos recomendados contra as pragas de insectos e ácaros nos ambientes urbanos seguindo o procedemento establecido.
* Realízanse as desinfeccións de locais e espacios urbanos aplicando as técnicas preestablecidas.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Equipos de detección de pragas e enfermidades: lupas, trampas, cebos. Equipos para a aplicación de productos fitosanitarios: pulverizadores hidráulicos, hidropneumáticos (atomizadores), pneumáticos (nebulizadores), centrífugos, termopneumáticos, ... Equipos de control de aplicación de productos fitosanitarios. Medios de accionamento e tracción: tractores e moto

cultores, motores térmicos e eléctricos. Material para control e calibración de equipos. Equipos de limpeza. Productos fitosanitarios e contedor para o seu almacenamento e transporte. Praguicidas de uso ambiental e alimentario. Equipos de protección persoal.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Control integrado das pragas dos cultivos ambientais e das instalacións alimentarias de maneira que se asegure a producción sen risco para o ambiente.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas para o control das pragas e enfermidades dos cultivos, incluídos os principios de loita integrada, productos fitosanitarios, equipos de aplicación e praguicidas de uso ambiental e alimentario. Métodos para calibrar, axustar e manexar equipos de aplicación de fitosanitarios e praguicidas de maneira apropiada ás características das pragas que se combaten, sen que se deriven riscos para as persoas, o ambiente ou as máquinas utilizadas. Métodos de mantemento das máquinas e equipos.

-Información utilizada e/ou xerada:

Normativa de seguridade no traballo e técnico-sanitaria sobre fabricación, comercialización e utilización de praguicidas e productos fitosanitarios, as súas limitacións de emprego, prazos de seguridade e niveis tolerables de refugallos. Fichas de campo. Mapas meteorolóxicos para épocas oportunas de tratamentos. Manual de productos fitosanitarios coa súa materia activa e toxicidade. Regulamentación técnico-sanitaria para a fabricación, comercialización e utilización de praguicidas (R.D. 3349/1983, do 30 de novembro). Sistema harmonizado comunitario de autorización para comercializar e utilizar productos fitosanitarios (R.D. 2163/1994, do 4 de novembro. Transposición da Directiva 91/414/CE). Orde da Presidencia, do 8 de marzo de 1994, pola que se establece a normativa reguladora de cursos de homologación para realizar tratamentos con praguicidas.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Xefes de tratamentos, empresarios agrarios e encargados de explotación. Persoal auxiliar de aplicación. Provedores de equipos de productos fitosanitarios e material necesario nas aplicacións e no seu control.

Aplicadores de productos fitosanitarios e de praguicidas para uso ambiental e alimentario. Manipuladores.

2.5.6. Unidade de competencia 6: preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Controlar e supervisa-lo acondicionamento, limpeza, desinfección e desinsectación dos locais e instalacións de cría e/ou producción.* Compróbase que as instalacións e locais están libres de refugallos, programando e/ou aplicando, en caso contrario, os procedementos de limpeza e desinfección/desinsectación necesarios.
* Os equipos de limpeza/desinfección/desinsectación prepáranse de acordo co labor que se vai realizar e seguindo as instruccións de traballo.

RealizaciónsCriterios de realización

* Selecciónanse os productos de limpeza, desinfección e desinsectación e aplícanse coa técnica adecuada e as doses indicadas.
* Prepáranse e condiciónanse os locais e instalacións seguindo o plan establecido previamente.
* Verifícase o estado da instalación eléctrica, da subministración de augas e dos sistemas de climatización das instalacións.
* Compróbase que na eliminación dos refugallos en locais e instalacións se leva a cabo en tempo e forma indicados e se depositan nos sitios adecuados para cada un deles.

6.2.Realiza-lo mantemento de primeiro nivel das máquinas e equipos da explotación efectuando as operacións básicas de mecanizado, soldadura e montaxe/desmontaxe requiridas.* A revisión dos tractores, maquinaria e equipos efectúase coa periodicidade indicada nos manuais de mantemento e operación, realizando as operacións de cambio e reposición de aceites e líquidos, de engraxe, de substitución e limpeza de filtros e pezas e de lastrado de rodas.
* Compróbase que o taller está ordenado e as ferramentas dispoñibles para a súa inmediata utilización.
* Realízase un control continuo dos equipos, maquinaria e instalacións, detectando e identificando as avarías producidas e efectuando o seguimento dos gastos de mantemento e reparación.
* Os elementos avariados ou gastados das máquinas, equipos e instalacións substitúense polos repostos adecuados.
* Compróbase que a maquinaria e os equipos, tralo seu uso, están en condicións para a súa próxima utilización.
* Para efectua-las operacións de montaxe/desmontaxe e mecanizado (tradeado, limadura, esmerilado, roscado e corte) selecciónanse os equipos e as ferramentas adecuados.
* Nas operacións básicas de soldadura eléctrica:
-Selecciónanse os equipos e as ferramentas adecuados ó material que se vai soldar.
-Regúlase a intensidade da corrente en función do electrodo e do material que se vai unir.
-As conexións eléctricas á masa realízanse limpando as zonas de contacto.
-Prepáranse e límpanse os bordos que se deben unir, situándoos á distancia adecuada ó tipo de soldadura e electrodo utilizado.
* As operacións básicas e de mantemento de primeiro nivel dos equipos e máquinas lévanse a cabo seguindo os manuais e as fichas de mantemento e coa periodicidade indicada neles.

6.3.Preparar e manexa-los tractores, a maquinaria, equipos, instalacións e outros utensilios da explotación para a súa utilización nas tarefas/operacións programadas e para a circulación por vías públicas.* Selecciónanse, engánchanse e regúlanse os apeiros e a maquinaria tendo en conta o labor que se vai realizar (preparación do solo, sementeira, fertilización, tarefas culturais, aplicación de fitosanitarios, colleita) e contrólase o seu funcionamento e manexo, en consonancia co que se consideran «axeitadas prácticas agrícolas».
* Os equipos e as instalacións regúlanse tendo en conta os plans e as actividades da producción agraria.
* Prepárase o tractor e a maquinaria adaptándoos e sinalizándoos convenientemente, cumprindo o código de circulación e a normativa complementaria referente a circulación de vehículos agrícolas por vías públicas.

RealizaciónsCriterios de realización

* A selección, preparación e manexo da maquinaria, tractores, equipos e apeiros específicos realízase conforme os requirimentos de cada labor e o ritmo de traballo establecido.
* Verifícase que o abastecemento dos productos (sementes, fertilizantes, fitosanitarios) que necesitan as máquinas na xornada de traballo se realiza adecuadamente evitando as interrupcións e os tempos de espera.

6.4.Actuar baixo normas de seguridade durante a estadía nas instalacións e nas operacións con máquinas, equipos e ferramentas para previ-los riscos persoais e xerais.* Durante a estancia nas instalacións e no manexo de equipos e ferramentas cúmprense as medidas de precaución e protección establecidas pola normativa ó respecto.
* Utilízanse correctamente os equipos de protección persoal requiridos para o traballo que se debe realizar.
* As tarefas realizadas coas máquinas, equipos e ferramentas execútanse de acordo coas normas de seguridade específicas para cada un deles.
* A manipulación de productos e materiais lévase a cabo tomando as medidas de protección adecuadas a cada caso.
* En caso de accidente aplícanse as técnicas sanitarias básicas e os primeiros auxilios rapidamente.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Tractores agrícolas e forestais, máquinas autopropulsadas e accionadas para o traballo do solo, para a implantación dos cultivos, para a distribución do fertilizante mineral e orgánico, para a rega, para a aplicación dos productos fitosanitarios, para a colleita de forraxes (herba seca, silo e palla), para a colleita de grans e sementes, para a colleita de tubérculos e raíces, para a colleita de cultivos industriais, para a colleita de froitas e hortalizas, para a carga, a descarga e o transporte de colleitas e materias primas, para a limpeza, clasificación e secado das colleitas e para a gandería (alimentación, extracción e conservación de productos gandeiros). Equipos e instrumentos de taller para mantemento e reparacións de tractores e máquinas como: bancos de traballo, depósitos de elevación e desprazamento, xogos de ferramentas, extractores, equipos de soldadura, fragua, trade, gatos hidráulicos, equipos de engraxe, compresor e depósito para o almacenamento de combustibles e

lubricantes. Máquinas, equipos e instalacións gandeiras.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Tarefas agrícolas e forestais realizadas de conformidade coas necesidades do cultivo e en conformidade co que se consideran boas prácticas agrícolas. Operacións de manexo gandeiro realizadas de conformidade coas necesidades dos animais.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procedementos para o traballo con tractores agrícolas e máquinas autopropulsadas ou con motor térmico. Procedementos para o uso de maquinaria de traballo do solo. Procedementos de traballo para os equipos de: distribución de fertilizantes e emendas,

sementeira, plantación e transplante, rega, aplicación de fitosanitarios e praguicidas, colleita e transporte. Métodos de uso e mantemento para as máquinas, equipos e instalacións fixas. Métodos de uso e mantemento dos equipos de muxidura e refrixeración do leite. Métodos para calibrar, axustar e manexa-las máquinas de acordo co estado da parcela (solo e cultivo) ou as necesidades do gando, para conseguir un traballo en conformidade co que se consideran boas prácticas agrícolas e gandeiras.

-Información utilizada e/ou xerada:

Manuais de servicio e de taller de tractores, máquinas e equipos e información técnica sobre prestacións de traballo. Sobre posibilidades e limitacións das máquina que se deben utilizar. Sobre procesos de mantemento de tractores e máquinas agrícolas e instalacións gandeiras. Normativa de Seguridade e Hixiene no traballo. Código da Circulación e normativa complementaria.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Xefe de explotación, empresarios e encargados das empresas para as que realiza os servicios. Operadores de tractores e máquinas agrícolas. Provedores de equipos e elementos funxibles necesarios para o funcionamento da explotación agraria.

2.5.7. Unidade de competencia 7: executa-las tarefas previstas nun proxecto de xardinería de interiores, así como as de florería.

RealizaciónsCriterios de realización

7.1.Realiza-las operacións de decoración do interior de acordo co deseño xeral, interpretando correctamente as instruccións establecidas.* Interprétase e valórase correctamente o proxecto de decoración do espacio obxecto de actuación, efectuando as anotacións precisas.
* Téñense en conta as características climáticas, de orientación, estéticas, de uso e posterior mantemento do espacio para a execución da decoración.
* Compróbase que o material vexetal que se vai empregar é o previsto no proxecto e se encontra debidamente formado e san.
* Compróbase que os substratos que se van empregar, artificiais ou non, son os adecuados para o cultivo de pequenas superficies ou contedor.
* Identifícanse os elementos de decoración (testos, pequenas fontes, xardineiras) previstos e compróbase que responden ás características previstas no proxecto desde o punto de vista estético, de medidas e durabilidade.
* Confecciónase un plano ou deseño do estado final da superficie decorada cos elementos instalados, indicando as modificacións, se as houbese, en relación co proxecto deseñado.

7.2.Manter e conserva-los interiores decorados, aplicando as técnicas específicas do material implantado.* Establécese un calendario de conservación de material vexetal e non vexetal, así como de substratos e outros elementos, seguindo o plan xeral establecido.
* Realízanse os coidados adecuados ó espacio decorado e mobiliario implantado de acordo coas características propias dos materiais de cada un deles.

RealizaciónsCriterios de realización

* Realízanse as tarefas de cultivo propias do material vexetal implantado, en número e estacionalidade de acordo co medio onde se encontra e as características climáticas, de orientación e estéticas.
* Prevese e realízase a reposición dos elementos vexetais ou non, deteriorados co paso do tempo, e lévase a cabo na época e formas axeitadas.

7.3.Realiza-las tarefas propias da arte floral, aplicando as técnicas máis avanzadas e específicas de cada composición.* Realízanse adecuadamente as diferentes figuras de arte floral (ramos, grilandas, coroas) seguindo os procedementos establecidos.
* As figuras e composicións florais realizadas responden ós criterios e ás técnicas definidos dentro da concepción da arte floral en canto a conxunción e distribución de cores, definición de eixes e mestura de material vexetal (tipos de plantas e flores).

7.4.Comercializar distintos tipos de material de xardinería, distribuíndo os productos adecuados e aconsellando sobre a súa utilización.* Establécense as necesidades das diferentes plantas ornamentais e outros materiais de venda, tendo en conta as súas características específicas e os coidados.
* Aconséllase sobre a utilización e aplicacións do material vexetal e non vexetal (ferramentas, substratos, contedores, embelecedores) sobre as técnicas que se deben aplicar segundo a especie e a variedade que se van tratar.
* Elabórase unha lista de prezos de maneira ordenada e precisa do material en venda.
* Na comercialización e promoción dos productos en venda téñense en conta os clientes potenciais para as diferentes especies vexetais.
* Selecciónase e tipificase o diferente material vexetal recibido para mellora-la calidade da oferta e almacénase adecuadamente.
* Compróbase que se cumpren as normas de seguridade e hixiene establecidas en canto ó uso de material fitosanitario, na manipulación dos productos, no manexo de ferramentas e útiles, nos locais e no traballo.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Material de debuxo. Planos. Equipos de fotografía. Equipo de informática. Manuais de botánica. Catálogos de plantas. Material diverso de florería. Manuais de decoración. Terras. Substratos naturais e artificiais. Material vexetal diverso vivo e seco. Pequeno material de xardinería: tesoiras, guantes, rendadoras, mochilas de tratamentos, productos fitosanitarios. Esbozos de deseño. Anteproxecto. Gravacións en vídeo. Fotografías dos espacios obxecto de actuación. Turbas. Areas. Terras vexetais. Sementes. Material vexetal, tal como flor de temporada, bulbos, árbores ou arbustos. Testos e contedores de diversos tipos. Bandexas. Mástique.

