Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.685

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de marzo do 1999, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a adquisición de sutura mecánica. (C.P. 26/1999).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites

administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta terceira do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.

3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): sutura mecánica.

Orzamento total: 43.863.354 ptas. (IVE incluído); 263.624,067 euros. (IVE incluído).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 9 lotes:

Lote 1: Gramp. P/pel un só uso: 3.456.000 ptas. (20.770,978 euros).

Lote 2: Gramp. lineal dun só uso 60 e 90: 1.584.000 ptas. (9.520,032 euros).

Lote 3: Gramp. lin cort. dun só uso (diversas): 14.045.400 ptas. (84.414,554euros).

Lote 4: Gramp. cir. cort. curv. dun só uso 25 e 29: 3.645.000 ptas. (21.906,891 euros).

Lote 5: Gramp. line. artic. dun só uso 30: 405.000 ptas. (2.434,099 euros).

Lote 6: Gramp. line. artic. dun só uso 55 4.8: 2.430.000 ptas. (14.604,594 euros).

Lote 7: Gramp. bolsa de tabaco dun só uso 65: 594.000 ptas. (3.570,012 euros).

Lote 8: Aplic. clips dun só uso pequeno, mediano e grande: 16.744.644 ptas. (100.637,337 euros).

Lote 9: Clips vascular 10,5 amarelo: 959.310 ptas. (5.765,569 euros).

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas e, se é o caso, a partir dos 15 días seguintes da sinatura do contrato.

5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 23 de abril de 1999.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 30 de abril de 1999.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, pranta baixa do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, ás 10 horas do día 11 de maio de 1999.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.

9 Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-los provedor: ver cláusula 7.1º do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:

Criterios de adxudicación:

Oferta económica: 60%.

Calidade dos artigos: 20%.

Servicio da subministración: 20%.

Total: 100%.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 24-10-1998.

17. Data de envío do anuncio: 25 de marzo de 1999.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 10 de marzo de 1999.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña