Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de residuos sólidos urbanos 98/0057.

De conformidade con disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción administrativa á Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos (DOG nº 168, do 2 de setembro), por non ser posible a súa notificación.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó conselleiro de Medio Ambiente, para resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 3 de marzo de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: R-98/0057.

Denunciado: Juan Giménez Heredia.

DNI: 04.165.630.

Último enderezo coñecido: Avda. Juan Carlos I, 60. Talavera de la Reina. (Toledo).

Feito denunciado: abandono de vehículo da súa propiedade.

Tipificación Lei de residuos sólidos urbanos:

Artigo: 37.2º.1.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 250.001 ptas. multa.