Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.678

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 17 de marzo de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se convocan, para o levantamento das actas previas á ocupación os titulares dos predios afectados pola construcción das instalacións da gasificación do noroeste: rede de Vilagarcía de Arousa, addenda I, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Con data do 3 de marzo de 1999, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou as instalacións da gasificación do noroeste: rede de Vilagarcía de Arousa, addenda I e a súa utilidade. De acordo co disposto no artigo 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, a dita declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordou

convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados pra que comparezan na casa do concello onde radican os predios afectados, como punto de reunión para, con independencia de desprazarse posteriormente ó terreo e de conformidade con procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación, e se proceder, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade mailo os último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o consideran conveniente.

Para o levantamento de actas os afectados deberán presentar o próximo día 19 de abril de 1999 no concello de Vilagarcía de Arousa, ás 10 horas.

A orde de levantamento de actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación, figurando a relación de titulares convocados no taboleiro de edictos do concello sinalado.

É de significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos e mais a aqueles con domicilio descoñecido dos predios que se describen no anexo.

No expediente expropiatorio, Enagás, S.A. asumirá a condición de beneficiaria, coas obrigas e dereitos establecidos nos artigos 2.2º da Lei de expropiación forzosa e 5 do seu regulamento.

Pontevedra, 17 de marzo de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra