Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 37/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten, e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea a 20 kV de 44 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. Ortigueira-Ribeiras do Sor, e C.T. aéreo de 100 kVA, denominado Ladrido II e rede de baixa tensión de 2005 m en conductor R.Z. Coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de

Calvario, Agromaior, Forno, Fabeiro, Apeadeiro por Madeira e Barbeira. No concello de Ortigueira. (Expediente 37/1999).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria, poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luís Seoane, s/n, 15071 - A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 1 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente 37/1999.Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Ladrido II.Concello: Ortigueira.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNº apoiommlm

2Os ConventosLabradíoJosé Galdo Lorenzor/ San Roque, s/n, 15339-Pto. Espasante-Ortigueira-4
4Os ChaosLabradíoJosé Manuel Baamonde PernasLuama, 3, 15330 Ortigueira1290
5Os ChaosLabradíoCarmen Amadora Area Fustesr/ Instituto, 15, 15404 Ferrol12120
6Os ChaosLabradíoHros. José Sanjurjo LópezAvda. de Hércules, 91-baixo, 15002 A Coruña-50