Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 30 de marzo de 1999 Páx. 3.624

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 11 de febreiro de 1999, da Dependencia de Recadación de Tarragona, de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria (Lei 230/1963, do 28 de decembro), segundo a redacción dada polo artigo 28.1º da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e intentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que se atopan pendentes de notifica-los actos administrativos cos datos que se especifican na relación anexa Rec 43C1/99.

En virtude do anterior, dispoño que os suxeitos pasivos, obrigados tributarios indicados no citado anexo ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no boletín oficial da respectiva Comunidade Autónoma, en calquera das oficinas da A.E.A.T., da delegación ou administración correspondente ó seu domicilio fiscal.

Así mesmo, quedan advertidos os interesados de que, de non compareceren no citado prazo, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Tarragona, 11 de febreiro de 1999.

Mercedes Ayuso Casado

Xefa da Dependencia de Recadación de Tarragona

Relación nº 43C1/99 de citacións para

notificación por comparecencia

Nome/razón social: Excavaciones y Transportes.

DNI: B-43.403.518.

Procedemento: Prov. Constrinx.

Referencia: C1100096320146241.

Adscrición: Admón. Reus.