O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo artigo 7 letra j) da Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 88, do 11 de maio) e coa autorización expresa prevista nesta mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a continuación se cita:
1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, telex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta terceira do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.
2. a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.
b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso.
3. a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).
b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): dializadores.
Orzamento total: 40.291.200 ptas. (IVE incluído); 242.154,989 euros. (IVE incluído).
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: o concurso repártese en 7 lotes:
Lote 1: Dializ.policarb. Poliéter 1, 6 e 1,9: 8.928.000 ptas. (53.658,362 euros).
Lote 2: Dializ. poicamida 2,1: 2.496.000 ptas. (15.001,262 euros).
Lote 3: Dializ. polimetilmetacrilato 1, 2, 1,5 e 2,1: 9.628.800 ptas. (57.870,254 euros).
Lote 4: Dializ. poliacrilonitrilo 1,04: 3.283.200 ptas. (19.732,429 euros).
Lote 5: Equipo dializ. Tipo A: 864.000 ptas. (5.192,745 euros).
Lote 6: Equipo dializ. tipo B: 4.608.000 ptas. (27.694,638 euros).
Lote 7: Equipo dializ. tipo C: 10.483.200 ptas. (63.005,301 euros).
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Compras e Subministracións, calendario de entregas e, se é o caso, a partir dos 15 días seguintes da sinatura do contrato.
5. a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo.
b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 23 de abril de 1999.
c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.
6. a) Data límite de recepción das propostas: 30 de abril de 1999.
b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, planta baixa do Hospital Juan Canalejo. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.
c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.
7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza, pranta baixa do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, ás 10 horas do día 11 de maio de 1999.
8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento de cada lote. Definitiva do 4% do orzamento de cada lote.
9 Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicatarias da contratación: unión temporal das empresas.
11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-los provedor: ver cláusula 7.1º do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.
13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato:
Criterios de adxudicación:
Oferta económica: 60%.
Calidade dos artigos: 20%.
Servicio da subministración: 20%.
Total: 100%.
14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admitirá a presentación de variantes.
15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.
16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 24-10-1998.
17. Data de envío do anuncio: 25 de marzo de 1999.
18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).
A Coruña, 10 de marzo de 1999.
Jesús Caramés Bouzán
Director xerente do Complexo Hospitalario
Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña