Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de tenda para o novo Hospital Clínico de Santiago de Compostela, mediante procedemento aberto. (Expediente 9/1999).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG do 11 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto: servicio de tenda para o novo Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Canon mínimo: fíxase un canon mínimo total (para catro anos) de 3.120.000 ptas. (tres millóns cento vinte mil pesetas), IVE incluído, ou 18.751,577 euros (dezaoito mil setecentas cincuenta e un con cincocentos setenta e sete euros), IVE incluído.

Fianzas:

a) Provisional: 50.000 ptas. (300,506 euros).

b) Definitiva: 200.000 ptas. (1.202,024 euros).

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37, respectivamente, da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

Prazo de execución: a duración deste contrato será de catro anos, contados desde o día 1 de maio de 1999 ou data da sinatura se esta fose posterior. O contrato poderá prorrogarse, antes da súa finalización, por períodos bianuais, por mutuo acordo de ámbalas partes, na forma establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: admitiranse variantes.

Solvencia económica e financeira: acreditaranse por calquera dos medios do artigo 16 da LCAP.

Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios do artigo 19 da LCAP.

Criterios de adxudicación:

Canon da explotación que propón o concursante: ata un máximo de 2 puntos.

Calidade do proxecto técnico das obras de acondicionamento e o prazo de execución: ata un máximo de 2 puntos.

Prezo ofertado de productos de venda ó público (Vid. anexo II): ata un máximo de 3 puntos.

Melloras adicionais: ata un máximo de 3 puntos.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n, 15705 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Xeral de Galicia, rúa Galeras s/n, 15705 Santiago de Compostela, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o devandito día coincida en festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Xeral de Galicia ás 10 horas do décimo sexto día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1999.

Manuel Ariza López

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Santiago de Compostela