Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación para a adxudicación, mediante concurso, da xestión indirecta dos servicios públicos de recollida de residuos sólidos urbanos, recollida selectiva en orixe, limpeza viaria, desratización, desinsectación e desinfección e limpeza das dependencias municipais, mediante concesión.

1. Entidade adxudicadora: concello de Pontevedra, Praza de España s/n, 36071 Pontevedra.

A) Órgano de contratación: Pleno da Corporación.

Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

A) Descrición do obxecto: xestión indirecta dos servicios públicos de recollida de residuos sólidos urbanos, recollida selectiva en orixe, limpeza viaria, desratización, desinsectación e desinfección e limpeza das dependencias municipais, mediante concesión.

B) Duración da concesión: a concesión outórgase por un prazo de doce anos (12), computados desde a formalización do contrato en documento administrativo, prorrogable por períodos de seis(6)anos ata o máximo legal de 50 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Orzamento e canon anual do contrato: o canon anual revisable pola realización dos servicios ascende a 537.000.000 de ptas. IVE incluído.

5. Garantías: provisional: 10.740.000 ptas. Definitiva: 21.480.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

A) Lugar: Unidade de Contratación e Patrimonio do Concello de Pontevedra. Praza de España s/n. Pontevedra 36071. Teléfono: 986 80 43 00. Telefax: 986 86 01 02.

B) Data límite de obtención de documentos e información: corenta (40) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

7. Presentación das ofertas:

A) Data límite de presentación: corenta días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

B) Documentación que hai que presentar: cláusula II.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

C) Lugar da presentación: rexistro xeral do Concello de Pontevedra, en horario dás 9 ás 13 horas.

8. Constitución da mesa de contratación e apertura de proposicións: cláusula II. 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Criterios de adxudicación: os criterios básicos que se terán en conta para a adxudicación do contrato, e dos que a importancia para a Administración vén determinada pola orde de enumeración, son os seguintes:

Establécense 120 puntos.

-Plan de organización do servicio: 40 puntos.

-Calidade do estudio técnico: 15 puntos.

-Persoal: 10 puntos.

-Medios materiais: 10 puntos.

-Instalacións fixas: 5 puntos.

-Oferta económica: 35 puntos.

-Calidade e coherencia do estudio económico: 25 puntos.

-Melloras: 15 puntos.

-Plan de control de calidade: 5 puntos.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes gastos:

1. Os dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

2. Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE.

3. Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa.

Aprazamento do acto de apertura de proposicións: sometido o expediente e pregos reguladores da concesión a información pública mediante inserción de anuncio no BOP de Pontevedra polo período de trinta días hábiles para efectos de reclamacións, advírteselles ás empresas licitadoras que o acto de apertura de proposicións poderá aprazarse no suposto de que se presenten reclamacións ata a súa reso

lución polo Pleno da Corporación, en todo caso, antes do vencemento do prazo para a adxudicación do concurso.

Pontevedra, 26 de marzo do 1999.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario Xeral