Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.758

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, en sesión que tivo lugar o día 21 de decembro de 1998, rectificada na sesión que tivo lugar o 8 de marzo de 1999, aprobou inicialmente a modificación do estudio de detalle do Burgo das Nacións, promovido pola Unidade Técnica da Universidade de Santiago de Compostela.

O ámbito da actuación está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: Avenida de Castelao.

Sueste: Avenida do Burgo das Nacións.

Oeste: Colexio Maior Xelmírez e terreos que lindan con fronte á rúa de Vista Alegre.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial da modificación do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación, sen prexuízo da concesión daquelas que, baseadas no estudio de detalle vixente, non incumpran as determinacións do proxecto de modificación.

Contra o acto de suspensión de licencias, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza ou, de se-lo caso, Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1999.

O alcalde

Rubricado