-Productos e/ou resultados do traballo:

Proxecto de decoración de interiores e de xardinería.

Venda de material de producción vexetal. Ramos, coroas, grilandas e demais elementos de arte floral. Bonsais. Testos. Centros.

-Procesos, métodos e procedementos:

Procesos de obtención e tratamento de fotografías e bibliografía necesarios para a elaboración do proxec

to. Método normalizado de elaboración do proxecto. Métodos de creación de substratos artificiais. Métodos de rega especializada para interiores: microaspersión, goteo, etc. Sistemas de drenaxe. Sistemas de fertilización e fertirrigación. Procedementos de deseño asistido por ordenador. Métodos e procedementos de arte floral. Métodos de utilización de material vexetal seco. Métodos de mantemento de material vexetal en interiores. Procesos de confección de ramos, grilandas, coroas, centros e decoración con flor.

-Información utilizada e/ou xerada:

Manuais de botánica, especialmente referentes a plantas de interior e de flor seca. Manuais e catálogos de substratos artificiais.

Manuais de sistemas de rega de interiores e sobre o seu uso. Catálogos de plantas de flor e de pequeno material de xardinería e de ornamentación e contedores.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias:

Como destinatarias do servicio poden considerarse: empresas de servicios, edificios multifuncionais, comunidades de propietarios, usuarios de florería en xeral.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

A actividade da xardinería distinguiuse tradicionalmente como unha acción derivada dos servicios públicos nas distintas administracións e, en menor medida, no ámbito privado, principalmente en núcleos grandes de poboación.

No momento actual, o campo de actuación cambiou de maneira substancial, ó unirse á concepción tradicional unha serie de factores novos tanto tecnolóxicos coma organizativos que hai que ter en conta, tales como a ampliación do campo de actuación ó ámbito privado (pequenos xardíns privados, xardíns nas dependencias das empresas, xardíns de interior en grandes edificios), a incorporación da xardinería ós sistemas de infraestructuras, principalmente derivados dos estudios de impacto medioambiental en autovías, zonas recreativas de pantanos, paseos marítimos e, por outra parte, a atención ás zonas de lecer, o que supón a potenciación de execucións de traballos de xardinería, tanto de exteriores como de interiores, así coma a comercialización, cada vez en maior contía, de productos relacionados directa ou indirectamente coa xardinería e a organización de pequenas empresas para implantación, conservación e mantemento de xardíns.

O cambio dos factores tecnolóxicos fai que sexa cada vez máis necesaria a evolución dos profesionais da xardinería cara a formas máis especializadas no desenvolvemento das súas tarefas, así como cara á aplicación de novas tecnoloxías no deseño de xardíns, transplante de grandes árbores, cirurxía e poda arbórea, tratamento integrado de pragas, parasitos e enfermidades en zonas urbanas, programas integrados de mantemento e conservación de xardíns, regas.

Así mesmo, teranse que coñece-las posibles innovacións en canto a nova maquinaria propia das tarefas de xardinería, as actuacións referentes á aplicación dos plans urbanísticos e a racionalización dos custos directos e indirectos consecuencia da aplicación dos ditos plans.

Coa rapidez na evolución previsible dos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos, este profesional estará aberto ás posibles innovacións que as necesidades sociais lle demanden.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

Os cambios na actividade tradicional da xardinería estarán máis orientados cara a formas de uso do xardín, tanto de exterior coma de interior, cambios que poden referirse a:

* Transformación de parámetros de deseño, utilizando técnicas de deseño integrado mediante a utilización de tecnoloxía informática.

* Recuperación de zonas de vertedoiros controlados e a súa incorporación ó ambiente urbano.

* Recuperación de zonas mineiras e a súa transformación en parques paraurbanos.

* Creación de pequenas empresas de servicios de xardinería, deseño e ornamentación de vivendas, espacios pechados concretos (celebracións que precisen de ornamentación floral).

* Utilización da xardinería como elemento sanitario humano no tratamento de enfermidades de tipo motriz e psíquico.

2.6.3. Cambios na formación.

A formación deste técnico deberá ter unha base en parte tradicional no que se refire ás tarefas, uso e formas da xardinería actual en canto ós seus coñecementos de botánica, técnicas de cultivo, mantemento e urbanismo, e noutra parte adaptada ós cambios permanentes respecto das novas tecnoloxías, cambios na utilización da paisaxe, incorporación de novas tendencias de conservación e utilización dos espacios verdes, informática e as súas aplicacións no sector a nivel de usuario, protección e conservación do medio natural e procedementos para o seu control.

A formación global deste profesional no proceso de instalación, mantemento e conservación de xardíns terá que completarse cunha formación continua e especializada en áreas diversas, debendo quedar desde a súa formación específica preparado para a busca e utilización dunha información en continua e rápida evolución.

2.7. Posición no proceso productivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Este técnico desenvolverá a súa actividade en centros e empresas das que a finalidade sexa a producción e no sector de servicios de xardinería, principalmente:

* Servicios públicos de parques e xardíns de concellos e deputacións provinciais, de ministerios (MOPTMA) e outros organismos.

* Grandes empresas de xardinería.

* Pequenas empresas de xardinería e florería.

* Actividades profesionais relacionadas co urbanismo e a decoración.

* Actividades relacionadas coa xestión de zonas paraurbanas dedicadas ó lecer.

* Actividades relacionadas coa producción de plantas ornamentais e a súa comercialización.

* Actividades relacionadas coa ornamentación, florería, asesoramento e venda de productos de xardinería.

* Centros de investigación aplicada á xardinería.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Exercerá a súa actividade en empresas de pequena ou mediana dimensión como autónomo. Tamén pode desenvolve-lo seu traballo en empresas de grande dimensión, formando parte dun equipo de traballo, dedicadas a implantación, mantemento e conservación de xardíns e parques.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enuméranse a continuación un conxunto de posibles ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados, adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Capataz de viveiro de planta ornamental.

* Capataz de mantemento de xardíns de grande o mediano tamaño.

* Capataz de mantemento de céspedes en campos deportivos e outras zonas verdes.

* Autónomo de empresas de xardinería.

* Autónomo de empresas de florería.

* Encargado de obras de xardinería en grandes e medianas empresas.

* Capataz de podas e operacións de cirurxía arbórea.

* Axente de vendas de viveiros e empresas de xardinería.

* Colaborador en actividades de educación medioambiental.

Posibles especializacións:

Este técnico, ó incorporarse ás ocupacións/postos de traballo indicados, require un período de adaptación/formación para consegui-la especialización requirida.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

-Seleccionar, comprender e expresa-la información técnica relacionada coa profesión, analizando e valo

rando o seu contido e utilizando a terminoloxía e simboloxía axeitadas.

-Analiza-los procesos e efectua-las operacións para a execución dun proxecto de xardinería, identificando as técnicas e condicións de realización e relacionándoas coa maquinaria e os equipos requiridos.

-Analiza-los procesos e efectua-las operacións de xestión, mellora e conservación de xardíns e zonas verdes, identificando as técnicas e condicións de realización e relacionándoos coa maquinaria e equipos axeitados.

-Analiza-los procesos e efectua-las operacións de producción de planta ornamental, identificando as técnicas e condicións de realización e relacionándoos coa maquinaria e equipos requiridos.

-Analiza-los procesos e efectua-las operacións de axardinamento de interiores e florería, identificando as técnicas e condicións de realización e relacionándoos coa maquinaria e equipos requiridos.

-Valora-los resultados do seu traballo na execución das distintas operacións, verificando o nivel de cumprimento dos requisitos e calidade establecidos.

-Aplica-la lexislación en materia contable, fiscal e laboral, así como relacionada coa seguridade e hixiene no traballo.

-Utiliza-las aplicacións informáticas a nivel de usuario, como medio de adquisición e comunicación de datos e de xestión.

-Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona o funcionamento da empresa, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que se poden presentar.

-Sensibilizarse respecto ós efectos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando medidas correctivas e proteccións axeitadas.

-Analiza-las consecuencias da falta de seguridade e hixiene nas máquinas, equipos e instalacións ou da actuación das persoas durante a manipulación dos equipos, así como aplica-las normas e medidas necesarias para minimiza-los riscos sobre persoas, máquinas e ambiente.

-Valora-los requirimentos de instalacións e equipos de taller para o mantemento de uso e reparación básica de máquinas, equipos e instalacións agrarios, preparándoos e utilizándoos correctamente.

-Analizar e executa-las operacións mecanizadas da explotación ou empresa agraria, preparando e operando correctamente coas máquinas, equipos e instalacións correspondentes e controlando os seus procesos productivos.

-Controlar e identificar inimigos das plantas, valorando métodos, medidas que se van tomar e productos, minimizando a súa incidencia sobre o medio natural.

-Utilizar e buscar canles de información e formación relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector e a evolución e adaptación da súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos.

-Establecer unha eficaz comunicación verbal, escrita e xestual, para transmitir e recibir unha correcta información e resolver situacións conflictivas, tanto no ámbito das relacións laborais como as que, se é o caso, poida desenvolver con visitantes de xardíns e zonas verdes.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión dunha explotación agraria familiar.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestionar unha explotación familiar agraria.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-los recursos técnicos, comerciais, económicos e financeiros dispoñibles nunha explotación agraria para poder establece-la súa viabilidade.

* Determina-la orientación productiva da explotación en función da análise dos recursos dispoñibles.

* Elabora-los estudios económicos precisos para a determinación da viabilidade actual e potencial da explotación.

* Analiza-los procedementos para a posta en marcha e organización dunha empresa agraria familiar.

* Determina-lo programa de xestión integral máis axeitado ás características e actividades da explotación.

* Analiza-la necesidade de medios persoais e materiais na explotación e cuantifica-la realización de investimentos para levar a cabo.

* Establece-lo plan de xestión técnica en función dos medios dispoñibles e os obxectivos previstos.

* Selecciona-la combinación de recursos existentes na explotación co obxectivo de obte-la máxima rendibilidade.

* Elaborar un plan de promoción e comercialización dos productos da explotación.

* Analiza-las diferentes formas xurídicas ás que pode optar unha explotación agraria familiar, sinalando as máis axeitadas de acordo coa actividade económica e os recursos dispoñibles.

* Elaborar un plan xeral de actividades dunha explotación agraria en función dos recursos dispoñibles.

* Analiza-los documentos necesarios para a posta en marcha e o desenvolvemento das actividades dunha explotación agraria e elabora-la documentación segundo a lexislación vixente.

* Analiza-las formas máis usuais no sector agrario, de promoción, adquisición e comercialización de productos ou servicios.

* Analiza-los procedementos de control, manipulación e almacenamento de productos e elaboración de inventarios.

* Leva-la contabilidade dunha explotación, orientada á mellora dos seus resultados económicos.

* Analiza-las normas de seguridade e hixiene que se aplican durante o traballo relacionándoas coas medidas preventivas que hai que adoptar para a protección do medio natural.

-Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais

-Organización e planificación:

* Determinación da viabilidade actual e potencial dunha explotación con base na súa orientación productiva.

* Elaboración de estudios técnico-económicos de explotacións familiares agrarias con determinación previa da súa orientación productiva.

* Establecemento de características, medios necesarios e previsibles resultados económicos dunha explotación tipo.

* Interrelación dos tipos de xestión levados a cabo nunha empresa agraria (técnica, comercial, financeira, económica, contable, organizativa e administrativa).

-Xestión e comercialización:

* Análise das liñas de financiamento.

* Elaboración e tramitación de documentos requiridos para a implantación e posta en marcha dunha explotación.

* Formalización de impresos de ofertas de emprego, altas e baixas laborais, liquidación á Seguridade Social, contratos e partes de accidentes.

* Comercialización de productos ou servicios. Negociación de prezos do mercado, prazos e condicións de entrega, calidade, descontos, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

* Control, manipulación e almacenamento de productos. Carga, descarga e transporte.

* Utilización de aplicacións informáticas para anotacións contables, determinación de datos económicos, obtención de índices e elaboración de informes de diagnóstico e xestión.

-Seguridade no traballo e protección ambiental:

* Aplicación da normativa de seguridade e hixiene.

* Aplicación de técnicas básicas de recollida, eliminación e depuración de residuos.

Contidos conceptuais

-Organización e planificación:

* Empresa. Elementos. Áreas funcionais. Clasificación.

* Empresa agraria. Actividade agraria (agrícola, gandeira, forestal e mixta). Réximes de tenza.

* Normativa legal sobre explotacións agrarias. Sociedades e asociacións no ámbito do sector agrario. Formas xurídicas da empresa agraria.

-Xestión e comercialización:

* Financiamento. Tipos.

* Xestión. Características. Fins. Fases.

* Contabilidade. Proceso contable.

* Obrigas fiscais.

* Contratación laboral.

* Comercialización. Normalización e tipificación.

* Almacenamento. Manipulación. Transporte.

* Informática básica (proceso de textos, folla de cálculo, base de datos).

-Seguridade no traballo e protección medioambiental:

* Saúde. Condicións de traballo. Riscos laborais. Prevención. Marco legal da prevención.

* Medidas xerais de prevención e protección. Condicións xerais dos locais. Equipos de protección individual. Protección fronte a equipos manuais e máquinas. Sinalización de seguridade.

* Ambiente: conservación e avaliación de impactos.

* Caracterización de residuos. Xestión de residuos. O delicto ecolóxico.

Contidos actitudinais

-Organización e planificación:

* Valoración da planificación da empresa agraria.

* Recoñecemento da necesidade de analiza-las diferentes formas xurídicas ás que pode optar unha empresa agraria.

* Recoñecemento da necesidade de valora-los distintos sistemas de explotación.

* Recoñecemento da necesidade de relaciona-los distintos tipos de aproveitamentos coa localización xeográfica e co seu contorno socioeconómico.

-Xestión e comercialización:

* Valoración da xestión da empresa agraria.

* Valoración das normas ou disposicións legais e da adquisición de hábitos na súa aplicación.

* Fomento dunha actitude pescudadora sobre os resultados económicos obtidos nunha empresa agraria en función das súas características, orientación productiva e medios empregados.

* Hábito de realizar cálculos nas operacións de interese agrícola.

* Hábito de seguimento das actividades productivas.

* Pulcritude e rigor no manexo de aparellos informáticos.

-Seguridade no traballo e protección medioambiental:

* Recoñecemento da necesidade de protección do ambiente e valoración da normativa legal.

* Sensibilización cara á conservación e mellora do ambiente.

* Realización de accións persoais e colectivas para sensibiliza-lo respecto ó medio natural.

* Rigor na aplicación da normativa de seguridade e hixiene.

3.2.2. Módulo profesional 2: implantación de xardíns e zonas verdes.

Asociado á unidade de competencia 2: realiza-las tarefas de execución e implantación de xardíns.

Capacidades terminais elementais

* Interpreta-los documentos dun proxecto para realiza-los traballos de axardinamento, identificando as directrices e os criterios de deseño do xardín, así como as características e as condicións que deben cumpri-los materiais que se utilizarán para a súa implantación.

* Interpreta-los planos de obra para face-lo planeamento dos distintos elementos do xardín, manexando instrumentos de debuxo para realiza-las medicións neles co fin de obte-las cotas reais de planeamento tanto planimétricas como altimétricas.

* Executa-los traballos de planeamento na parcela obxecto de actuación a partir do plano de cotas e de perfís, utilizando instrumentos sinxelos de agrimensura e de topografía.

* Organiza-las tarefas de roza, limpeza e movemento de terras previos á implantación, identificando a vexetación actual existente, determinando as necesidades cuantitativas e cualitativas da terra para mover, definindo os labores para realizar tanto manuais como mecánicos e propoñendo a secuencia de realización.

* Identifica-los materiais de construcción de uso frecuente en xardinería, interpretando os seus sistemas de control de calidade e analizando os procedementos de posta en obra.

* Organiza-la execución das obras de infraestructura do xardín, realizando un programa de secuenciación, definindo as necesidades de intervención doutros profesionais e coordinando os equipos humanos e os medios mecánicos necesarios para a realización do proceso.

* Realizar pequenas obras de construcción propias da xardinería seguindo as instruccións dun proxecto, utilizando con destreza e autonomía as ferramentas básicas de construcción.

* Instalar elementos estructurais propios da xardinería (pérgolas, celosías, verxas, etc.) utilizando elementos prefabricados, seguindo as indicacións dun proxecto ou as instruccións de montaxe definidas polo fabricante.

* Realiza-las tarefas de instalación dos sistemas de rega e drenaxe axustándose ó proxecto do xardín, identificando os distintos materiais e controlando a súa calidade, verificando o correcto funcionamento

das instalacións e efectuando as regulacións oportunas dos elementos de rega.

* Analiza-las características e o proceso de instalación do mobiliario, do equipamento e dos elementos decorativos, verificando que se axustan ás normativas vixentes con especial atención as áreas infantís e parques ou zonas de uso público.

* Manexar con destreza e seguridade a maquinaria necesaria para os labores de preparación do terreo, seleccionando os equipos idóneos e secuenciando os distintos labores.

* Identifica-las especies de xardinería de uso máis habitual no ámbito xeográfico da Comunidade Autónoma, definindo as súas características edafoclimáticas, os seus hábitos de crecemento e as necesidades de mantemento.

* Elixi-las especies idóneas para implantar nun xardín ou zona verde, atendendo a criterios de deseño (elementos estructurais, puntos focais, recubrimento, ornamentación e funcionalidade), así como de adaptación ó medio e ás esixencias de mantemento.

* Avalia-lo estado do material vexetal no momento da recepción, comprobando que se axusta ás esixencias definidas no proxecto, e manexalo adecuadamente ata a súa implantación.

* Realiza-lo transplante ou plantación de árbores e arbustos, efectuando as intervencións preparatorias tanto da parte aérea como radicular, así como os coidados posplantación, empregando a maquinaria e medios axeitados para realiza-lo procedemento coa suficiente seguridade, sobre todo cando se trate de grandes exemplares.

* Realiza-la plantación de vivaces, bulbosas, plantas de temporada e acuáticas segundo as particularidades de cada grupo de especies, prestando especial atención á combinación de cores.

* Elixir e utilizar con criterios estéticos e funcionais os materiais complementarios do material vexetal ou de mantemento do solo (pedras en rocallas, cortizas e mallas de recubrimento, materiais de revexetación de noiros, etc.), analizando as súas características e os procesos de implantación.

* Analiza-los procesos de establecemento de encespados e realiza-los labores de implantación utilizando distintas técnicas e sistemas, preparando e refinando axeitadamente o solo segundo as condicións da parcela de actuación e adoptando as medidas idóneas para controla-la vexetación espontánea.

* Realiza-lo control de calidade do xardín implantado, analizando o grao de cumprimento do prego de condicións do proxecto, e proceder a corrixi-los posibles defectos para formaliza-la súa entrega.

* Interpretar e aplica-las normas e instruccións de carácter ambiental e de seguridade e hixiene na realización dos traballos.

* Analiza-las estructuras comerciais da subministración de plantas e outros implementos utilizados en xardinería, buscando, catalogando e interpretando información técnica e comercial.

-Contidos (duración 215 horas).

Contidos procedementais

-O proxecto do xardín ou zona verde:

* Interpretación dos documentos do proxecto.

* Identificación do estilo do xardín.

* Planificación das operacións de execución.

* Execución do planeamento do xardín.

-Labores preparatorios para a implantación:

* Execución da roza e limpeza do terreo.

* Organización dos traballos de movemento de terras.

-Infraestructuras e equipamentos:

* Identificación de materiais empregados habitualmente na xardinería.

* Execución de pequenas obras.

* Instalación de diferentes sistemas de rega de xardíns.

* Instalación de distintos tipos de drenaxe de xardíns.

* Montaxe de estructuras prefabricadas, mobiliario e equipamentos de xardinería.

-Elementos vexetais do xardín:

* Identificación de especies dos principais grupos: frondosas, coníferas, arbustos, rubideiras, palmeiras e afíns, cespitosas, anuais e vivaces, bulbosas, cactáceas e crasas.

* Interpretación das normas de calidade e dos criterios de tipificación comercial.

* Preparación e acondicionamento do solo.

* Realización da marcaxe da plantación.

* Recepción do material vexetal.

* Transplante e plantación de exemplares. Preparación do terrón e da parte aérea. Arranque e transporte. Plantación e coidados posteriores.

* Realización de composicións con especies leñosas e herbáceas: pantallas, sebes e borduras, bosquetes, macizos, rocallas, rubideiras. Plantación e coidados posteriores.

* Implantación de céspedes.

* Formación de terrados.

-Primeiros coidados do xardín:

* Control de calidade do xardín, segundo o prego de condicións do proxecto.

* Realización das oportunas correccións para corrixi-los defectos detectados nas infraestructuras e equipamentos.

* Reposición de marras nas plantacións.

* Resementeiras e primeiros cortes en céspede.

* Control sanitario e de malas herbas.

* Reposición de titores.

* Limpeza do xardín.

-Normativa de carácter ambiental e de seguridade e hixiene:

* Análise do impacto ambiental derivado dos traballos de axardinamento.

* Aplicación da normativa de seguridade e hixiene.

Contidos conceptuais

-O proxecto do xardín ou zona verde:

* Estilos de xardíns. Xardíns clásicos. A xardinería actual.

Zonas verdes.

* Técnicas básicas de deseño: composición de cores, formas e texturas.

* Documentos do proxecto. Memoria e detalles constructivos. Planos. Medicións e orzamentos. Prego de condicións.

* Técnicas de planeamento.

* Plan de execución: actividades, duración, coordinación.

* Sistemas de control de gastos de execución.

-Labores preparatorios para a implantación:

* Técnicas de roza e limpeza. Maquinaria e apeiros específicos.

* Técnicas de movementos de terra.

-Infraestructuras e equipamentos:

* Camiños. Pontes. Estanques. Muros. Pistas de deportes. Fontes e láminas de auga. Elementos decorativos.

* Piscinas. Materiais utilizados para os vasos. Instalacións para a depuración e circulación de auga. Normativa legal. Mantemento.

* Rede de iluminación. Materiais. Normativa legal.

* Rede de saneamento e auga potable. Materiais. Normativa legal.

* Xogos infantís. Tipos. Características. Normativa legal.

* Bancos, papeleiras e outros. Tipos. Características.

* Drenaxe. Sistemas. Materiais utilizados.

* Rega. Necesidades de auga dun xardín. Sistemas de rega. Materiais. Criterios de deseño da instalación. Automatismos de rega. Elementos de bombeo e filtrado de auga.

-Elementos vexetais do xardín:

* Nomenclatura botánica.

* Caracterización das especies e criterios de elección.

* Criterios de tipificación comercial. Normas de calidade.

* Circuítos comerciais da planta de xardín. Provedores. Custos da planta a raíz núa, escaiolada, en terrón e en contedor.

* Técnicas de preparación e acondicionamento do solo.

* Fertilizantes e emendas.

* Maquinaria para manexar grandes exemplares.

* Técnicas de implantación de céspedes. Maquinaria específica.

-Primeiros coidados do xardín:

* Necesidades de auga despois da implantación.

* Segas e podas antes da entrega.

* Problemas sanitarios e de malas herbas.

* Resementeira.

-Normativa de carácter ambiental e de seguridade e hixiene:

* Impacto e danos ecolóxicos derivados dos traballos de xardinería. Prevención e corrección. Lexislación.

* A xardinería como correctora de impactos ambientais derivados doutras actividades.

* Normativa de seguridade e hixiene no traballo aplicable na xardinería.

* Vestiario e equipos de seguridade e protección.

Contidos actitudinais

-O proxecto de xardín ou zona verde:

* Valoración do proxecto como guía de actuación.

* Consciencia da relación entre os xardíns e a situación sociocultural na época da súa creación.

* Rigor na precisión do planeamento.

* Aceptación de que calquera modificación debe ser aceptada polo promotor e director de obra.

-Labores preparatorios para a implantación:

* Preocupación por non causar danos no solo nos traballos de movementos de terras.

* Aceptación de que os traballos que esixen gran esforzo físico (movemento de terras principalmente) deben ser executados por medios mecánicos, sempre que as dimensións da zona obxecto de actuación o permitan.

-Infraestructuras e equipamentos:

* Valoración da importancia de dispor de documentación técnica e económica sobre materiais e equipamento de uso frecuente nos xardíns.

* Consciencia das limitacións profesionais para realizar certas obras e instalacións (electricidade, saneamento, auga potable).

* Preocupación por manter limpos os tubos durante as instalacións de rega e drenaxe.

* Rigor na verificación das instalacións antes de proceder ó tapado dos foxos.

* Hábito de limpa-lo xardín despois de realiza-las obras e instalacións (retirar restos de terra e de material).

-Elementos vexetais do xardín:

* Hábito de buscar información sobre circuítos comerciais e prezos das plantas.

* Aceptación de que o material vexetal debe elixirse considerando os condicionantes existentes tales como a adaptación ó medio, as necesidades de mantemento, o efecto estético e a función dentro do xardín.

* Valoración da corrección nos procedementos e concienciación sobre os riscos para as persoas e as plantas.

* Esforzo en perfila-lo terreo nos labores preparatorios.

* Sensibilidade na combinación de cores segundo o efecto perseguido.

* Consciencia de que os terrados son focos de atención.

* Preocupación por elixi-la posición máis estética das plantas.

* Consciencia da importancia da rega despois da plantación.

* Aceptación de empregar titores que non provoquen feridas nas árbores nin causen dano estético.

* Preocupación por elimina-la vexetación existente antes de implanta-lo céspede.

-Primeiros coidados do xardín:

* Rigor en corrixi-los defectos de implantación antes da entrega.

* Atención ós pequenos detalles que poden deteriora-la imaxe do xardín.

* Consciencia de que calquera anomalía pode provocar conflicto co promotor.

-Normativa de carácter ambiental e de seguridade e hixiene:

* Espírito crítico cara ó uso de especies exóticas discordantes coa vexetación natural da zona de actuación.

* Sensibilidade por recuperar zonas degradadas.

* Hábito de recoller elementos estraños do xardín.

* Hábito de utilizar en todo momento o vestiario e equipos de seguridade e protección.

* Espírito crítico cara á carencia ou insuficiencia nas medidas de seguridade e hixiene.

3.2.3. Módulo profesional 3: conservación e mellora de xardíns e zonas verdes.

Asociado á unidade de competencia 3: realizar tarefas de conservación e mellora de xardíns.

Capacidades terminais elementais

* Interpretar un plano dun xardín, para poder identificar, localizar e inventariar tódolos seus elementos.

* Interpreta-lo prego de condicións técnicas dun proxecto de restauración para que o resultado final se adapte ó preestablecido.

* Establecer un programa de conservación de elementos vexetais, infraestructuras, mobiliario e equipamento dun xardín, para seguir unha orde lóxica e conseguir un aproveitamento racional dos recursos.

* Calcula-los materiais e medios humanos necesarios para realizar cada un dos traballos de restauración.

* Selecciona-las máquinas, ferramentas e equipos necesarios para levar a cabo os traballos de restauración.

* Realiza-los diferentes labores culturais no solo, para conservar ou mellora-las súas características.

* Executa-las diferentes prácticas culturais nas especies vexetais, para mellora-lo seu aspecto ou integración no contorno.

* Analiza-las características das principais especies vexetais utilizadas en xardinería, establecendo o método e medios de plantación e conservación.

* Establecer un plan de prevención e control dos axentes causantes de danos ás plantas, tendo en conta os aspectos ecolóxicos e normativa vixente en seguridade e hixiene.

* Determina-la cantidade e calidade de auga necesaria para a rega das especies vexetais, calculando doses e frecuencia de rega.

* Realiza-las operacións de mantemento nos céspedes ou praderías, en función do seu uso, estado vexetativo e sanitario.

* Empregar con destreza e seguridade as máquinas, ferramentas e utensilios de traballo necesarios para a conservación e mantemento de xardíns.

* Aplica-las técnicas específicas de poda no momento oportuno, adoptando as correspondentes medidas de seguridade e minimizando os danos na planta.

* Valora-los parámetros que determinan a necesidade de restauración de especies vexetais, para a súa conservación ou reposición.

* Realiza-los labores de plantación coa finalidade de mellorar ou conserva-lo xardín.

* Realiza-los distintos procesos de restauración e conservación dos elementos non vexetais do xardín, para mantelos en bo estado de uso.

* Analiza-lo impacto ambiental e danos ecolóxicos que poidan ocasiona-los traballos de conservación e mellora dun xardín, así como as técnicas para evitalos ou corrixilos.

-Contidos (duración 145 horas).

Contidos procedementais

-Organización do mantemento, restauración ou conservación:

* Elaboración dun programa de mantemento.

* Interpretación dun plano do xardín, sinalando tódolos seus elementos.

* Interpretación do prego de condicións técnicas dun proxecto de restauración.

* Confección dun inventario de tódolos elementos que forman parte dun xardín.

* Análise das causas que inflúen na deterioración dun xardín.

* Determinación dos traballos que, de forma secuencial, son necesarios para o mantemento ou restauración.

* Cálculo de medios humanos necesarios para realizar cada un dos traballos.

* Selección de máquinas, ferramentas, materiais e medios precisos para levar a cabo os traballos.

-Mantemento e mellora do solo:

* Realización dos labores para mellora-las propiedades físicas do solo.

* Interpretación de análises e mellora da fertilidade do solo.

* Realización de operacións de limpeza.

-Mantemento e recuperación de elementos vexetais:

* Realización do control de pragas, enfermidades e malas herbas.

* Valoración dos parámetros que determinan a necesidade de restauración ou recuperación.

* Execución de operacións de restauración.

* Realización de podas e colocación de titores.

* Identificación das principais especies vexetais empregadas.

* Execución das operacións de corte e aireado nun céspede ou pradería.

* Observación dos factores que determinan a necesidade de reposición dalgunhas plantas existentes no xardín por outras.

* Aplicación das técnicas e procedementos de traballo para a plantación de especies novas ou de reposición.

-Mantemento de infraestructuras e instalacións:

* Realización de labores de mantemento en infraestructuras e instalacións.

-Seguridade e hixiene no traballo e normativa ambiental:

* Aplicación das medidas de seguridade e hixiene no traballo.

* Interpretación da normativa que fai referencia ós traballos de conservación dun xardín.

* Descrición do impacto ambiental e danos ecolóxicos que poden orixina-los traballos de conservación e mellora dun xardín e das técnicas para evitalos ou corrixilos.

Contidos conceptuais

-Organización do mantemento, restauración ou conservación:

* Planos, esbozos e prego de condicións técnicas dun proxecto de restauración.

* Sistemas de toma de datos para confeccionar inventarios de tódolos elementos dun xardín.

* Técnicas e procedementos de traballo para a plantación de especies novas ou de reposición.

* Parámetros que determinan a necesidade de restauración de especies vexetais.

* Causas que interveñen na deterioración dun xardín e medidas correctoras.

* Calendarios de mantemento, restauración ou conservación.

-Mantemento e mellora do solo:

* A calidade do solo e a súa conservación. Flora espontánea.

* Fertilizantes e emendas.

* Máquinas, ferramentas e utensilios de traballo utilizados nos labores de conservación e mellora.

-Mantemento e recuperación de elementos vexetais:

* Pragas, enfermidades e malas herbas.

* Sementeiras e transplantes.

* Podas e entitorados.

* Especies vexetais máis utilizadas.

* Céspedes.

* Máquinas, ferramentas e útiles de traballo utilizados nos labores de mantemento e recuperación.

-Mantemento de infraestructuras e instalacións:

* A rega: tipos, programación e mantemento da instalación.

* Aparellos para drenaxe, camiños, escaleiras, pontes, estanques, piscinas, pistas deportivas, fontes, luminarias, bancos, papeleiras, redes de saneamento e auga potable, zonas de xogos e outros.

* Máquinas, ferramentas e útiles de traballo utilizados nos labores de mantemento.

-Seguridade e hixiene no traballo e normativa ambiental:

* Medidas de seguridade e hixiene no traballo.

* Normativa que fai referencia ós traballos de conservación dun xardín.

* Impacto ambiental e danos ecolóxicos que poidan ocasiona-los traballos de conservación e mellora dun xardín.

* Medidas de corrección.

Contidos actitudinais

-Organización do mantemento, restauración ou conservación:

* Rigor á hora de executa-las directrices marcadas no proxecto.

* Esforzo por inventariar tódolos elementos que forman parte do xardín.

* Atención ás causas que interveñen na deterioración dun xardín.

* Respecto polos animais beneficiosos.

* Consciencia da importancia de elaborar calendarios de mantemento, restauración e conservación.

-Mantemento e mellora do solo:

* Consciencia da importancia que ten o solo como elemento de sustento para os vexetais.

* Preocupación por mante-lo xardín limpo de lixo e de calquera outro obxecto «estraño».

-Mantemento e recuperación de elementos vexetais:

* Preocupación por estudia-las causas da deterioración ou morte de exemplares vexetais.

* Valoración de se convén conservar ou substituír un exemplar vexetal.

* Responsabilidade na utilización de productos fitosanitarios, especialmente en xardíns públicos.

* Hábito de utiliza-los productos fitosanitarios axeitados e no momento oportuno, para que, coa dose xusta, se solucione o problema.

* Preocupación polas podas drásticas que minan a estética das plantas e poden ocasionarlles danos graves.

* Precaución por non dana-lo colo das plantas.

-Mantemento de infraestructuras e instalacións:

* Preocupación por analiza-las causas que levan á deterioración dos elementos non vexetais dun xardín.

* Sensibilidade por aforrar auga de rega, sobre todo se o xardín se encontra nunha zona onde esta escasea.

* Aceptación de que cada profesional debe realiza-los traballos para os que está cualificado.

-Seguridade e hixiene no traballo e normativa ambiental:

* Constancia en cumpri-las medidas de seguridade e hixiene no traballo.

* Preocupación polo posible impacto ambiental e danos ecolóxicos que poidan orixinarse cos traballos de conservación e mellora dun xardín.

* Rigor no cumprimento da normativa ambiental.

3.2.4. Módulo profesional 4: producción de plantas.

Asociado á unidade de competencia 4: realiza-las tarefas/operacións de reproducción, propagación e producción de plantas en viveiro.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las especies vexetais obxecto de propagación, atendendo a criterios morfolóxicos.

* Analiza-lo estado sanitario do material que se pretende reproducir para evitar contaxios de pragas ou enfermidades.

* Selecciona-las fontes de aprovisionamento do material vexetal, coa finalidade de consegui-la cantidade e calidade desexada.

* Determina-la cantidade de semente necesaria para a sementeira ou de material vexetal para a multiplicación vexetativa.

* Planificar e efectua-las operacións de recollida e preparación do material vexetal para a súa posterior conservación ou propagación.

* Conserva-lo material vexetal en condicións axeitadas para asegura-lo éxito na súa propagación.

* Preparar mesturas coas cantidades e calidades axeitadas de substratos, emendas, fertilizantes e desinfectantes, para empregar como medio de cultivo.

* Manexa-los equipos, materiais e máquinas axeitadas para realiza-las distintas operacións de preparación do solo ou medio de cultivo.

* Selecciona-lo tipo de multiplicación que se debe aplicar nas especies de maior interese da comarca, en función das características da especie e instalacións dispoñibles.

* Realiza-las operacións necesarias para propaga-las plantas, utilizando os diferentes métodos (reproducción por semente, por esgallos, bacelos, enxertos e multiplicación «in vitro»).

* Analiza-las necesidades de efectuar repicados e se é o caso aplica-las técnicas axeitadas para a súa realización.

* Utiliza-los equipos, máquinas e instalacións necesarias para as distintas operacións de reproducción e multiplicación.

* Realizar de forma secuencial as operacións de mantemento e protección dos cultivos, seleccionando os médios e as técnicas axeitadas a cada caso.

* Calcula-las doses ou cantidades precisas de producto necesarias para fertilizar, regar e aplicar productos fitosanitarios.

* Aplicar, tomando as correspondentes medidas de seguridade, os productos fitosanitarios axeitados para combater malas herbas, pragas e enfermidades.

* Seleccionar e manexa-los equipos, materiais, ferramentas e máquinas empregados nas operacións de mantemento e protección dos vexetais.

* Manexa-lo sistema de rega/fertirrega para proporcionarlle as cantidades axeitadas de auga e fertilizantes en función da especie e estado do cultivo, considerando as condicións climáticas e ambientais.

* Realiza-las operacións de preparación da planta para a súa venda, determinando o momento oportuno e aplicando as técnicas axeitadas.

* Aplica-las normas de calidade establecidas para a clasificación dos productos.

* Analiza-las condicións ambientais e os sistemas de almacenamento para a conservación dos productos.

* Realiza-las operacións de manipulación e envasado para a almacenaxe ou transporte dos diferentes productos.

* Aplica-la normativa de seguridade e hixiene na realización das distintas operacións de producción de planta.

* Analizar e selecciona-las instalacións de protección e forzado en función das necesidades do cultivo e das súas características e custo.

* Manexa-los dispositivos de control e automatización das instalacións para conseguir un rendemento óptimo.

-Contidos (duración 215 horas).

Contidos procedementais

-Colleita, manipulación e conservación do material vexetal:

* Identificación das especies obxecto da propagación.

* Preparación e selección da planta nai.

* Selección das épocas máis axeitadas para cada caso.

* Utilización do método de recolleita máis axeitado para cada caso.

* Cálculo da cantidade de material necesario.

* Extracción e limpeza de sementes, utilizando as ferramentas e utensilios axeitados.

* Aplicación dos tratamentos contra fungos e insectos.

* Realización de técnicas para rompe-lo letargo das sementes.

* Conservación do material en condicións axeitadas.

-Preparación do solo ou medio de cultivo:

* Realización dos labores preparatorios do solo.

* Identificación dos productos utilizados como substratos. Preparación de mesturas.

* Selección dos productos para a desinfección, emendas e fertilizantes, en función das características do solo ou substrato e as necesidades das plantas.

* Cálculo das doses de productos que se necesiten.

* Realización de operacións utilizando as ferramentas, equipos e máquinas axeitadas.

