Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/173-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Cados 99, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 43-entreplanta, 32003 Ourense.

Denominación: Interconex. Grupo Autox. da C.H. río Cadós coa L.M.T. de Unión Eléctrica- Fenosa, S.A.

Situación: Bande.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 438 metros de lonxitude en conductor LA-30 para interconecta-la central hidroeléctrica do río Cadós coa liña «conchas-Celanova» propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 26 de xaneiro de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense