Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de licitación da conservación da rede de iluminación e das instalacións eléctricas dos edificios públicos municipais.

1. O Concello de Muros convoca licitación pública para a adxudicación por procedemento aberto mediante concurso do contrato de conservación da rede de iluminación e das instalacións eléctricas das edificacións públicas municipais, que ten un tipo de licitación de 4.408.000 ptas./26.492,61 euros por ano de servicio.

2. O período de vixencia do contrato é de catro anos e a data prevista para a iniciación do servicio é o 1º de xuño de 1999.

3. O prego de cláusulas cos seus anexos e o modelo de proposición están ó dispor dos interesados nas oficinas do Concello de Muros, Curro da Praza nº 1, 15250 Muros (A Coruña).

4. A garantía provisional é de 88.160 ptas.

5. Non se esixe clasificación. A solvencia económica, financeira e técnica das empresas licitadoras acreditarase por calquera dos medios ós que se refiren os artigos 16 e 17 da LCAP.

6. O prazo de presentación de proposicións é o de trece días naturais contados desde a publicación do anuncio no BOP e no DOG. As proposicións presentaranse en sobre pechado de 8.30 a 14.30 horas e o lugar de presentación é o rexistro xeral do Concello de Muros.

7. A apertura do sobre «B» das proposicións admitidas terá lugar en acto público na casa do concello no quinto día hábil seguinte ó do remate da presentación de propostas, ás 13 horas.

Muros, 8 de febreiro de 1999.

Celestino Formoso Vidal

Alcalde