Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 05 de abril de 1999 Páx. 3.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, con trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/OU/95.1 e dúas máis.

a) Asistencias técnicas:

1. Asistencia técnica para as expropiacións da obra de acondicionamento da estrada OU-212 Beariz-Beade. Treito: Avión-Corneira.

Clave: N/OU/95.1.

Orzamento: dous millóns catrocentas oitenta mil duascentas corenta e oito pesetas (2.480.248).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) Copias autenticadas das titulacións do persoal consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballo realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes.

2. Asistencia técnica para as expropiacións da obra de acondicionamento da estrada OU-304 Xinzo-Baltar (II fase). Treito: desde o p.q. 7+980 ó p.q. 13+480 en Baltar.

Clave: N/OU/94.1.1.

Orzamento: un millón novecentas cincuenta mil cento noventa e cinco pesetas (1.950.195).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) Copias autenticadas das titulacións do persoal do consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes.

3. Asistencia técnica para as expropiacións da obra de acondicionamento da estrada PO-254. Treito: Ponteareas-Mondariz.

Clave: N/PO/97.1.

Orzamento: catro millóns trescentas noventa e nove pesetas (4.000.399).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase mediante informe dunha institución financeira en relación co traballo obxecto desta licitación.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

1) Copias autenticadas das titulacións do persoal do consultor en relación ó especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2) Declaración xurada do empresario na que consten os principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados dos mesmos.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores:

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións:

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 del Regulamento xeral do contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións:

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do quinto día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Documentos que deben presenta-los licitadores:

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1999.

P.D. (Orde do 13 de decembro de 1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda