Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T. de Zorelle, concello de Maceda. (Expediente IN407A 98/124-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eletrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, en nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación a este expediente segundo o que establece a disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentaron alegacións os titulares dos predios nº 38; 43 e 54; 48 e 61; 62, 63 e 64 da relación de afectados por non estar de acordo coa traza. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que en cada caso se lle notifican ó afectado en escrito á parte, e que non se trancriben nesta resolución para evitar repeticións.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nesta non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren repectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de atuonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966 resolvo,

1º Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos: L.M.T. a C.T. de Zorelle aérea a 20 kV de 126 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe nun apoio que se vai substituír da L.M.T. Vilarello-Bustavalle e remate no C.T. existente en caseta de Zorelle.

L.M.T. de enclace Casonel-Calvelo aérea a 20 kV de 1.221 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe nun apoio nº 7 da L.M.T. ó C.T. de Casonel e remate no apoio nº 8 da L.M.T. ó C.T. de Calvelo.

2º Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos deritos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

3º Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 30 de xuño de 1998, que se publicou no DOG do 21-8-1998, no BOP de Ourense do 20 de agosto e no xornal diario La Región do 17 de xullo.

Esta resolución non é definitiva en vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 1 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2323