Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria celebrada o 16 de marzo de 1999, acordou aprobar inicialmente o proxecto de modificación volumétrica nas normas subsidiarias de planeamento de Sarria (A4).

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a derradeira publicación no Diario Oficial de Galicia, BOP ou nun diario de maior circulación na provincia, durante o cal os interesados poderán consulta-lo expediente na secretaría do concello e formular, por escrito, as alegacións que xulguen oportunas.

Sen prexuízo do establecido no artigo 34 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, da do solo de Galicia, tendo en conta que a modificación que se propón é máis permisiva cá actualmente vixente, de conformidade co disposto no artigo 120.1º do Regulamento de planeamento, poderán concederse licencias que, res

pectando o planeamento vixente, non vulneren as determinacións da modificación proposta.

Sarria, 22 de marzo de 1999.

Arturo Corral Guitián

Alcalde