Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

O Pleno do Concello aprobou o día 26 de febreiro de 1999 o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración de material de fontanería, eletricidade e construcción. As unidades están fixadas no prego de condicións. A entrega realízase no Concello de Nogueira de Ramuín.

Anúnciase simultaneamente o concurso, se ben se aprazará cando resulte necesario, de se presentaren reclamacións.

-Prezo: ofértao o licitador.

-Garantías: provisional: 100.000 pesetas.

Definitiva: 200.000 pesetas.

-Presentación de plicas: nos trece días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG (contados desde a última publicación), horario: de 9 ás 14 horas de luns a venres, no rexistro do concello.

-Apertura de ofertas: o cuarto día hábil á apertura dos sobres B, en sesión pública na casa do concello, ás 12 horas.

Nogueira de Ramuín, 4 de marzo de 1999.

Antolín Gómez Martínez

Alcalde