Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello aprobou o día 26 de febreiro de 1999 os pregos de condicións que rexerán o procedemento aberto, ordinario e por concurso, para a xestión, explotación e mantemento do albergue da Penalba.

Anúnciase simultaneamente o concurso, se ben se aprazará cando resulte necesario, de se presentaren reclamacións.

-Canon: non se sinala. Ofrecerano os licitadores.

-Garantías: provisionais: 250.000 pesetas.

Definitivas: 500.000 pesetas.

-Presentación plicas: nos 26 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG (contados desde a última publicación). Horario, das 9 ás 14 horas, de luns a venres, no rexistro do concello.

-Apertura de ofertas: o cuarto día hábil seguinte á apertura dos sobres A, en sesión pública, na casa do concello, ás 12 horas.

Nogueira de Ramuín, 4 de marzo de 1999.

Antolín Gómez Martínez

Alcalde