Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: C.T., R.B.T. Aldea de Abaixo e Folgoso.
Situación: Abegondo.
Descricións técnicas: ampliación de potencia a 100 kVA C.T. Folgoso. Reforma rede de baixa tensión do C.T. Folgoso nunha lonxitude de 908 m en conductor R.Z. concello de Abegondo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 3 de marzo de 1999.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña