Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.677

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (127/1998).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dá fe e testemuño de que neste xulgado se seguen autos de xuízo verbal de faltas número 127/1998, por estafa, no que recaeu sentencia que ten como encabezamento e decisión o teor literal seguinte:

En Santiago de Compostela, o 30 de novembro de 1998, José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

«Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 127/1998, seguidos neste xulgado sobre estafa nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal en exercicio da acción pública, a denunciante Ana Isabel Seoane Freira; e o denunciado Juan Antonio Sánchez Pizarro.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a José Antonio Sánchez Pizarro da falta de estafa pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, para ante a Audiencia Provincial no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma en que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación a José Antonio Sánchez Pizarro e Ana Isabel Seoane Freire, ambos en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dez de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

A secretaria xudicial

Rubricado