Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de residuos sólidos urbanos 98/0195 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-los acordos de iniciación dos procedementos sancionadores por infracción administrativa da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia (DOG nº 168, do 2 de setembro), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Ana Mª Díaz López, funcionaria desta delegación, e poderase promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administativo común.

A resolución será acordada polo conselleiro de Medio Ambiente, segundo o artigo 43 da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos, e para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos, así como para recusación da persoa designada como instructora, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Ó abeiro do disposto no artigo 8.2º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, cando a sanción teña carácter pecuniario, o pagamento voluntario polo imputado en calquera momento anterior á resolución, porá fin ó expediente. Para efectualo, deberán emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, Lei 30/1992, do 26 de novembro, e co establecido no R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

A Coruña, 3 de marzo de 1999.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: R-98/0195.

Denunciado: Jesús Ferreiro Andón.

DNI: 33.828.407.

Último enderezo coñecido: Conchiñas, 4. A Coruña.

Feitos denunciados: abandono dun vehículo da súa propiedade.

Tipificación Lei de residuos sólidos urbanos:

Artigo: 37.2º.1.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 250.001 ptas.

Expediente: R-98/0238.

Denunciado: Plácido J. Pérez Lodeiro.

DNI: 33.794.734.

Último enderezo coñecido: A Paz, 10. Lugo.

Feitos denunciados: abandono dun vehículo da súa propiedade.

Tipificación Lei de residuos sólidos urbanos:

Artigo: 37.2º.1.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 250.001 ptas.

Expediente: R-98/0240.

Denunciado: Alonso Martínez Alfonso.

DNI: 71.870.221.

Último enderezo coñecido: Alameda, 55. Figueras-Castropol-Oviedo (Asturias).

Feitos denunciados: abandono dun vehículo da súa propiedade.

Tipificación Lei de residuos sólidos urbanos:

Artigo: 37.2º.1.

Cualificación: grave.

Sanción proposta: 250.001 ptas.