Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.820

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (25/1999-10).

Eu, F. Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 25/1999-10 por instancia do axente da Garda Civil número 32.652.277 contra Jesús Aguión Barreiro nas actuacións do cal, en resolución desta data, acordou citar a Jesús Aguión Barreiro co fin de que o día vintenove de abril, ás dez e corenta horas, compareza perante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciado, apercibíndoo de que no caso de non verificalo recaerá sobre el o prexuízo ó que houbese lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas das que tente valerse.

E para que conste e lle sirva de citación a Jesús Aguión Barreiro, expido e asino en Santiago de Compostela o nove de marzo de mil novecentos noventa e nove.

O maxistrado-xuíz

Rubricado