O Pleno do Concello aprobou o día 26 de febreiro de 1999 o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto mediante concurso, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración de gasóleo A e C. As unidades están fixadas no prego de condicións. A entrega realízase no Concello de Nogueira de Ramuín.
Anúnciase simultaneamente o concurso, se ben se aprazará cando resulte necesario, de se presentaren reclamacións.
-Prezo: ofértao o licitador por litro de subministración.
-Garantías: provisional: 100.000 pesetas.
Definitivas: 200.000 pesetas.
-Presentación de plicas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG (contados desde a última publicación), horario: das 9 ás 14 horas, de luns a venres, no rexistro do concello.
-Apertura de ofertas: o cuarto día hábil seguinte á apertura dos sobres B, en sesión pública na casa do concello, ás 12 horas.
Nogueira de Ramuín, 4 de marzo de 1999.
Antolín Gómez Martínez
Alcalde