-Reproducción e propagación:

* Selección do tipo de multiplicación máis axeitada.

* Preparación de sementes e realización de alcouves.

* Realización das operacións necesarias mediante esgallos, porbaixas, enxertos e multiplicación «in vitro».

* Utilización correcta de productos, ferramentas, equipos, máquinas e instalacións.

-Mantemento e protección:

* Realización dos programas de rega.

* Aplicación de fertilizantes.

* Realización de podas.

* Realización de repicados e transplantes.

* Identificación e control de malas herbas, pragas e enfermidades.

* Selección e utilización de equipos, materiais, ferramentas e máquinas máis axeitadas para cada operación que se vai realizar.

-Colleita, selección, almacenamento e comercialización dos productos:

* Determinación das datas e circunstancias máis axeitadas para a colleita dos productos.

* Selección dos productos baseándose nas normas de calidade establecidas.

* Almacenaxe dos diferentes productos para a súa conservación en condicións óptimas.

* Realización de operacións de manipulación e envasado.

* Utilización de máquinas, equipos e ferramentas dispoñibles para a colleita, selección e almacenamento.

* Aplicación da normativa de seguridade e hixiene que rexen para as distintas operacións.

-Instalacións de protección e forzado:

* Determinación dos materiais constructivos máis recomendables para cada caso.

* Interpretación de planos de instalacións.

* Montaxe de instalacións.

* Realización de mantementos periódicos.

Contidos conceptuais

-Colleita, manipulación e conservación do material vexetal:

* Criterios de preparación e selección das plantas nai.

* Sanidade vexetal.

* Fontes de aprovisionamento de material para reproducir.

* Condicións de manipulación e conservación do material.

* Tecnoloxía de separación e limpeza de sementes.

* Letargo de sementes.

* Condicións ambientais para a conservación.

-Preparación do solo ou medio de cultivo:

* Labores preparatorios.

* Substratos, emendas e fertilizantes.

* Desinfectantes de solos e substratos.

-Reproducción e propagación:

* Reproducción por semente.

* Porbaixas.

* Esgallos.

* Enxertos.

* Cultivo «in vitro».

-Mantemento e protección:

* Regas.

* Fertilizantes.

* Malas herbas, pragas e enfermidades.

* Tratamentos fitosanitarios.

* Podas.

* Repicados e transplantes.

* Organización dos labores.

-Colleita, selección, almacenamento e comercialización dos productos:

* Datas máis axeitadas.

* Normas de calidade para a selección de productos.

* Almacenamento de productos.

* Condicións ambientais.

* Operacións de manipulación e envasado.

* Normativa de seguridade e hixiene que rexe.

-Instalacións de protección e forzado:

* Tipos.

* Materiais empregados.

Contidos actitudinais

-Colleita, manipulación e conservación do material vexetal:

* Concienciación da importancia de utilizar un material vexetal san.

* Hábito de utilizar útiles de corte ben afiados.

* Preocupación por limpa-las ferramentas, apeiros, equipos e máquinas en xeral.

* Hábito de calcula-la cantidade de semente e/ou de material vexetal necesario para obte-lo número de individuos desexados.

* Esforzo por mante-las condicións ambientais axeitadas para a conservación do material.

-Preparación do solo ou medio de cultivo:

* Conciencia da importancia de utilizar correctamente os desinfectantes do solo e substratos.

* Valoración das emendas para conseguir un solo ou substrato óptimo para os cultivos.

* Hábito de programa-las secuencias para realiza-las distintas operacións que se pretendan realizar.

-Reproducción e propagación:

* Preocupación por efectuar unha preselección do material vexetal co fin de obter uns resultados uniformes.

* Esforzo por realiza-las sementeiras ou plantacións cunha distribución uniforme.

-Mantemento e protección:

* Constancia en efectua-las operacións de mantemento no momento idóneo.

* Sensibilidade na prevención de ataques de malas herbas, pragas e enfermidades.

-Colleita, selección, almacenamento e comercialización dos productos:

* Valoración da importancia de elixir correctamente a data de colleita dalgúns productos.

* Conciencia da importancia que ten ser rigorosos coas normas de calidade.

* Compromiso co cumprimento da normativa de seguridade e hixiene nas distintas operacións que se van realizar.

-Instalacións de protección e forzado:

* Consciencia da necesidade de segui-la orde preestablecida nas instruccións de montaxe.

* Valoración da importancia do aforro enerxético nas instalacións de protección e forzado e de reciclar ou reutiliza-los materiais empregados.

3.2.5. Módulo profesional 5: métodos de control fitosanitario.

Asociado á unidade de competencia 5: realiza-las operacións de control fitosanitario, preservando o ambiente e a sanidade dos alimentos.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las principais pragas, enfermidades, fisiopatías e malas herbas que causan danos nos cultivos da explotación agraria ou nos productos agrícolas almacenados, analizando a sintomatoloxía e observando as características morfolóxicas.

* Analiza-los ciclos biolóxicos dos microorganismos patóxenos e das pragas máis importantes da explotación agraria, relacionando as distintas etapas do axente daniño coas condicións climatolóxicas e coas fases do ciclo vexetativo dos cultivos afectados.

* Establecer un programa integrado de control de malas herbas, pragas, enfermidades e fisiopatías para protexe-los cultivos da explotación, definindo os sistemas de control e as estratexias xerais de intervención.

* Aplica-los medios e as técnicas para a detección dos riscos de ataque de pragas e enfermidades que permitan utilizar de forma racional os sistemas de control.

* Identificar e aplicar microorganismos e insectos beneficiosos para o control biolóxico de pragas e enfermidades, analizando as condicións requiridas e os procedementos de utilización.

* Analiza-las categorías toxicolóxicas dos productos fitosanitarios para adopta-las medidas de seguridade e protección necesarias durante a súa aplicación, así como para analiza-las consecuencias que poden ter no ambiente e na saúde pública.

* Analiza-los equipos, máquinas e útiles de aplicación de productos fitosanitarios, así como os procedementos de utilización, coa finalidade de selecciona-lo equipo adecuado para un tratamento determinado.

* Analiza-los equipos de hixiene e protección persoal utilizados na manipulación e aplicación de productos fitosanitarios, para seleccionar en cada caso os elementos idóneos que permitan realiza-los traballos de forma segura.

* Elixi-lo sistema de control e o tipo de producto ou productos que se van aplicar considerando o estado fenolóxico dos cultivos e as posibles toxicidades dos tratamentos e respectando os prazos de seguridade.

* Dosificar e preparar correctamente os caldos utilizados na loita química, calculando as proporcións das mesturas en función da materia activa, do sistema de aplicación e do cultivo obxecto de tratamento.

* Aplica-los procedementos elementais de primeiros auxilios nun hipotético accidente ocorrido na manipulación de productos fitosanitarios.

-Contidos (duración 130 horas).

Contidos procedementais

-Bioloxía e identificación das pragas, enfermidades e malas herbas:

* Aplicación de técnicas de contaxe e utilización de trampas.

* Análise da información sobre condicións ambientais nas que se desenvolven os cultivos e os axentes patóxenos.

* Observación dos danos producidos sobre o cultivo.

* Recoñecemento do patóxeno ou invasor.

-Métodos de control fitosanitario nos cultivos:

* Realización de prácticas culturais.

* Utilización de medios mecánico-físicos.

* Emprego de variedades resistentes.

* Deseño dun programa de actuación, tendo en conta os prazos de seguridade, o contorno e o custo dos tratamentos fitosanitarios.

* Aplicación dos tratamentos fitosanitarios: preparación dos caldos, elección e preparación das máquinas adecuadas e realización das probas de dosificación dos productos.

* Utilización de recursos biolóxicos no control do nivel sanitario do cultivo.

* Realización da loita integrada como alternativa global ós tratamentos.

-Control en almacéns, espacios urbanos e rurais:

* Realización de tratamentos en zonas cubertas, espacios urbanos e rurais: desratización, desinfección, desinsectación.

* Aplicación de productos químicos.

* Deseño dun programa de actuación, tendo en conta os prazos de seguridade e o producto que se vai tratar.

-Seguridade e hixiene en actividades de control sanitario:

* Elección dos métodos de loita adecuados.

* Procedementos preventivos e recomendacións sobre o manexo dos productos fitosanitarios.

* Actuación en primeiros auxilios en caso de accidente.

Contidos conceptuais

-Bioloxía e identificación das pragas, enfermidades e malas herbas:

* Axentes parasitarios e non parasitarios das plantas.

* Pragas, enfermidades e malas herbas. Danos que producen.

* Ciclos biolóxicos correspondentes.

-Métodos de control fitosanitario nos cultivos:

* Productos químicos. Loita biolóxica. Loita integrada.

* Maquinaria e equipos de aplicación dos productos fitosanitarios.

-Control en almacéns, espacios urbanos e rurais:

* Desratización. Desinfección. Desinsectación.

* Productos químicos. Aplicación.

-Seguridade e hixiene en actividades de control fitosanitario:

* Normativa legal existente sobre o emprego de productos fitosanitarios.

* Repercusión sobre o ambiente e sobre os productos obtidos.

* Toxicidade. Efecto letal. Prazo de seguridade.

Contidos actitudinais

-Bioloxía e identificación das pragas, enfermidades e malas herbas:

* Hábito de relaciona-las condicións ambientais e bioecolóxicas co desenvolvemento das principais pragas e enfermidades de interese.

* Preocupación pola identificación da enfermidade ou praga coa rapidez adecuada para evita-los danos ó cultivo.

-Métodos de control fitosanitario nos cultivos:

* Valoración das consecuencias que pode te-la patoloxía dos cultivos na producción e comercialización.

* Compromiso co cumprimento dun estricto programa de medidas profilácticas.

* Preocupación por determinar, en cada caso, a utilidade do tratamento máis adecuado ou a estratexia para adoptar.

* Valoración das características estructurais dos distintos tipos de maquinaria de tratamentos, condicións de emprego e obxectivos da operación.

* Esforzo por escolle-la máquina adecuada para cada tipo de tratamento.

* Interese en identificar axentes causantes dos danos nos cultivos.

* Hábito no establecemento de contaxes ou instalación de trampas para a xeración da información necesaria na diagnose correspondente.

* Actitude pescudadora sobre a obtención de información ambiental utilizando para isto os instrumentos adecuados.

* Actitude reflexiva sobre a correcta utilización dos medios fitosanitarios ó seu alcance.

* Consciencia na planificación dunha loita integrada ou global.

* Interese na elaboración dun programa de actuacións na loita fitopatolóxica.

-Control en almacéns, espacios urbanos e rurais:

* Compromiso coa problemática da desinfección de locais destinados a albergar productos de consumo, así como coa eliminación de animais portadores de factores patóxenos.

-Seguridade e hixiene en actividades de control sanitario:

* Valoración da normativa legal ó respecto.

* Conciencia da importancia extrema que ten a utilización racional dos productos fitosanitarios sobre o ambiente.

* Responsabilidade no manexo de productos fitosanitarios.

* Interese e autoesixencia na utilización dos prazos de seguridade indicados no uso dos tratamentos fitosanitarios.

* Sensibilidade cara á desinfección, desinsectación e hixiene dos locais con alimentos.

* Preocupación polos riscos que ocasionan os productos fitosanitarios sobre a saúde humana.

* Pescuda sobre os efectos que os pesticidas poden causar durante o seu manexo.

* Consciencia da necesidade de actuacións rápidas e adecuadas en caso de accidente.

* Valoración da sinalización e protección das zonas tratadas.

3.2.6. Módulo profesional 6: instalacións agrarias.

Asociado á unidade de competencia 6: preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-los materiais de uso frecuente en construccións e instalacións agrarias, analizando as súas características técnicas e os criterios de calidade.

* Analiza-las infraestructuras e as instalacións dunha explotación agraria, relacionando os diferentes locais coas actividades nel desenvolvidas, co obxecto de elixi-las máis adecuadas para un caso determinado.

* Realizar instalacións sinxelas nunha explotación determinada, elixindo os materiais necesarios e utilizando con destreza e seguridade as ferramentas e os equipos axeitados.

* Analiza-las necesidades de acondicionamento, limpeza, desinfección e desparasitación en locais e instalacións agrarias, para elaborar un programa de actuación.

* Realizar con destreza e seguridade as operacións básicas de acondicionamento de locais, reparando pequenos desperfectos, repondo elementos deteriorados e aplicando productos de protección axeitados segundo os casos.

* Executa-las tarefas de limpeza, desinfección e desparasitación en instalacións e locais agrarios, seleccionando os equipos e productos idóneos, calculando as doses requiridas e actuando con seguridade e pulcritude.

* Analiza-las características dunha instalación eléctrica, localizando os diferentes circuítos e identificando os elementos de protección e control, coa finalidade de realizar de forma segura as operacións de uso e de mantemento primario.

* Analiza-las características dunha instalación de control ambiental, identificando os seus compoñentes e realizando con seguridade as operacións de regulación, mantemento primario e manexo.

* Realizar con destreza e seguridade as operacións de mantemento primario de instalacións de auga, identificando e controlando os seus elementos e reparando as posibles avarías.

