Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Xunta de Compensación o día 15-3-1999 o proxecto de compensación da U.E. «A» do plan parcial do sector residencial de alta densidade de contacto coas Brañas (SAU-2) redactado polo arquitecto Gonzalo Serantes Conchado, exponse ó público polo prazo de vinte días contados a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no DOG, quedando o expediente á disposición de calquera persoa física ou xurídica que queira examinalo na secretaría do concello para formular alegacións.

Sada, 23 de marzo de 1999.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde