Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.747

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de cafetería-bar-comedor do novo Hospital Clínico de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto. (Expediente 8/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: servicio de cafetería-bar-comedor do novo Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Canon mínimo: fíxase un canon fixo mínimo total (para quince anos de contrato) de 27.000.000 de ptas. (vintesete millóns de pesetas), IVE incluído, ou 162.273,268 euros (cento sesenta e dous mil douscentos setenta e tres con douscentos sesenta e oito euros), IVE incluído.

Fianzas:

a) Provisional: 250.000 ptas. (1.502,530 euros).

b) Definitiva: 500.000 ptas. (3.005,060 euros).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: a duración deste contrato será de quince anos, contados desde o día 1 de maio de 1999 ou data da sinatura se esta fose posterior, podendo ser prorrogado, por períodos bianuais, na forma establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: admitiranse variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditaranse por calquera dos medios do artigo 16 da LCAP.

Solvencia técnica: acreditaranse por calquera dos medios do artigo 19 da LCAP.

Criterios de adxudicación:

Valor do canon de explotación, en ptas./ano ofertado: ata un máximo de 25 puntos.

Orzamento económico da obra, cos seus prezos unitarios: ata un máximo de 15 puntos.

Lista de prezos da cafetería de público: ata un máximo de 25 puntos.

Lista de prezos da cafetería de persoal: ata un máximo de 25 puntos.

Táboa de amortización anual do investimento: ata un máximo de 5 puntos.

Documentación da estructura organizativa e Plan de xestión de calidade do servicio: ata un máximo de 2 puntos.

Outras melloras adicionais: ata un máximo de 3 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n, 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n, 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela