Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1999 pola que se lle concede á empresa Centro de Estudios Profesionales Aros C.B. a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a solicitude presentada por Alberto Martínez de Anta en representación do Centro de Estudios Profesionales Aros C.B. e a documentación anexa, na que se solicita se lle conceda a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria.

Vista a instrucción técnica complementaria ITE-11 do Regulamento de instalacións térmicas nos edificios (RITE) aprobada por R.D. 1751/1998, do 31 de xullo (BOE do 5 de agosto), pola que se establecen especialidades dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria e se fixa o número mínimo de horas para desenvolve-los programas dos cursos teóricos e de coñecementos específicos para a súa obtención.

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos.

A Dirección Xeral de Industria

RESOLVE:

Concederlle ó Centro de Estudios Profesionales Aros C.B. a cualificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos teórico-prácticos para a obtención dos carnés profesionais de instalador e mantedor-reparador de instalacións de calefacción, climatización e auga quente sanitaria, no ámbito da provincia da Coruña.

A duración dos cursos en número de horas axustarase ó disposto na ITE-11 do R.D. 1751/1998, do 31 de xullo.

Para imparti-los cursos, deberáselle comunicar á Dirección Xeral de Industria e á Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña o programa, profesorado, lugar, horario e exames, co fin de realiza-lo control correspondente.

Esta autorización deberá renovarse ós dous anos, para o que deberá acreditar ante esta Dirección Xeral de Industria o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 1999.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria