Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 06 de abril de 1999 Páx. 3.819

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de citación (55/1998-B).

Por telo acordado en resolución do día da data, cítanse as persoas que logo se dirá, para que comparezan na sala de audiencia do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, sito na Praza do Concello, primeiro piso, o vindeiro 24 de maio ás 11.20 horas, co obxecto de asistiren ó correspondente xuízo sobre lesións no concepto que se dirá, facéndolles saber que poden ser asistidos de avogado e que deberán comparecer cos medios de proba dos que tenten valerse e advertíndoos de que se deixasen de asistir, sen acreditar xusta causa, poderán ser multados. O presunto culpable, que reside fóra da circunscrición do xulgado competente, non terá obriga de acudir ó acto do xuízo e poderá dirixir ó xulgado escrito alegando o que considere conveniente na súa defensa e apoderar persoa que presente naquel acto as probas de descargo que tivese, segundo establece o artigo 281.3º da Lei orgánica do poder xudicial.

Denunciado:

Manuel Pereiro Castiñeira, con domicilio: en paradoiro descoñecido.

En Carballo o 1 de febreiro de 1999.

O secretario

Rubricado