Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Resolución do Concello de Sada pola que se anuncia a adxudicación mediante concesión administrativa, polo procedemento aberto e concurso, do servicio de xardinería no termo municipal de Sada.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la xestión indirecta por concesión do servicio anteriormente mencionado, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a concesión administrativa do servicio público de xardinería do termo municipal de Sada.

2. Duración do contrato: será de dez anos contados a partir da data de notificación do acordo de adxudicacion, e poderá ser prorrogado por anualidades sucesivas.

3. Tipo de licitación: non se fixa tipo de licitación. Non se admiten variantes.

4. Pagamento: o pagamento do prezo de adxudicación farase efectivo con cargo á partida do orzamento en vigor.

5. Publicidade do prego de cláusulas administrativas particulares: estará de manifesto tódolos días hábiles na secretaría do concello.

6. Garantía provisional: será de 500.000 pesetas.

7. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes á publicación deste anuncio no BOP, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

8. Garantía definitiva: o 4% do importe da adxudicación.

9. Presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións.

11. Modelo de proposición: o recollido no prego de cláusulas.

Sada, 8 de marzo de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde