Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7035; XG-409, entre Riotorto e Lugo, con anexos, por substitución e unificación das concesións: V-1184; XG-070, de Lugo á Patoriza, con anexos, e V-3266; XG-364, de Cadavedo a Lugo, con anexos.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, mediante Orde do 11 de febreiro de 1999, resolveu outorgalle, con carácter definitivo, á empresa Autocares Darriba, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7035; XG-409, entre Riotorto e Lugo, con anexos, por substitución e unificación das concesións: V-1184; XG-070, de Lugo á Pastoriza, con anexos, e V-3266; XG-364, de Cadavedo a Lugo, con anexos, de acordo entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

Riotorto, Santa Marta, Torre, O Vilar, Bretoña, A Pastoriza, Santiago de Reigosa, Pacios, encrucillada de Xesto, Castro de Rei, encrucillada Santa Leocadia, Quintela, encrucillada Castro de Ribeiras de Lea, Castro de Ribeiras de Lea, As Rozas, empalme N-640/As Rozas, Teixeiro, Rubiás, Muxa e Lugo.

Pacios, Cubelo, Piñeiro, Prevesos e Castro de Rei.

Castro de Rei, Azumara, Ramil e Reguntille.

Encrucillada Santa Leocadia, Goberno, Ansemar, Loentia e Castro Riberias de Lea.

Loentia, Bouzaboa, Vale, Lombas, Grueiro, Mondriz, Grandavela, Quintela, Ourizón, Canaval e empalme de Rozas.

Cadavelo, Lagoa, Loboso, San Vicente de Reigosa, Vereda, Muimenta, Outeiro, Bazar e Quintela.

Muimenta, Panciegas, Pumar, Oroxe, Sexán, Monelos, Xustás e encrucillada Castro de Ribeiras de Lea.

Oroxe, Bazar, Sandamil e Castro de Rei.

2. Prohibicións de tráfico.

De Reguntille para Lugo, e viceversa.

De e entre A Pastoriza e Bretoña, puntos intermedios e viceversa.

De e entre Muimenta e Outeiro, puntos intermedios e viceversa.

De e entre Xustás e a encrucillada de Castro de Ribeiras de Lea, puntos intermedios e viceversa.

Do tramo Xustás-encrucillada de Castro de Ribeiras de Lea para Muimenta, e viceversa.

De Grueiro e Mondríz, a calquera punto do tramo empalme N-640/As Rozas-Lugo, e viceversa.

3. Expedicións e calendario.

Riotorto-encrucillada de Xesto-Castro de Rei-Quintela-encrucillada de Castro de Ribeiras de Lea-Lugo (52,9 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

A Pastoriza-encrucillada de Xesto-Castro de Rei-Quintela-encrucillada Castro de Ribeiras de Lea-Lugo (39,9 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a sábado laborables.

Unha expedición de ida e volta os domingos e festivos.

Pacios-Cubelo-Prevesos (con entrada en lanzadeira a Reguntille)-Castro de Rei (21 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Cadavedo-Outeiro-Bazar-Goberno-Castro de Ribeiras de Lea-Lugo (59,3 km).

Dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborables.

Unha expedición de ida e volta os sábados, domingos e festivos.

Loentia-Grueiro-Mondriz-Rozas (11,6 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Muimenta-Panaciegos-Pumar-Lugo (33,5 km).

Unha expedición de ida e volta os días laborables.

Oroxe-Bazar-Castro de Rei (6 km).

Unha expedición de ida e volta de luns a venres laborables.

Lugo-Rozas-Castro de Ribeiras de Lea-encrucillada Castro de Ribeiras de Lea (20 km).

Unha expedición de ida os días lectivos do 15 de setembro ó 30 de xuño.

Unha expedición de volta de luns a venres laborables.

4. Tarifas.

Tarifa aplicable:

Tarifa particípe por viaxeiro/km: 9,0869 pesetas.

Tarifa usuario: 9,7230 pesetas.

Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,3630 pesetas.

Contra o citado acto administrativo, definitivo en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes