Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 31 de marzo de 1999 Páx. 3.631

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 70/1999, do 18 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación, no expediente de expropiación forzosa, dos terreos necesarios para proseguir cos labores de explotación da concesión mineira Os Vales-Silleira, número 4285, sita en Carballeda de Valdeorras (Ourense), solicitada por Pizarras Os Vales-Silleira, S.A. (Pivasa).

Pizarras Os Vales-Silleira, S.A., con domicilio social no Barco de Valdeorras (Ourense), solicitou da Consellería de Industria e Comercio a incoación do expediente de expropiación forzosa polo procedemento de urxencia dos terreos necesarios para prosegui-los labores de explotación da concesión Os Vales-Silleira nº 4285 sita no termo municipal de Carballeda de Valdeorras, da provincia de Ourense, sendo os predios afectados os siguientes:

-Predio nº 1740, de 0,2240 hectáreas, propiedade de Teresa Real Vidal con enderezo en Casaio-Carballeda de Valdeorras.

-Predio nº 1739, de 0,0168 hectáreas, propiedade de Teresa Real Vidal con enderezo en Casaio-Carballeda de Valdeorras.

-Predio nº 1745, de 0,1060 hectáreas, propiedade de Baldomero Valle Anta con enderezo en Casaio-Carballeda de Valdeorras.

-Predio nº 1743, de 0,0172 hectáreas, propiedade de Teresa Real Vidal con enderezo en Casaio-Carballeda de Valdeorras.

-Predio nº 1738, de 0,0680 hectáreas, propiedade de José Vidal Anta con enderezo en Casaio-Suso-Carballeda de Valdeorras.

-Predio nº 1742, de 0,0448 hectáreas, propiedade de Aurelio Valle Carrera con enderezo en Casaio-Carballeda de Valdeorras.

A solicitude efectuada conforme o disposto no artigo 105 da Lei de minas, do 21 de xullo de 1973, e o artigo 131 do seu Regulamento do 25 de agosto de 1978, así como o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e o artigo 56 do seu Regulamento, do 28 de abril de 1957.

Tramitado o correspondente expediente pola Delegación Provincial de Industria e Comercio de Ouren

se, foi sometido ó trámite de información pública, mediante a publicación da relación de predios, propietarios afectados, enderezo, lugar, superficie afectada, no Diario Oficial de Galicia (13-8-1998 nº 156), Boletín Oficial del Estado (25-8-1998 nº 203), BOP (7-8-1998 nº 180), xornal La Región do (21-8-1998), así como no taboleiro de anuncios do Concello de Carballeda de Valdeorras e Delegación Provincial de Ourense, enviándose notificacións individuais con xustificante de recepción ós interesados dos predios afectados.

Como consecuencia da información pública e notificacións individuais, foron presentados escritos de alegacións por parte dos dous propietarios afectados:

-Teresa Real Vidal, respecto ós predios 1739 de 168 m, 1740 de 2.240 m e 1743 de 172 m.

-Baldomero Valle Anta, repecto ó predio 1745 de 1.060 m.

As alegacións que, en xeral non se opoñen á expropiación limítanse a sinalar erros en superficies e cualificacións de terreos, extremos que deberán substanciarse no momento do levantamento de actas previas.

Outras alegacións refírense a que a entidade solicitante da expropiación deberá xustificar que intentou negociar cos propietarios antes de acudir ó tramite expropiatorio, non sendo suficiente alegar que os propietarios non quixeron acceder ás súas pretensións, posto que a Lei de expropiación forzosa nin o seu regulamento esixen que se faga tal oferta previamente á declaración de urxente expropiación e finalmente alegacións referentes a que deben prevalece-los intereses dos propietarios en detrimento dos propietarios da concesión mineira, que decaen inexorablemente, porque contradín tódolos principios da Lei de expropiación forzosa e da Lei de minas vixente, como tampouco cabe considera-la alegación respecto a que a razón da expropiación do predio é a súa improductividade, e esta característica é errónea por ter aproveitamento agrícola e gandeiro, xa que o predio se expropia porque é necesario para a continuación da expropiación, non porque sexa improductivo.

Por todo iso procede a total desestimación destas alegacións, posto que non impugnan as razóns obxectivas que fan precisa a ocupación dos predios con urxencia, todo iso en función do que consta no informe da Delegación Provincial de Industria de Ourense e na memoria proposta da Subdirección Xeral de Energía e Recursos Minerais.

Considérase xustificada a urxente ocupación dos terreos afectados, pola perentoria necesidade de proseguir co fronte de explotación, o que permitirá o alongamento da vida da mina e evitar prexuízos laborais e económicos para a zona. Por todo é imprescindible a dispoñibilidade inmediata dos terreos afectados para efectos de poder asegura-la continuidade da actividade mineira, xa que a non obtención inmediata dos terreos reduciría a producción da mina un 70%, tendo que explotar frontes máis profundas e inseguras, polo que sería previsible un abandono da explotación que afectaría a noventa traballadores.

Na súa virtude, por propuesta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezaoito de marzo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase urxente, segundo o mencionado artigo 105 da Lei de minas e para os efectos dispostos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, a ocupación dos predios anteriormente citados, sitos no termo municipal de Carballeda de Valdeorras (Ourense), definidos nos planos presentados e dos que se publicou relación nos boletíns mencionados, predios que é necesario expropiar para amplia-lo fronte de explotación da mina e dar continuidade ó laboreo da concesión Os Vales-Silleira nº 4285, titularidade que ostenta Pizarras Os Vales Silleira, S.A.

Santiago de Compostela, dezaoito de marzo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio