Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Asistencia técnica para o seguimento, vixilancia e control ambiental de obras conforme o Decreto 442/1990, Decreto 327/1991 e a Lei 1/1995, de protección ambiental para Galicia.

Adxudicatario: Ambiotec, S.L.

Orzamento: 17.293.651 ptas.

Asistencia técnica actuación en Santiago de Compostela, saída de Noia.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 4.346.880 ptas.

Asistencia técnica acondicionamento itinerario G-108. Treitos AC-412 Carballo-A Silva, AC-413 A Silva-Ordes e AC-224 Ordes A9.

Adxudicatario: Proyectos y Obras de Galicia, S.L.

Orzamento: 19.369.773 ptas.

Asistencia técnica acondicionamento da estrada PO-201 Silleda-Laro.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 7.077.849 ptas.

Asistencia técnica de construcción, incluído cartografía da obra de acondicionamento da estrada OU-301. Treito: Ponteliñares-Ganade.

Adxudicatario: Idasa.

Orzamento:7.197.406 ptas.

Asistencia técnica ó estudio informativo, avaliación ambiental e proxecto de construcción, incluído cartografía da estrada de enlace N-540 Ponteliñares e conexión con Muíños.

Adxudicatario: Ciesa.

Orzamento:12.202.736 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de construcción incluído cartografía da obra de acondicionamento da estrada AC-401. Treito: Cerceda-A Silva.

Adxudicatario: Inor, S.L.

Orzamento: 6.380.899 ptas.

Asistencia técnica para a redacción de cartografía: voo, apoio e restitución, escala 1/1000 con ancho de banda de 400 m. Treito: AC-214 N-VI Guísamo-Cambre e AC-220 Cambre N-550 Sigrás.

Adxudicatario: Toponort, S.A.

Orzamento: 1.400.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público ós efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 1999.

P.D. (Orde do 13 de decembro de 1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e VIvenda