Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIANXO

ANUNCIO.

Anúnciase a contratación da obra que a continuación se indica, polo sistema de poxa con procedemento aberto e trámite de urxencia.

1. Saneamento Soigrexa, 2ª fase.

Orzamento de licitación: 7.036.399 pesetas.

2. Pregos de tipos de cláusulas administrativas particulares.

a) Serán as vixentes para a contratación, mediante poxa, con procedemento aberto, das obras comprendidas nos plans de obras e servicios e outras obras provinciais da Deputación Provincial da Coruña (BOP nº 282, do 9-12-1996).

b) Fianza provisional: 2% do prezo de licitación.

3. Presentación de proposicións.

Durante os 13 días naturais seguintes á publicación deste anuncio no último diario oficial no que se publique (DOG ou BOP), no rexistro da corporación en horario de oficina de 9 a 14 horas, de luns a venres.

4. Apertura de proposicións.

Terá lugar as 13.30 horas do terceiro día hábil seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións (se coincide con sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte).

5. Modelo de proposicións e documentación.

O recollido nos artigos 12 a 14 do prego mencionado (BOP do 9-12-1996).

Este anuncio será por conta do adxudicatario.

Rianxo, 22 de marzo de 1999.

Pedro Piñeiro Hermida

Alcalde