* Organizar e executar de forma segura as actividades necesarias para o tratamento de residuos e subproductos xerados na explotación agraria, para o seu correcto aproveitamento ou eliminación se é o caso.

-Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais

-Locais e infraestructuras agrarias:

* Mantemento de locais.

* Realización de limpeza, desinfección e desparasitación en locais e instalacións agrarias.

* Montaxe e mantemento de instalacións para conducción e protección de cultivos.

* Tratamento de residuos e subproductos.

-Instalacións de auga, electricidade e climatización:

* Realización de instalacións de conducción de auga.

* Mantemento e manexo de instalacións de auga.

* Reposición de elementos eléctricos sinxelos.

* Manobras en cadros eléctricos e en elementos de control e protección.

* Control e regulación de instalacións de climatización.

-Seguridade nas instalacións:

* Revisión das instalacións agrícolas: identificación de deficiencias na seguridade e realización das medidas correctoras oportunas.

* Simulación de accidentes laborais e de incendios. Posta en práctica de medidas de emerxencia e de primeiros auxilios.

Contidos conceptuais

-Locais e infraestructuras agrarias:

* Materiais básicos de construcción.

* Tipos e compoñentes das instalacións de producción agraria.

* Instalacións de almacenaxe e conservación.

* Equipos e material para a limpeza, desinfección e desparasitación.

* Instalacións para o aproveitamento de subproductos e eliminación de residuos.

* Outras instalacións e ferramenta.

-Instalacións de auga, electricidade e climatización:

* Instalacións de auga. Captación. Grupos de bombeo. Conduccións. Medición de caudais. Equipos de tratamento.

* Instalacións eléctricas na explotación agraria: liñas de baixa tensión, de iluminación e de forza. Elementos de protección e medida. Tarifas eléctricas.

* Xeración autónoma de electricidade e enerxía.

* Instalacións de ventilación, climatización e acondicionamento ambiental: instalacións de gas, calefactores, humectadores e ventiladores, acondicionamento forzado.

-Seguridade nas instalacións:

* Mecanismos perigosos e zonas de precaución das instalacións.

* Elementos de protección das instalacións e das persoas. Vestiario de protección.

* Manipulación e almacenaxe de productos tóxicos e perigosos: lubricantes e combustibles e productos inflamables.

* Normativa legal sobre aloxamentos e instalacións agrarias.

* Primeiros auxilios e situacións de emerxencia.

Contidos actitudinais

-Locais e infraestructuras agrarias:

* Preocupación por mante-la orde e a limpeza nos locais.

* Hábito de observar e comunica-los danos que se aprecian nos locais de traballo habitual.

* Hábito de repara-las pequenas deterioracións que sofren os locais.

* Valoración das desinfeccións en locais que o requiren.

* Valoración das tarefas de tratamento de residuos e aproveitamento de subproductos na explotación agraria.

-Instalacións de auga, electricidade e climatización:

* Rigor na limpeza de filtros.

* Hábito de calibrar periodicamente os parámetros de control ambiental.

* Aceptación de que a reposición de elementos debe realizarse con material de idénticas características.

-Seguridade nas instalacións:

* Consciencia da perigosidade das instalacións de electricidade, calefacción e gas.

* Preocupación por adopta-las medidas de seguridade persoal e colectiva no contorno de traballo.

* Aceptación da necesidade de respecta-la normativa vixente sobre locais e instalacións de uso agrícola.

* Preocupación por realiza-las revisións dos elementos de protección.

3.2.7. Módulo profesional 7: mecanización agraria.

Asociado á unidade de competencia 6: preparar, manexar e manter en uso as instalacións, maquinaria e equipos da explotación agraria.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las necesidades de maquinaria e a súa idoneidade en función dos obxectivos de producción da explotación agraria e dos labores que se van realizar.

* Manexar maquinaria agroforestal, cun rendemento razoable, nas debidas condicións de seguridade e hixiene.

* Realiza-las regulacións e axustes dos equipos en función das condicións de traballo e obxectivos perseguidos.

* Analiza-lo funcionamento e as necesidades de mantemento das máquinas e equipos da explotación agraria, seguindo as instruccións técnicas requiridas.

* Elaborar un programa de mantemento e de rexistro das operacións, tendo en conta as indicacións do fabricante, a carga e tipo de traballo da máquina, as incidencias, desgates e avarías producidas.

* Executar operacións de mantemento de uso, reparacións básicas e adaptacións sinxelas en maquinaria agrícola e forestal, utilizando materiais e equipos de taller coa destreza requirida e de forma hixiénica e segura.

* Operar correctamente cos equipos de mecanizado manual e soldadura, conseguindo os niveis de calidade necesarios e traballando coa seguridade e hixiene adecuadas.

* Efectua-las diferentes medidas en elementos mecánicos coa precisión requirida, elixindo e manexando os instrumentos de medida axeitados, para realizar operacións de reposición, se procede.

* Aplica-las medidas de seguridade e hixiene no uso de maquinaria agroforestal, adaptándoas ás situacións de traballo.

* Identifica-los factores de incidencia sobre o ambiente derivados do uso da maquinaria agroforestal.

-Contidos (duración 215 horas).

Contidos procedementais

-Estructura, funcionamento e manexo do tractor:

* Análise da estructura dun tractor tipo e determinación das funcións que desempeñan nel os seus principais compoñentes.

* Clasificación dos tractores en función do tren de rodaxe, tipo de bastidor, emprego para o que foron deseñados, tipo de transmisión e tracción...

* Manexo correcto de tractores agrícolas, seguindo un proceso lóxico de aprendizaxe.

* Realización do mantemento periódico.

* Interpretación das notacións que expresan as dimensións, prestacións e resistencia das cubertas dos pneumáticos utilizados.

* Identificación dos principais elementos que integran o equipo eléctrico dun tractor.

-O taller mecánico:

* Análise da estructura, superficie, máquinas e ferramentas necesarias dun taller básico para unha explotación agrícola ou forestal.

* Manexo e mantemento correctos das ferramentas e máquinas de taller.

* Realización das operacións de mecanizado manual, utilizando os instrumentos axeitados.

* Execución de reparacións ou operacións de montaxe, desmontaxe ou axuste dos compoñentes das máquinas.

* Realización correcta da soldadura eléctrica, utilizando a técnica axeitada en cada caso.

* Aplicación da normativa de seguridade, tanto no referente ás dependencias do taller e instalación de máquinas, como no manexo de ferramentas, útiles e máquinas de taller.

-Seguridade e hixiene no manexo de maquinaria:

* Análise das repercusións que no traballador e no seu contorno familiar, na empresa e para a sociedade teñen os accidentes de traballo.

* Análise das medidas e procedementos que se poden utilizar para a prevención da accidentabilidade

laboral no sector agrario, especialmente no manexo de maquinaria.

* Aplicación da normativa legal sobre prevención de riscos laborais, protección persoal e dos equipos.

* Identificación dos factores de risco máis comúns no uso de maquinaria agraria.

* Descrición das proteccións e dispositivos de seguridade utilizados en maquinaria.

* Aplicación das técnicas de primeiros auxilios na simulación de accidentes.

* Análise de métodos e precaucións para que no manexo e manipulación da maquinaria agraria se minimicen os efectos negativos sobre o ambiente.

-Utilización e mantemento de motores e maquinaria:

* Análise dos distintos tipos de motores de combustión interna que se empregan na maquinaria agraria.

* Análise dos ciclos de funcionamento do motor diésel e de explosión, de catro e dous tempos.

* Identificación e funcionamento dos elementos fundamentais do motor diésel.

* Análise da constitución e funcionamento do sistema de distribución dos motores de catro tempos.

* Identificación de elementos do sistema de lubricación do motor e comprensión do seu funcionamento.

* Realización das operacións de mantemento básico de tractores e motores agrícolas.

* Detección de avarías.

* Identificación e utilización dos sistemas de arrinque en motores.

* Identificación e análise do funcionamento dos principais elementos do sistema de alimentación en motores de catro tempos.

* Identificación e análise do funcionamento dos sistemas de carburación e acendido no motor de explosión de dous tempos.

* Identificación de máquinas e apeiros de uso agroforestal.

* Manexo, mantemento e regulacións dos apeiros e máquinas agrícolas accionadas ou arrastradas polo tractor.

* Manexo, mantemento e regulacións de máquinas autopropulsadas e manuais.

* Reparación de avarías básicas.

* Elaboración dunha ficha ou parte para leva-lo control de mantemento.

* Elaboración dunha lista de repostos básicos de distintos tipos de máquinas, dos que se debe dispor no centro de traballo.

-Elección do equipo e maquinaria en función das necesidades:

* Enumeración das máquinas coas que se pode realizar cada una das fases de traballo sobre un suposto práctico de mecanización de actividades agrícolas.

* Elección do equipo axeitado atendendo a factores económicos e operativos e mais en función das necesidades reais de producción da explotación.

Contidos conceptuais

-Estructura e funcionamento do tractor:

* Clasificación dos tractores.

* Estructura fundamental dun tractor tipo.

* Transmisión ou tren de forza: embragues, caixa de cambios e diferencial.

* Sistemas de tracción.

* Lubricación da transmisión.

* Sistemas de dirección.

* Rodaxe dos tractores de rodas. Estructura dunha roda. Tipos de cubertas. Nomenclatura de dimensións e resistencia. Cadeas antiesvarantes. Lastrado e variación da vía. Mantemento de pneumáticos.

* Rodaxe dos tractores de cadeas. Estructura dos trens laterais. Tipos de cadeas segundo traballo. Axustes e mantemento.

* Sistemas de freos. Mantemento.

* Sistema hidráulico. Ideas xerais sobre hidrostática. Principio de Pascal. Mantemento do sistema. Aceites hidráulicos.

* Tomas de forza e cabrestante.

* Elementos de seguridade.

-O taller mecánico:

* O taller mecánico na explotación agrícola e forestal. Necesidades mínimas.

* Ferramentas, útiles, equipos, máquinas e instrumentos de medida.

* Soldadura eléctrica: funcionamento, regulación e utilización. Técnicas aplicadas ás operacións de soldadura. Elementos de protección.

* Sistemas de roscas.

* Normas de seguridade no taller. Equipo de protección persoal.

-Seguridade e hixiene no manexo de maquinaria:

* Accidentes. Ponderación. Índices de frecuencia e de gravidade.

* Lei de prevención de riscos laborais e normativa específica sobre proteccións nas máquinas.

* Proteccións e dispositivos de seguridade en maquinaria.

* O equipo de protección persoal. Normalización da roupa ou material de seguridade.

* Normas de seguridade para traballos específicos realizados con maquinaria agroforestal.

* Técnicas de primeiros auxilios.

-Utilización e mantemento de motores e máquinas:

* Principios físicos básicos: forza, traballo, par motor e reserva de par. Tipos de potencias utilizadas en motores e velocidade.

* Elementos constructivos fundamentais do motor.

* Clasificación e funcionamento dos motores de combustión interna.

* Aspectos teóricos e principios físicos aplicados (calibre ou diámetro, PMI, PMS, carreira, cilindrada, relación de compresión...).

* Aparellos e unidades de medida dos seguintes parámetros: presión, temperatura, intensidade eléctrica...

* Distribución do motor: tipos e variacións entre eles.

* Lubricación do motor.

* Sistemas de refrixeración.

* Sistema de alimentación.

* Sistema de admisión.

* Conceptos básicos de electricidade: corrente continua e alterna, tensión ou voltaxe, intensidade e resistencia, lei de Ohm, sobrecarga, curtocircuíto e inducción.

* Sistema eléctrico. Elementos.

* Sistemas hidráulicos.

* Normas de seguridade para cumprir na manipulación de motores de combustión interna.

* Símbolos pictográficos empregados en maquinaria.

* Mantemento periódico.

* Maquinaria agroforestal: sementadoras e plantadoras, fertilizadoras, de tratamentos, de labor, rozadoras, segadoras e colleitadoras, de aproveitamento forestal, motoserras, de xardinería.

-Elección do equipo e maquinaria en función das necesidades:

* Fases de traballo mecanizables da actividade. Métodos de realización e máquinas que se poden empregar en cada unha delas.

* Características das máquinas. Interpretación.

* Rendementos e capacidades de utilización das distintas máquinas e equipos.

* Máquinas de uso específico e polivalentes. Vantaxes e inconvenientes de cada tipo.

Contidos actitudinais

-Estructura e funcionamento do tractor:

* Responsabilidade no manexo do tractor.

* Preocupación por realiza-lo mantemento periódico.

* Interese por repara-las pequenas avarías.

-O taller mecánico:

* Pulcritude e rigor no manexo de maquinaria e útiles de taller.

* Orde na colocación de ferramentas trala súa utilización.

* Hábito de limpeza do taller e material empregado.

* Interese pola correcta realización das actividades.

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

-Seguridade e hixiene no manexo de maquinaria:

* Hábito de aplica-las medidas obrigatorias e voluntarias de protección no manexo de maquinaria.

* Valoración das normas ou disposicións legais de seguridade no traballo con maquinaria.

* Concienciación das consecuencias que pode te-lo mal uso da maquinaria e aceptación das medidas precautorias para adoptar.

-Utilización e mantemento de motores e maquinaria:

* Responsabilidade no manexo de máquinas.

* Pulcritude e rigor no manexo de maquinaria.

* Preocupación por realiza-lo mantemento periódico das máquinas.

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

-Elección do equipo e maquinaria en función das necesidades:

* Valoración da importancia da mecanización nunha explotación agraria.

* Valoración da axeitada elección do equipo segundo factores de rendibilidade.

3.2.8. Módulo profesional 8: xardinería de interiores e arranxos florais.

Asociado á unidade de competencia 7: executa-las tarefas previstas nun proxecto de xardinería de interiores, así como as de florería.

Capacidades terminais elementais

* Interpreta-los documentos dun proxecto de axardinamento de interiores, identificando as directrices e os criterios de deseño, así como as características e as condicións que deben cumpri-los materiais que se van utilizar.

* Analiza-las técnicas de composicións de cores, formas, volumes, alturas e texturas para consegui-los obxectivos estéticos perseguidos.

* Identifica-las especies de uso frecuente en xardíns de interiores, definindo as súas características biolóxicas e ornamentais.

* Analiza-las condicións ambientais do recinto obxecto de axardinamento, coa finalidade de selecciona-las especies que se adapten.

* Avalia-lo estado do material vexetal no momento da súa recepción e manexalo adecuadamente ata a súa implantación.

* Identifica-los materiais non vexetais de uso frecuente en xardinería de interiores, analizando as súas características e criterios de utilización.

* Realiza-las operación de axerdinamento de interiores, seguindo as directricies preestablecidas.

* Determina-las necesidades de mantemento dun xardín interior e executa-las operacións necesarias para levalo a cabo.

* Analiza-los diferentes tipos e estilos de arranxos florais, para elixi-lo máis axeitado segundo o seu destino.

* Analiza-lo estado do material vexetal para utilizar nos arranxos florais no momento da recepción e realiza-las operacións de conservación ata a venda.

* Confecciona-los arranxos florais, selecccionando os materiais necesarios e aplicando as técnicas estéticas axeitadas.

* Analiza-las operacións de clasificación, almacenaxe, conservación e comercialización dos productos eleborados.

* Aplica-la normativa de seguridade e hixiene nas actividades de comercialización de flor, planta de interior e outros elementos decorativos.

-Contidos (duración 110 horas).

Contidos procedementais

-Axardinamento de interiores:

* Interpretación do proxecto.

* Selección das especies para utilizar, en función das condicións ambientais e criterios estéticos.

* Identificación e preparación dos substratos axeitados.

* Selección e preparación dos recipientes necesarios.

* Selección e instalación de elementos decorativos.

* Instalación dos sistemas de rega, drenaxe e xogos de auga.

* Elaboración dun programa de mantemento.

* Realiza-las operacións de mantemento.

-Composicións florais e de plantas:

* Selección dos materiais para utilizar.

* Realización de composicións con flores ou plantas, usando material natural (vivo ou seco) e artificial.

-Comercialización de elementos para decoración de interiores:

* Preparación de escaparates.

* Clasificación dos elementos vexetais e non vexetais en venda nunha florería.

* Realización das operacións de mantemento do material vexetal.

* Elaboración de listas de prezos do material en venda.

Contidos conceptuais

-Axardinamento de interiores:

* Partes dun proxecto.

* Técnicas estéticas: cor, formas, volumes, alturas e texturas.

* Plantas de interior. Especies. Condicións ambientais. Plantación e mantemento.

* Substratos e recipientes.

* Sistemas de auga e drenaxe.

* Elementos decorativos.

-Composicións florais e de plantas:

* Técnicas básicas de arte floral.

* Especies vexetais. Criterios de utilización.

* Preparación e conservación.

* Materiais. Aprovisionamento.

* Composicións. Tipos. Elementos intervenientes.

-Comercialización de elementos para decoración de interiores:

* Escaparatismo.

* Canles e formas de compravenda.

* Normalización e tipificación.

* Almacenamento. Manipulación. Transporte.

Contidos actitudinais

-Axardinamento de interiores:

* Valoración da importancia das condicións climáticas, estéticas e de uso do espacio para decorar.

* Preocupación por programar secuencialmente as operacións que se van realizar.

* Preocupación polo mantemento das plantas, infraestructuras e equipos.

* Responsabilidade no manexo das plantas.

* Pulcritude e rigor nas operacións realizadas.

-Composicións florais e de plantas:

* Preocupación por seleccionar e combinar axeitadamente os elementos constitutivos dunha composición decorativa.

-Comercialización de elementos para decoración de interiores:

* Esforzo por mante-las condicións axeitadas para a conservación do material.

* Preocupación por atender correctamente os posibles clientes.

* Interese por coñece-las canles de comercialización.

* Hábito de asesorar tecnicamente sobre os coidados das plantas ós posibles clientes.

3.3. Módulo profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 9: agrotecnoloxía.

Capacidades terminais elementais

* Selecciona-lo sistema de rega máis adecuado segundo as características dun solo, o cultivo para implantar e a súa fase e a climatoloxía da zona.

* Calcula-las necesidades de auga de rega, a dose e a frecuencia de aplicación para un cultivo determinado, a partir de datos climatolóxicos e edafolóxicos.

* Interpreta-las análises de auga de rega, para determina-la súa calidade e as correccións necesarias.

* Interpreta-los distintos tipos de solos e as súas características, para determina-las posibilidades de desenvolver nel un determinado cultivo e as necesidades de mellora.

* Realiza-la toma de mostras para efectuar unha análise do solo, utilizando as ferramentas de campo axeitadas.

* Interpreta-los resultados das análises dun solo para programa-la aplicación de fertilizantes e emendas segundo o cultivo que se implante.

* Programa-los labores do solo para mellorar e conserva-las súas características físicas.

* Interpreta-lo comportamento dos elementos fertilizantes no solo e a súa asimilación polas plantas, para telos en consideración nos programas de fertilización.

* Elixi-lo fertilizante máis idóneo para unha parcela determinada, en función do tipo de solo, do cultivo, da climatoloxía da zona e do sistema de aplicación.

* Analiza-la estructura, morfoloxía e fisioloxía dos vexetais, identificando órganos e tecidos e establecendo as súas relacións coas funcións fisiolóxicas das plantas.

* Analiza-los distintos fenómenos meteorolóxicos que afectan a agricultura da zona, coa finalidade de adopta-las estratexias oportunas de prevención de riscos ou mellora-las condicións ambientais dos cultivos.

* Realiza-la colleita de datos meteorolóxicos para efectua-la súa análise e interpretación, establecendo relacións entre a climatoloxía da zona e os cultivos que se poden desenvolver.

* Interpretar mapas de previsión meteorolóxica coa finalidade de planifica-las tarefas agrícolas que dependen das condicións atmosféricas.

* Relaciona-las condicións topográficas dunha parcela coas súas características edafolóxicas para determina-los seus usos agrarios.

* Elaborar planos de predios por métodos sinxelos, realizando as oportunas medicións en campo, utilizando as escalas adecuadas e aplicando as técnicas gráficas idóneas.

* Interpreta-la lexislación medioambiental aplicable ós distintos sistemas naturais, relacionando as condicións de aproveitamento e xestión coas medidas de protección.

* Analiza-las características da flora espontánea e da fauna silvestre máis importantes da zona, indicando as condicións necesarias para a súa conservación, prestando especial atención ás especies protexidas.

-Contidos (duración 185 horas).

Contidos procedementais

-O solo:

* Identificación das características dun solo a partir da súa composición física, química e biolóxica.

* Establecemento de conclusións sobre a evolución da materia orgánica.

* Realización das operacións de mostraxe para a elaboración de análises dun solo.

* Interpretación adecuada da analítica dun solo.

* Descrición dun solo a partir da súa analítica ou mostra física.

* Diferenciación do comportamento dos elementos fertilizantes no solo.

* Descrición dos métodos de mellora das propiedades fisicoquímicas e biolóxicas dun solo.

-A auga:

* Explicación dos procesos da transpiración vexetal.

* Determinación do contido de auga no solo.

* Cálculo de necesidades e frecuencia de regas.

* Selección dos sistemas de rega máis idóneos en cada caso considerado.

* Formulación dos fundamentos e da metodoloxía do cultivo hidropónico.

-Os fertilizantes:

* Descrición das funcións xerais dos elementos nutritivos.

* Realización de ensaios para a observación dos efectos dos nutrientes nas plantas.

* Establecemento de relacións entre a fertilización e as características do solo e cultivo.

* Elaboración dun programa de fertilización adecuado para un solo segundo a súa analítica e cultivo para soportar.

* Identificación de fertilizantes e dos sistemas de distribución.

* Manexo da fertirrigación.

* Experimentación sobre doses e fertilizantes diferentes actuando sobre o mesmo cultivo.

-Botánica:

* Identificación das familias das principais especies de interese agrario.

* Identificación de células, tecidos e órganos vexetais.

* Elaboración de herbarios.

* Relación da fisioloxía coa estructura morfolóxica do vexetal.

-Reproducción vexetal:

* Identificación dos diferentes tipos de reproducción.

* Identificación de partes da semente.

* Identificación de sementes.

* Explicación da fisioloxía da semente. Determinación de pureza e poder xerminativo.

* Realización de técnicas de reproducción vexetativa.

-O clima:

* Identificación dos factores do clima. Análise da incidencia na producción vexetal.

* Descrición dos distintos tipos de meteoros que poden ter efecto sobre a agricultura da zona ou áreas da Comunidade.

* Análise e interpretación de datos recollidos en aparellos meteorolóxicos.

* Interpretación de mapas meteorolóxicos para a diagnose do clima a curto prazo nunha zona determinada.

* Descrición e manexo das unidades utilizadas en meteoroloxía, así como dos aparellos e sistemas de información de obtención de datos meteorolóxicos.

* Planificación dos traballos agrícolas en función das previsións meteorolóxicas.

-Mantemento e conservación dos sistemas naturais:

* Interpretación da lexislación medioambiental referente ós sistemas naturais.

* Descrición das principais características das especies naturais de interese na Comunidade.

* Análise sobre as diferentes actuacións para conserva-lo medio natural.

* Descrición dos principais parámetros que interveñen na avaliación do impacto ambiental.

* Explicación dos plans de ordenación do uso e xestión do medio natural.

* Interpretación das normas para a protección dos sistemas naturais.

-Medición e planeamento do terreo:

* Realización de medicións planimétricas e altimétricas. Cálculos.

* Aplicación de diversas escalas para o cálculo de superficies.

* Elaboración de planos de fincas como resultado da súa medición por métodos sinxelos e coas técnicas gráficas requiridas.

* Determinación de superficies e desniveis.

* Realización de planeamentos planimétricos e altimétricos.

Contidos conceptuais

-O solo:

* Fase sólida. Compoñentes. Textura e estructura.

* Composición química do solo.

* Poder absorbente do solo. Complexo de intercambio catiónico.

* Acidez do solo. Salinidade e alcalinidade.

* Elementos nutritivos no sistema solo-planta. Fertilidade do solo.

* Orixe, formación e evolución dos solos agrícolas.

* Emendas. Labores. Conservación de solos. Loita contra a erosión.

-A auga:

* A auga do solo. Formas. Movemento. Balance.

* Capacidade de retención. Capacidade de campo. Punto de murchamento. Auga utilizable.

* A evapotranspiración.

* A rega: volume, dotación, frecuencia, duración, caudais.

* Equipos e sistemas de aplicación.

* Fertirrigación.

* A drenaxe agrícola. Tipos.

-Os fertilizantes:

* Funcións xerais dos elementos nutritivos.

* Características e utilización de fertilizantes orgánicos e minerais.

* Técnicas e sistemas de aplicación.

* Emendas: orgánicas e minerais.

* Fertilización de cultivos herbáceos, arbustivos e arbóreos.

* Fertilizantes en hidroponía.

-Botánica:

* Características xerais dos vexetais.

* A célula e os tecidos vexetais.

* Estructura, morfoloxía e fisioloxía de vexetais e fungos.

* Crecemento e desenvolvemento dos vexetais e fungos. Interacción clima-solo-planta.

-Reproducción vexetal:

* Tipos de reproducción.

* A semente. Morfoloxía e fisioloxía. Tipos. Pureza. Poder xerminativo. Estado sanitario.

* Factores internos e externos que inflúen na xerminación das sementes.

* Propagación vexetativa. Tipos.

-O clima:

* Factores que compoñen o clima: temperatura, luz, auga, vento.

* Clasificacións climáticas.

* Microclimas: naturais e artificiais.

* Métodos e aparellos de medida.

-Mantemento e conservación dos sistemas naturais:

* Ecosistemas. Conceptos básicos.

* Tipos de sistemas naturais.

* Espacios naturais protexidos. Características.

* Plans de uso e xestión do medio natural.

* Lexislación medioambiental.

-Medición e planeamento do terreo:

* Unidades de lonxitude, angulares e de superficie.

* Escalas.

* Planimetría e altimetría.

Contidos actitudinais

-O solo:

* Consideración do solo como a base esencial de toda producción agrícola con terra.

* Actitude pescudadora sobre os procesos evolutivos do solo e o seu nivel potencial de fertilidade.

* Autocrítica sobre as formas de utilización do solo nos procesos productivos.

* Sensibilidade pola conservación do solo agrícola e polo mantemento da súa fertilidade.

* Preocupación por pescuda-lo comportamento dos nutrientes no solo.

* Actitude inquisitiva sobre os métodos de mellora das propiedades fisicoquímicas e biolóxicas dun solo.

-A auga:

* Valoración do auga nos solos e o seu papel no desenvolvemento vexetal.

* Consciencia do papel que presenta a auga na composición dos seres vivos.

* Interese por coñece-los balances hídricos dos solos.

* Preocupación pola elección das opcións de rega.

* Actitude crítica sobre o uso da rega na obtención de productos de calidade.

* Sensibilidade na utilización racional da auga de rega.

* Consideración dos cultivos sen solo como posibilidade para utilizar.

* Valoración das drenaxes como forma de mellora da utilización dos solos.

-Os fertilizantes:

* Hábito de control do nivel nutritivo dos solos.

* Interese pola interpretación da analítica dun solo e pola actuación de mellora no seu nivel de nutrientes.

* Hábito de realizar balances de nutrientes para a aplicación adecuada de fertilizantes.

* Consciencia da necesidade de selecciona-lo tipo de fertilizante adecuado.

* Rigor na avaliación de necesidades de emendas minerais e orgánicas.

* Sensibilidade pola posible salinización dos solos como consecuencia de utilización masiva de fertilizantes.

* Preocupación por coñece-los desequilibrios causados nos solos por utilización indiscriminada de métodos de fertilización ou emenda.

* Valora-la necesidade de considera-las formas de nutrición dos vexetais así como as funcións xerais dos elementos nutritivos.

-Botánica:

* Interese por coñece-lo desenvolvemento e ciclo agrícola dos vexetais.

* Valora-la importancia dos coñecementos botánicos na profesión.

* Esforzo por comprende-la interacción clima-solo-planta na obtención de determinados rendementos.

-Reproducción vexetal:

* Valoración do material de reproducción como primeiro condicionante das produccións.

* Preocupación polas condicións de reproducción e pola realización dos coidados posteriores.

-O clima:

* Interese por coñece-la actuación dos factores do clima sobre a producción vexetal.

* Hábito de recollida de datos meteorolóxicos como fonte de análises e interpretación.

* Valoración de mapas meteorolóxicos e climáticos como axuda na planificación de cultivos.

* Valoración das novas tecnoloxías referentes a recollida e transmisión de datos climáticos.

* Preocupación pola defensa do cultivo ante fenómenos meteorolóxicos adversos.

-Mantemento e conservación dos sistemas naturais:

* Sensibilidade cara ó medio natural como una peza básica na conservación do equilibrio nun sistema.

* Espírito crítico na conservación do contorno natural.

* Respecto polas zonas para conservar e consideración delas como o patrimonio cultural dunha rexión.

* Colaboración en propostas sobre a conservación do medio natural nunha zona determinada.

* Preocupación por coñece-los métodos e medios existentes na Comunidade para a utilización do espacio natural.

* Consideración das actividades agrarias como elemento favorecedor ou de risco na conservación do medio natural.

* Consideración da necesidade de mantemento e conservación dos espacios protexidos e a integración das actividades agrarias neles.

-Medición e planeamento do terreo:

* Rigor nas medicións e no uso adecuado das unidades.

* Valoración dos planos como elemento útil para a organización e manexo da explotación.

* Preocupación polo correcto planeamento.

3.3.2. Módulo profesional 10: relacións no equipo de traballo.

Capacidades terminais elementais

* Describi-las diferentes vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instruccións e información.

* Utilizar de maneira eficaz as técnicas de comunicación orais e escritas.

* Analiza-las relacións humanas en xeral e as relacións humanas no ámbito laboral ou relacións laborais en particular.

* Analiza-los conflictos e resolver, no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinan no contorno dun grupo de traballo.

* Integrarse nun equipo de traballo unificando e coordinando as necesidades do grupo nuns obxectivos, políticas e/ou directrices predeterminadas.

* Participar e/ou moderar reunións, colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Impulsa-lo proceso de motivación e analiza-la súa influencia no clima laboral.

-Contidos (duración 55 horas).

Contidos procedementais

-A comunicación na empresa:

* Elaboración de documentos a partir de datos concretos.

* Utilización das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

* Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.

* Identifica-las alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

-Negociación e solución de problemas:

* Identificación dos problemas, factores e causas que xeran un conflicto.

* Discriminar entre datos e opinións.

* Distingui-las diferentes posturas e intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.

* Presentación clara e ordenada do proceso seguido e os resultados obtidos na resolución dun problema.

-Equipos de traballo:

* Busca de información e análise dela, referida á formación e funcionamento de grupos.

* Identificación das pautas de conducta que deben adopta-los participantes dun grupo de traballo.

* Exposición das ideas propias de maneira clara e concisa.

* Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.

* Descrición da tipoloxía de participantes dunha reunión.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.

-Motivación no contorno laboral:

* Analiza-la actitude humana ante o traballo.

* Detecta-lo proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación das diferencias entre as principais teorías sobre a motivación.

* Distingui-los factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo dos que xerarían un clima laboral negativo.

Contidos conceptuais

-A comunicación na empresa:

* Tipos de comunicación.

* Técnicas de comunicación.

* Comunicación oral e escrita de instruccións.

* A mensaxe publicitaria.

* A comunicación como xeradora de comportamentos.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

-Negociación e solución de problemas:

* Concepto e elementos dunha negociación.

* Tácticas negociadoras.

* Proceso de resolución de problemas.

* Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.

-As relacións humanas:

* As relacións humanas: a personalidade, as actitudes, os prexuízos, a solidariedade.

* As relacións laborais: teoría de Taylor, Ford, Mayo.

* As relacións humanas na empresa.

-Equipos de traballo:

* Características dos grupos formais e informais.

* Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.

* Roles dos comportamentos.

* Técnicas de dinamización e dirección de grupos.

* A reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.

-Motivación no contorno laboral:

* Concepto de motivación.

* Principais teorías da motivación.

* O clima laboral.

* O clima laboral e a súa influencia na productividade da empresa.

Contidos actitudinais

-A comunicación na empresa:

* Logra-la práctica da comunicación efectiva.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

* Capacidade para escoitar.

* Afacerse a falar en público.

* Reacción de forma creativa ante as barreiras comunicativas.

-Negociación e solución de problemas:

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Comportamento de maneira responsable e coherente.

* Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considere como máis idónea.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

-Equipos de traballo:

* Recoñece-las vantaxes do traballo en grupo fronte ó individual.

* Adaptarse e integrarse nun equipo de traballo colaborando, dirixindo ou cumprindo as ordes segundo os casos.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

* Fomento do uso de reunións participativas.

-Motivación no contorno laboral:

* Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Interese pola problemática que pode suscita-la falta de motivación e interese no traballo.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes respecto das actividades humanas no mundo laboral.

* Sensibilización ante a necesidade da utilizar sistemas creativos e humanos no contorno de traballo.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración 380 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1Realiza-las operacións previas á implantación.* Planeamento dos elementos constituíntes do xardín sobre o terreo.
* Participación nas operacións de movementos das terras.
* Realizar operacións de roce e limpeza no terreo.

2Realización de pequenas obras e instalacións.* Participación na realización de muretes, camiños, fontes decorativas, pérgolas etc.
* Participación na realización de instalacións eléctricas.
* Execución de instalacións de drenaxe e rega.
* Montaxe e colocación de mobiliario.

3Executar traballos de implantación de elementos vexetais.* Realización de mellora e preparación do solo.
* Realización de plantacións: grandes exemplares, árbores e arbustos, planta de temporada e bulbosas.
* Implantación de céspedes.
* Formación de rocallas.

4Levar a cabo as operacións de conservación primaria para a entrega do xardín.* Reposición de marras.

* Regulación das instalacións de rega.

* Realización de primeiros coidados en céspedes e noutros elementos vexetais.
* Realización de alcorques e recorte de bordos.

5Executa-las operacións de mantemento e mellora do xardín. * Realización de labores de fertilización, rega, poda, loita contra pragas, enfermidades e malas herbas.
* Mantemento de céspedes: segas, aireados, escarificados, recebado.
* Reposición e mantemento de elementos non vexetais.
* Reposición de elementos vexetais.
* Limpeza do xardín.

6Manexar e realiza-lo mantemento de uso en máquinas, equipos e instalacións.* Utilización de máquinas e equipos.

* Revisión e mantemento de instalacións de rega.

7Realiza-las operacións de propagación vexetal.* Preparación de plantas nai.

* Preparación de substratos e medios de cultivo.

* Colleita, preparación e conservación de material vexetal.
* Realización de sementeiras, porbaixas, enxertos e esgallos.
* Realización de operacións de micropropagación.

8Executa-las tarefas de «engorde» de plantas.* Realización de transplantes, posta en testos e plantacións.
* Realización de coidados culturais: poda, entitorado, fertilización, rega e tratamentos fitosanitarios.
* Repicado e preparación de terróns.

9Realizar operacións de clasificación e almacenamento de planta de viveiro para a súa conservación e comercialización.* Clasificación e tipificación, se procede, de plantas.

* Realización de operacións de almacenamento e conservación.

* Preparación e expedición de plantas.

10Realizar tarefas de creación e mantemento de xardíns de interior.* Preparación e mantemento de xardineiras.
* Participación na realización de xardíns de interiores.
* Mantemento de xardíns interiores.

11Realizar composicións florais.* Realización de composicións florais diversas ou ornamentación de interiores, seleccionando os materiais axeitados.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

12Realizar operacións de comercialización.* Participar na elaboración dunha campaña publicitaria de promoción de productos ou servicios.
* Participación na elaboración de escaparates ou expositores de elementos de xardinería.
* Participación no control de almacén e emisión de facturas, albarás e outros documentos relacionados coa xestión administrativa e comercial da empresa.
* Relacións con provedores.
* Atención directa a clientes en centros de xardinería ou florería.

13Comportarse de xeito responsable no centro de traballo e integrarse no sistema de relacións técnico-sociais na empresa.* Realizar un organigrama da estructura da empresa.

* Cubri-los partes de traballo ou outros sistemas de control e análise das actividades da empresa.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se deben seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Analiza-la evolución socio-económica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Contidos (duración 55 horas).

Contidos procedementais

-Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

-Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

-Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

-O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

-Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

-Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

-Orientación e inserción socio-laboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

-O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado.

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de xardinería.

Módulo profesional

Especialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión dunha explotación agraria familiarProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

2Implantación de xardíns e zonas verdesOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

3Conservación e mellora de xardíns e zonas verdesOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

4Producción de plantasOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

5Métodos de control fitosanitarioProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

6Instalacións agrariasOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

7Mecanización agrariaOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

Módulo profesional

Especialidade

do profesorado

Corpo

8Xardinería de interiores e arranxos floraisOperacións e equipos de producción agrariaProfesor técnico de FP

9AgrotecnoloxíaProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

10Relacións no equipo de traballoFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

11Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacioandas no presente decreto.

Materias

Especialidade

do profesorado

Corpo

Bioloxía e xeoloxíaProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

Ciencias da terra e do medio ambienteProcesos de producción agrariaProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes a efectos de docencia.

As titulacións declaradas equivalentes, a efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes a efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos de producción agraria

-Enxeñeiro técnico agrícola, en tódalas súas especialidades-Enxeñeiro técnico forestal, en tódalas súas especialidades

Formación e orientación laboral

-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de xardinería require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m20%

Laboratorio de análises90 m60 m25%

Taller agrario150 m120 m15%

Superficie de viveiro e xardín (1)1 ha1 ha40%

(1) Espacio singular non necesariamente situado no centro docente.

-A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

-O «grao de utilización» expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

-Na marxe permitida polo «grao de utilización», os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos ou outras etapas educativas.

-En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

-Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias.

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Organización e xestión dunha explotación agraria familiar.

* Conservación e mellora de xardíns e zonas verdes.

* Producción de plantas.

* Instalacións agrarias.

* Mecanización agraria.

* Métodos de control fitosanitario.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Conservación e mellora de xardíns e zonas verdes.

* Producción de plantas.

* Instalacións agrarias.

* Mecanización agraria.

* Métodos de control fitosanitario.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria.

-Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

215Implantación de xardíns e zonas verdes

215Producción de plantas

Horas totaisDenominación dos módulos

215Mecanización agraria

185Agrotecnoloxía

55Relacións no equipo de traballo

4º, 5º e 6º trimestre

110Organización e xestión dunha explotación agraria familiar

145Conservación e mellora de xardíns e zonas verdes

130Métodos de control fitosanitario

110Instalacións agrarias

110Xardinería de interiores e arranxos florais

55Formación e orientación laboral

380Formación en centros de traballo

-As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 75 que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.