Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.682

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/181-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Enderezo social: Rúa do Concello, nº 13, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T. e C.T. Universidade Laboral.

Situación: cerramento Universidade Laboral-Cuña de Arriba-Ourense.

Descricións técnicas: liña a 20 kV de 407 m de lonxitude (180 m subterránea máis 227 aérea), derivada desde a L.M.T., a Rairo e con final no C.T. proxectado en caseta con 160 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 3 de marzo de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense