Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.679

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 26/1999).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que

se afecten, e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea a 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56, de 674 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Barqueiro e final no C.T. Salgueiro, que se instalará. Centro de transformación sobre apoio de formigón, de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Salgueiro do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 205 m. Coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Vilar, As Insuas e Barbeita. No termo municipal de Mañón. (Expediente 26/1999).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria, poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e solicitar datos para a identificación dos bens que se afecten; e examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2ª andar, edificio administrativo (Monelos),

praza de Luís Seoane, s/n, 15071 - A Coruña, podendo formular por escrito alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro do prazo de trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de resul

ta-los titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 1 de marzo de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente 26/1999.Provincia: A Coruña.

L.M.T. a C.T. Salgueiro.Concello: Mañón.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezoNº apoiommlm

1SalgueirosMonte altoFrancisco Vidal RegoPraza do Mesón - Barqueiro, 8, 15337 MañónEXI216
2SalgueirosMonte altoManuela Vidal PicosCasa Picos, Estr. xeral O Barqueiro, 15337 MañónEXI216
3A EstivadaPradoAlbino Pernas Barconr/ Nova - Porto de Espasante, 15339 Ortigueira1269414
4A EstivadaMonte altoMaría Marogoto Caor/ Lamelas - O Barqueiro, 2, 15337 Mañón095
5A EstivadaPradoDelia Baltar Alonsor/ Feliciano Armada - Porto de Bares, 17, 15337 Mañón0173
6A EstivadaPradoMaría Maragoto Caor/ Lamelas - O Barqueiro, 2, 15337 Mañón072
7A EstivadaPradoDelia Baltar Alonsor/ Feliciano Armada - Porto de Bares, 17, 15337 Mañón22108480
8A EstivadaLabradíoAmable Maragoto Caor/ Manuel de Cora - O Barqueiro, 1, 15337 Mañón0300
9A EstivadaMonte altoAntonio García Castro-Bujánr/ O Sol - Porto do Barqueiro, 15337 Mañón0500
10A EstivadaMonte altoManuela Vidal PicosCasa Picos-Estr. xeral - O Barqueiro, 15337 Mañón048
11A EstivadaMonte altoJosé Manuel Martínez Garcíar/ Manuel de Cora - O Barqueiro, 15, 15337 Mañón090
12O XuaneiroMonte altoManuela Vidal PicosCasa Picos - Estr. xeral O Barqueiro, 15337 Mañón321281615
13O XuaneiroMonte altoManuel Mariña Beazr/ Manuel de Cora - O Barqueiro, 17, 15337 Mañón0375
15A PollosaPradoMª Carmen Casas TimoraoBar La Marina - Porto de Bares, 15337 Mañón020
17A PollosaPradoIgnoradoDescoñecido11110
21A PollosaMonte baixoMª Carmen Casas TimoraoBar La Marina - Porto de Bares, 15337 Mañón17128
22A PollosaPradoAlicia Piñón Castror/ de la Plaza - Porto do Barqueiro, 2, 15337 Mañón038
23A PollosaPradoManuel Novo CasasMogor - O Barqueiro, 21,

15337 Mañón

4243386
24A PollosaPradoMª Carmen Casas TimoraoBar La Marina - Porto de Bares, 15337 Mañón425
26CortiñaPradoFrancisco Vidal RegoPraza do Mesón - O Barqueiro, 8, 15337 Mañón865
28CortiñaPradoJosé Casas PérezSan Fiz - Ribeiras do Sor, 18,

15339 Mañón

438
31A CotorroaPradoElena Sánchez Martínezr/ Cardenal González de Mendoza, 35-1º B,

19004 Ortigueira

C.T.688880