Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.623

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 3 de febreiro de 1999, da Dependencia de Valladolid, para notificación por comparecencia.

Intentada a notificación ós interesados ou ós seus representantes por dúas veces, sen que se puidese realizar por causas non imputables á Administración tributaria, de conformidade co disposto nos artigos 105 e 126 da Lei xeral tributaria, de acordo coas modificacións introducidas pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, cítanse os interesados ou os seus representantes mediante este anuncio, para seren notificados por comparecencia.

Procedemento: de constrinximento administrativo.

Órgano responsable da tramitación: Dependencia de Recadación.

Lugar: Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria. Pza. Madrid, 5, Valladolid.

Prazo: 10 días contados a partir do seguinte hábil da publicación deste anuncio no boletín oficial correspondente, de luns a venres, en horario de nove a catorce horas. Cando transcorrido o dito prazo non se comparecese, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Relación de notificacións pendentes.

Xúntase en documento anexo.

Valladolid, 3 de febreiro de 1999.

Gerardo Arranz Sanguino

Xefe da Dependencia de Recadación de Valladolid

Datos do contribuínteConcepto/Descrición/Obx. Trib.Clave liquidaciónImporteD. Pro. Const.

11.639.905-L

Sastre Carro, Pedro

r/ Hornija, 2-1 C, Valladolid

Sanción Exp.: 1996/OR396 P. TER. O.P.C110009832002678318.00013-11-1998