Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.678

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (313/1995).

Gustavo Adolfo Martín Catañeda, maxistrado-xuíz do Xulgado do Penal un da Coruña.

Fago saber:

Que por telo así acordado no procedemento de xuízo oral 313/1995, que se seguiu ante este xulgado por delicto de roubo, no que na data 30 de setembro de 1994, prestou fianza Rosario García Márquez, por importe de 25.000 ptas. que se lle esixían a Francisco Javier Míguez López, para a súa posta en liberdade, importe de fianza que foi prestado segundo se acredita en xustificante de ingreso no Banco Bilbao Vizcaya na conta de depósitos e consignacións xudiciais. E como queira que a fiadora non compareceu e se atopa en ignorado paradoiro, é polo que é chamado por medio do presente edicto, o cal servirá de notificación desde que se publique no DOG, co fin de que comparezca ante este xulgado no prazo de trinta días, para devolución do importe da fianza.

Dado na Coruña, 2 de febreiro de 1999.

Rubricado