Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.624

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 9 de febreiro de 1999, da Dependencia de Recadación de Oviedo, de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.4º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e intentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que se atopan pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos a Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo nº 1 de Oviedo.

NIF: A-33.031.030.

Nome: Llerandi, S.A.

Concepto: sanción Exp. 1995/OU-1727-O-95.

En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no boletín oficial da comunidade, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de xullo nº 1 de Oviedo ou na delegación ou administración da axencia tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.

Así mesmo, quedan advertidos os interesados de que, de non compareceren no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Oviedo, 9 de febreiro de 1999.

José María Menéndez Quintana

Xefe do Servicio de Recadación de Oviedo