Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

Aprobado o prego de cláusulas administrativas particulares para a prestación do servicio de instalación e retirada do balizamento protector nas praias de Silgar, Canelas, Panadeira e Caneliñas, exponse a información pública polo prazo de 8 días para efectos de reclamacións. Así mesmo, anúnciase a convocatoria de concurso para a contratación do devandito servicio.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Sanxenxo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Obras Municipais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: instalación e retirada do balizamento protector nas praias de Silgar, Canelas, Panadeira e Caneliñas.

b) Lugares de execución: os devanditos.

c) Prazo de execución: 15 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 2.000.000 de pesetas.

5. Garantías.

Provisoria: 40.000 pesetas.

Definitiva: 80.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

Sección de Obras Municipais do Concello de Sanxenxo-Rúa Consistorio, 4-6, 36960 Sanxenxo

(Pontevedra). Tfno. 986 72 00 75-76. Fax: 986 72 10 22.

Data límite para solicitar documentos e información: o día en que finalice o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros: acreditar solvencia económica e técnica.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite: a que resulte de contar 26 días naturais desde o seguinte á última publicación deste anuncio, sexa no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a descrita no respectivo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Concello de Sanxenxo (ver punto 6).

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade e domicilio: ver punto 6.

b) Data: no quinto día seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

Criterios de adxudicación: cláusula 14 do prego respectivo.

11. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Sanxenxo, 9 de marzo de 1999.

José A. Aguín Uhía

Alcalde en funcións