De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres (BOE nº 74, do 28), por non ser posible a súa notificación.
O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-lo impreso normalizado que lles será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.
De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno.
Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do procedemento.
O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).
A Coruña, 1 de marzo de 1999.
Rogelio Aramburu Núñez
Delegado provincial da Coruña
ANEXO
Expediente: 98/008.
Denunciado: García Vázquez, Mario J.
DNI: 32.768.368.
Último enderezo coñecido: Avda. Monelos, Torre 4-2º C. A Coruña.
Feito denunciado: acampar nun espacio protexido.
Tipificación Regulamento de CEN:
Artigo: 38.3º.
Cualificación: leve.
Sanción proposta: 15.000 ptas.
Expediente: 98/016.
Denunciado: Pinto Palma, Juan.
DNI: 33.277.847
Último enderezo coñecido: Avda. dos Mallos, 100-2º Esq. A Coruña.
Feito denunciado: circular por zona prohibida.
Tipificación Regulamento de CEN:
Artigo: 38.13º.
Cualificación: leve.
Sanción proposta: 15.000 ptas.