Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.820

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (324/1998-M).

En cumprimento do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, Ángel Pantín Reigada, en providencia dictada no día da data, no xuízo de faltas número 324/1998-M, tramitado por ameazas, cítese a Mª Victoria Arcos Fernández, que se encontra en paradoiro descoñecido, para o vindeiro día 4 de xuño, ás 13.30 horas, co fin de que compareza en calidade de denunciante, perante a sala de audiencia número 4 deste xulgado, sita na 1ª planta do Pazo de Xustiza das Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que se non comparece recaerán sobre ela os prexuízos ós que haxa lugar en dereito e de que deberá ir provista do DNI e dos medios de proba dos que tente valerse.

En Santiago de Compostela o 15 de marzo de 1999.

A secretaria

Rubricado