Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/13-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: Desvío liñas eléctricas por estrada Lentellais-O Bolo.

Situación: O Bolo.

Descricións técnicas: debido ó alargamento da estrada Lentellais-O Bolo desvíase a L.M.T. aérea Vao-O Bolo, da que se derivará unha L.M.T. subterránea de 130 metros ata o C.T. prefabricado pé de poste con 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V que tamén se traslada, conexión da R.B.T. existente co dito transformador.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 3 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense