Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.684

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 1999, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncian, por tramitación ordinaria, concursos públicos para a contratación dos expedientes 13 e 14/1999.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca os seguintes concursos públicos de subministracións:

Expediente número: 13/1999.

Obxecto: contratación dun sistema de análise multiparamétrica por quimioluminiscencia con destino ó Laboratorio de Análises Clínicas.

Importe de licitación: 11.031.600 ptas. (66.301,25 euros).

Garantía provisional: 220.632 ptas.

Expediente número: 14/1999.

Obxecto: contratación dun sistema para a realización de probas hormonais e marcadores tumorais con destino ó Laboratorio de Análises Clínicas.

Importe de licitación: 36.630.000 ptas. (220.150,73 euros).

Garantía provisional: 732.600 ptas.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. Estrada de San Pedro-Catabois, s/n 15405 Ferrol (A Coruña).

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: as arriba indicadas.

b) División en lotes: nun único lote. (Punto 3.2 da folla de especificacións do prego-tipo).

c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, Servicio de Subministracións e Laboratorio de Análises Clínicas.

d) Prazo de entrega: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importes totais: os arriba indicados para cada expediente.

5. Garantías.

Provisionais: as arriba indicadas para cada expediente.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol. Teléfono 981 33 45 14. Fax 981 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica, financeira e técnica acreditaranse por algún dos documentos sinalados nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admite a presentación de variantes.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación do contrato son os que se establecen na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios.

Ferrol, 4 de marzo de 1999.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol