Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.746

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 1999, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 1DP/99, polo procedemento aberto, para a contratación dun servicio para transportar mostras analíticas entre os centros de saúde e os laboratorios do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, o Complexo Hospitalario Juan Canalejo da Coruña e o Hospital Gil Casares de Santiago de Compostela.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21-4-1998, do conselleiro de Sanidade e Servicios

Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público, polo procedemento, aberto, para a contratación dun servicio para transportar mostras analíticas entre os centros de saúde e os laboratorios do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, o Complexo Hospitalario Juan Canalejo da Coruña e o Hospital Gil Casares de Santiago de Compostela.

Servicio: transporte de mostras analíticas.

Orzamento: 6.744.483 ptas., IVE incluído (40.535,159 euros).

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

Prazo de execución: desde o 1-4-1999 ata o 31-12-1999.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de CAP e no prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no punto 6.2 da folla de especificacións.

Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares e folla de especificacións.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame, na Dirección Provincial do Sergas da Coruña r/ Durán Loriga, nº 3, 4ª planta, tódolos días laborables, agás os sábados, desde as 9 h ata as 14 h.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, antes das 14 h do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 981 18 56 78 ou telegrama no mesmo día, de conformidade co establecido no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, a partir das 10 h do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado

ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio deste concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.

A Coruña, 5 de marzo de 1999.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña