Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.681

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 28/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten, e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea a 15/20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56, de 323 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 6 da liña Caión-Albite e final no C.T. Xermaña, que se instalará. Centro de transformación, sobre apoio de formigón, de 100 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV, en Xermaña, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de for

migón e conductor R.Z. de 263 m de lonxitude. Coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Xermaña. No termo municipal de Laracha. (Expediente 28/1999).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria, poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª andar, edificio administrativo (Monelos), praza de Luís Seoane, s/n, 15071 - A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resulta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 1 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente 28/1999.Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T., R.B.T. Xermaña.Concello: Laracha.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNº apoiommlm

1GardisMonte altoMarina Matos RodríguezRúa das Mercedes, 21, 15015 CaiónL.A.T.120
2LongarelaMonte altoJosé López IglesiasXermaña, 32, 15105 Caión1,2466660
3LongarelaMonte altoRamón Méndez PalleroXermaña, 8, 15106 Caión13208
4LongarelaMonte altoCarmen Suárez CanedoXermaña, 20, 15105 Caión41654
5MaceiraMonte altoMaría Berdiñas MosqueraXermaña, 21, 15105 Caión7114
6LongarelaLabradíoCarmen Suárez CanedoXermaña, 20, 15105 Caión37370
7A BrañaLabradíoJosé Canedo PoseAvda. Laracha, 31, 15105 Caión30300
8A BrañaLabradíoCarmen Carracedo NayaXermaña, 19, 15105 Caión3216160
9AgromiansLabradíoJosé López GarcíaXermaña, 16, 15105 Caión33330
10AgromiansLabradíoMaximino Naya EsmorísXermaña, 17, 15105 Caiónœ C.T.340640
11AgromiansLabradíoCarmen Carracedo NayaXermaña, 19, 15105 Caiónœ C.T.324