Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 1999, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización das instalacións da rede de distribución de gas natural Vigo-O Porriño, addenda III, promovido pola empresa Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa a Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública o proxecto da rede de distri

bución de gas natural Vigo-O Porriño, addenda III, declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Enagás, S.A., con enderezo en Avda. de América, nº 38 (CP 28028), Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais do Porriño, Mos e Vigo, entre outros.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto das instalacións da rede de distribución de gas natural Vigo-O Porriño, addenda III.

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións: as variantes realizadas afectan ós termos municipais de Vigo e Mos, e son as que se expoñen a continuación:

Termo municipal de Vigo.

Desde o vértice V-V-86 da rede existente, a conducción atravesa primeiro a Avda. Alcalde Portanet e, a continuación, a estrada C-550 para tomar paralelismo co río Lagares pola súa marxe esquerda.

O dito paralelismo mantense ata chegar ó cruzamento do río coa estrada PO-325 ou Avda. de Ricardo Mella, onde a conducción vira á esquerda, discorrendo agora en paralelo á citada estrada PO-325, ata chegar ó punto onde comeza o camiño de acceso á empresa Envases Carnaud, onde se deixarán dúas arquetas para acometida ás industrias Envases Carnaud e Artiscar, respectivamente, e co que se dá por rematada a variante do trazado orixinal paralelo á estrada C-550.

Antes do punto de acometida dobre, realizarase unha derivación da conducción, que cruzará a estrada PO-325, á altura da estrada que conduce á praia de Samil, deixando unha arqueta de válvula e un cap en previsión de futuras ampliacións da rede.

Desde o vértice V-V-86, inicio da variante, realizarase unha acometida á industria Indugasa, que discorrerá na súa totalidade pola estrada que bordea a dita industria e en terreos competencia do Consorcio da Zona Franca.

Para rematar, a uns 1.300 m do inicio do paralelismo co río Lagares (V-V-95), realizarase unha acometida cun trazado que cruza o río, e o camiño de Caramuxo ata chegar á empresa Agridesa.

Termo municipal de Mos.

Trasládase a acometida para a subministración a Copo Ibérica á súa parte posterior, mediante unha liña de derivación de nova construcción que parte do vértice V-M-99 e ten unha lonxitude de 200 m ata chegar ó acceso posterior da industria onde se situará o novo punto de acometida.

Termos municipais afectados: Vigo e Mos.

Orzamento: o orzamento ascende a seiscentas corenta mil cento setenta e cinco pesetas (640.175 ptas.).

Afección a predios particulares: a afección a predios de propiedade privada derivada da construcción das instalacións auxiliares do gasoducto, concrétase da seguinte forma:

1. Expropiación forzosa dos terreos sobre os que se construirán as instalacións fixas en superficie.

2. Para canalizacións:

A. Imposición de servidume permanente de paso, nunha franxa de terrreo de dous (2) metros, un a cada lado do eixe da tubería, ó longo dela, por onde discorrerá soterrada a tubería ou tuberías que se requiran para a conducción do gas. Esta franxa estará suxeita, por razóns de seguridade, ás seguintes limitacións:

1. Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros a contar desde o eixe da tubería.

2. Posibilidade de instalar marcos de sinalización ou delimitación, e os tubos de ventilación, así como de realiza-las obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

B. Prohibición de realizar calquera tipo de obras, contrucción, edificación ou efectuar algún acto que puidera danar o perturba-lo bo funcionamento das instalacións, a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado deste. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

C. Libre acceso do persoal e equipos necesarios para poder manter, reparar ou renova-las instalacións, con pagamento, no seu caso, dos danos que se ocasionen.

D. Ocupación temporal dos terreos necesarios para a execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se fará desaparecer todo obstáculo, así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando as obras ou operacións precisas para os ditos fins.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se fai público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, dos que se insire a ó final deste anuncio, para que poidan examinala na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, e

na Delegación Provincial de Pontevedra, Rúa Nova de Abaixo nº 2, e presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 1999.

Joaquín do Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

Proxecto: rede de distribución de gas natural Vigo-O Porriño, addenda III,

Termo municipal de Vigo:

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L. mlO.T. mPolig.Parcela

PO-VO-280 VConsorcio Zona Franca de Vigo- Área Portuaria de Bouzas. 36208-Vigo, Pontevedra40480Vía

PO-VO-281 VC.O.T.O.P.-Edificio Administrativo San Caetano. 15704-Santiago de Compostela, A Coruña10200Estrada

PO-VO-282 VTradisa-Estrada a Camposancos, 4. 36213-Vigo, Pontevedra23230Aparcamento

PO-VO-283 VConcello-Pza. do Rei, s/n. 36202-Vigo, Pontevedra1.36010.880Paseo fluvial

PO-VO-284 VMª Gloria Durán do Pozo. Rúa dos Muíños, 48.-Pazo. 36213-Vigo, Pontevedra032019332Arboredo

PO-VO-285 VObdulia Comesaña Comesaña. Rúa dos Muíños, 50.-Pazos 36213-Vigo, Pontevedra07519340Froiteiras

PO-VO-286 VDescoñecido5244019344Árbores de ribeira

PO-VO-287 VRamón García Comesaña. Praia Canido, 161. 36390-Vigo, Pontevedra2018719354Árbores de ribeira

PO-VO-288 VClara Fernández García. Rúa Cañiza, 68. 36213-Vigo, Pontevedra016014354Árbores de ribeira

PO-VO-289 VAntonio Leal Bustiño. Rúa Loriente, 4.-Edf. Epoalsa. Baixo A. 36210-Vigo, Pontevedra8769619355Froiteiras, árbores de ribeira, valado publicitario

PO-VO-289 bis VPoster, S.A.- Avda. Balaídos, 73-1º B. 36210-Vigo, Pontevedra0019355Valado publicitario

PO-VO-290 VConcello- Pza. do Rei, s/n. 36202-Vigo, Pontevedra130780Vía

PO-VO-291 VC.O.T.O.P.-Edificio Administrativo San Caetano. 15704-Santiago de Compostela, A Coruña10200Estrada

PO-VO-292 VConcello- Pza. do Rei, s/n. 36202-Vigo, Pontevedra5100Xardín

PO-VO-293 VCarmen Alonso Román. Muíños, 57.-Coruxo. 36312-Vigo, Pontevedra2472Pista

PO-VO-294 VAgustín Costas Prado. Muíños, 59.-Coruxo. 36312-Vigo, Pontevedra2781Camiño

PO-VO-295 VTranvías Eléctricos de Vigo-. Policarpo Sanz, 1. 36202-Vigo, Pontevedra57200Camiño

PO-VO-296 VComunidade de Propietarios de Ricardo Mella, 113. Ricardo Mella, 113. 36330-Vigo, Pontevedra25200Aparcamento, acceso

PO-VO-297 VFama-. Avda. Ricardo Mella, 113. 36330-Vigo, Pontevedra20160Aparcamento, acceso

PO-VO-298 VMovisa-. Avda. Ricardo Mella, 113. 36330-Vigo, Pontevedra20160Aparcamento, acceso

PO-VO-299 VComunidade de Propietarios de Ricardo Mella, 115. Avda. Ricardo Mella, 115. 36330-Vigo, Pontevedra82492Vía, acceso

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L. mlO.T. mPolig.Parcela

PO-VO-301 VEnvases Metálicos Carnaud-. Camiño da Gándara, 32. 36330-Vigo, Pontevedra530Solo industrial

PO-VO-302 VC.O.T.O.P.- Augas de Galicia. Rúa Palma, 4. 36202-Vigo, Pontevedra15315Río

PO-VO-303 VConcello-. Pza. do Rei, s/n. 36202-Vigo, Pontevedra20250Parque

PO-VO-304 VConcello-. Pza. do Rei, s/n. 36202-Vigo, Pontevedra185925Vía

PO-VO-305 VAgrupación de Industrias Especiales, S.A.-. Caramuxo, 60.- Navia. 36212-Vigo, Pontevedra21227219Solo industrial

PO-VO-306 VConsorcio Zona Franca de Vigo- Área Portuaria de Bouzas. 36208-Vigo, Pontevedra329987Vía, xardín

Termo municipal de Mos:

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L. mlO.T. mPolig.Parcela

PO-MS-1500 VConcello-. Igrexa, s/n.-Petelos. 36416-Mos, Pontevedra2651.060Vía

Instalacións auxiliares

Proxecto: rede de distribución de gas natural Vigo-O Porriño, addenda III.

Abreviaturas empregadas: PO=Posición.

Termo municipal de Vigo:

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L. mlO.T. mExp. mPolig.Parcela

PO-VO-301-PO VEnvases Metálicos Carnaud-. Camiño da Gándara, 32. 36330-Vigo, Pontevedra004Solo industrial

PO-VO-303-PO VConcello-. Pza. do Rei, s/n. 36202-Vigo, Pontevedra004Parque

PO-VO-305-PO VAgrupación de Industrias Especiales, S.A.-. Caramuxo, 60.- Navia. 36212-Vigo, Pontevedra00427219Solo industrial

PO-VO-306-PO VConsorcio Zona Franca de Vigo- Área Portuaria de Bouzas. 36208-Vigo, Pontevedra004Xardín, vía

Termo municipal de Mos:

Predio nºTitular e enderezoAfecciónCatastroNatureza

L. mlO.T. mExp. mPolig.Parcela

PO-MS-1500-PO VConcello-. Igrexa, s/n,- Petelos. 36416-Mos, Pontevedra004Vía

PO-MS-1501-PO VCopo Ibérica-. Igrexa, s/n.- Tameiga. 36416-Mos, Pontevedra004Solo industrial