Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.825

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/343-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Marzán de Arriba.

Situación: Vedra.

Características técnicas: acometida eléctrica liña aérea de media tensión, a 20 kV, de 10 m de lonxitude, que deriva da liña que alimenta o C.T. Fufín e remate no C.T. Marzán de Arriba, que se vai a instalar. Centro de transformación, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Marzán de Arriba, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón, conductor R.Z. de 920 m de lonxitude. Vedra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, na que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 2 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña