Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.677

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (32/1999).

Eu, José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa e o seu partido xudicial, fago saber que neste xulgado se segue expediente de dominio por instancia de María Pilar Sobrino Pesas, representada polo procurador Avelino Calviño Gómez, sobre os seguintes predios:

1. Predio nº 59 do plano xeral da zona de concentración parcelaria de San Martiño de Andabao, concello de Boimorto (A Coruña), dunha extensión superficial de cincuenta e catro áreas e dezasete centiáreas, a monte ó lugar de Monte Cerrado, que estrema ó norte co predio nº 58 do dito plano xeral, propiedade de Remedios López Cabanas e outros; sur con camiño, leste co predio nº 60 do dito plano, inscrito a favor de Andrés Varela Vázquez, e ó oeste co predio nº 58 do devandito plano, da propiedade de Remedios López Cabanas.

2. Predio nº 60 do dito plano de concentración parcelaria, dunha superficie de noventa e oito áreas cincuenta e cinco centiáreas, a monte ó lugar de Monte Cerrado, estrema ó norte co predio nº 58 de Remedios López Cabanas e outros, ó sur camiño, ó leste con predio nº 61-1 de José Lavandeira López e oeste predio nº 59 con Antonia Varela Vázquez.

Por providencia do 4 de febreiro de 1999, admitiuse a trámite de demanda, ó terse cumpridos os requisitos legais, unha vez acordado cita-las persoas hoxe ignoradas, ás que puidese prexudica-lo expediente de dominio, co fin de que dentro dos dez

días seguintes poidan comparecer perante este xulgado para alegaren o que conveña ó seu dereito.

E para que lles sirva de emprazamento ás persoas en ignorado paradoiro, ás que lles puidese prexudica-lo expediente de dominio, expido esta cédula que asino en Arzúa o catro de febreiro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario xudicial

Rubricado